Concello de Outeiro de Rei

Cómo llegar Página web

Concello de Outeiro de Rei Facebook oficial do Concello de Outeiro de Rei.

🎀 Hoxe, no Día Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, desde o Concello de Outeiro de Rei queremos amosar o noso apoio...
19/10/2026

🎀 Hoxe, no Día Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, desde o Concello de Outeiro de Rei queremos amosar o noso apoio a todas as mulleres que loitan contra esta enfermidade e ás súas familias.

💗 A prevención, a detección precoz e a investigación son fundamentais. Xuntos e xuntas, seguimos avanzando cara a un futuro con máis esperanza.

💻🗣️FALAR PROTEXE: PREVENCIÓN DE RISCOS EN ENTORNOS DIXITAIS. Encontro online para familias.O servizo de prevención de co...
19/10/2026

💻🗣️FALAR PROTEXE: PREVENCIÓN DE RISCOS EN ENTORNOS DIXITAIS. Encontro online para familias.

O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online dirixido a nais e pais dos concellos da agrupación, para abordar a prevención de riscos en entornos dixitais en nenos, nenas e adolescentes.

Este obradoiro será impartido de xeito online por persoal especializado da Unaf (Unión de Asociacións Familiares) https://unaf.org/

Neste obradoiro abordaranse os seguintes contidos:

🔹Entorno dixital e dereitos da infancia e adolescencia.
🔹Competencias dixitais parentais.
🔹Prevención do abuso sexual infantil online.
🔹Entornos familiares seguros e participativos.
🔹Competencias parentais na prevención de riscos dixitais en menores.

📅 Data: 28 de outubro de 2026
🕜 Horario: de 17:00 a 18:30

Inscricións na páxina web do concello.

+ INFO
Servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.
📧 Mail: [email protected]
☎️ 982 390 062

🏎️🏁 O motor segue sendo protagonista esta fin de semana en Outeiro de Rei.📅 Os días 24 e 25 de outubro, o circuíto acoll...
19/10/2026

🏎️🏁 O motor segue sendo protagonista esta fin de semana en Outeiro de Rei.

📅 Os días 24 e 25 de outubro, o circuíto acollerá a IV Supercopa FGA, nunha intensa fin de semana de competición na que pilotos e afeccionados desfrutarán dun gran ambiente e espectáculo.

Animámosvos a achegarvos e vivir de preto a emoción do karting en Outeiro de Rei. Vémonos no circuíto!

🏎‍🟀 Outeiro de Rei vive o 48 Rallye San FroilánO motor e a emoción do automobilismo están a sentirse esta fin de semana ...
17/10/2026

🏎‍🟀 Outeiro de Rei vive o 48 Rallye San Froilán

O motor e a emoción do automobilismo están a sentirse esta fin de semana en Outeiro de Rei coa celebración do 48.º Rallye San Froilán, unha das citas destacadas do calendario automobilístico lucense.

Onte, venres 16 de outubro, o municipio acolleu o TC-1 da proba, mentres que hoxe, sábado 17, as estradas de Outeiro de Rei volven ser protagonistas coa celebración do TC-3.

Ademais, o parque empresarial de Outeiro de Rei é un dos puntos de referencia do rallye co parque de asistencia, onde os equipos traballan na preparación e posta a punto dos vehículos.

📸🏁 Compartimos unha selección de imaxes e vídeos que recollen algúns dos momentos desta fin de semana de motor.

🏊‍♀️ ACTIVIDADES DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI NO CLUB FLUVIAL DE MOSTEIROO luns 19 de outubro, o Concello de Outeiro de...
16/10/2026

🏊‍♀️ ACTIVIDADES DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI NO CLUB FLUVIAL DE MOSTEIRO

O luns 19 de outubro, o Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para as actividades que se desenvolverán no Club Fluvial de Mosteiro, dirixidas ás persoas empadroadas no municipio.

📋 Actividades ofertadas:
🔹 Oficina de Información Xuvenil
🔹 Pádel:
• De 5 a 7 anos
• De 8 a 13 anos
• De 14 a 18 anos
• Adultos

🏊 Deporte:
• Natación para adultos (2 cursos)
• Ximnasia na auga
• Natación infantil (2 cursos)

📅 Prazo de inscrición: do 19 ao 30 de outubro, ou ata cubrir prazas.
As prazas cubriranse por orde de solicitude.

📍 Inscrición: Casa da Cultura de Outeiro de Rei
🕙 De 10:00 a 14:30 h
📞 982 39 34 08

👉 Unha nova oportunidade para practicar deporte e desfrutar das actividades no Club Fluvial de Mosteiro.

🏎️💨 O 48º Rallye San Froilán pasará por Outeiro de Rei!O 16 e 17 de outubro, o noso municipio será un dos protagonistas ...
15/10/2026

🏎️💨 O 48º Rallye San Froilán pasará por Outeiro de Rei!

O 16 e 17 de outubro, o noso municipio será un dos protagonistas desta nova edición do Rallye San Froilán, que contará con 5 treitos diferentes, todos eles a dobre pasada, sumando un total de 107,80 km cronometrados e un percorrido global de 447,44 km.

📍 Os treitos discorrerán polos concellos de Outeiro de Rei, O Corgo, Baralla, Sarria e Samos.

🔧 O polígono industrial de Outeiro de Rei acollerá o parque de asistencia, mentres que a Área 507 será un dos puntos de reagrupamento dos participantes.

🏁 Unha nova oportunidade para g***r do automobilismo e do ambiente do rallye no noso concello!

🛍️ Outeiro de Rei celebrou hoxe unha nova edición da súa Feira Mensual, cunha mañá de compras, encontros e bo ambiente.👏...
10/10/2026

🛍️ Outeiro de Rei celebrou hoxe unha nova edición da súa Feira Mensual, cunha mañá de compras, encontros e bo ambiente.

👏 Grazas a todos os vendedores e visitantes por facer posible esta cita.

📅 Vémonos na próxima!

🏊‍♀️ CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI E O CLUB FLUVIALO Concello de Outeiro de Rei e o Club F...
02/10/2026

🏊‍♀️ CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI E O CLUB FLUVIAL

O Concello de Outeiro de Rei e o Club Fluvial asinan un acordo de colaboración para ofrecer vantaxes ás persoas empadroadas no municipio.
Entre as principais vantaxes:

🔹 25 % de desconto na cota de entrada para as persoas empadroadas que queiran darse de alta como socios do Club Fluvial.

🔹 Cursos de natación a prezos especiais para persoas empadroadas no Concello que non sexan socios do club:
• Ata 16 anos: 25 €/mes (1 día á semana) ou 45 €/mes (2 días).
• Adultos: 30 €/mes (1 día á semana) ou 60 €/mes (2 días).

🔹 Cursos deportivos organizados polo Concello, que se desenvolverán no Centro Deportivo de Mosteiro en distintas modalidades e a prezos económicos. O prazo de inscrición será anunciado nos próximos días.

📞 Información sobre os cursos do Concello: 982 39 34 08 ou na Casa da Cultura de Outeiro de Rei, de 10:00 a 14:30 h.

📞 Información para facerse socio e sobre a disponibilidade horaria de natación: 639 89 18 37 (Club Fluvial, Mosteiro).

Un acordo que permitirá seguir ampliando a oferta deportiva e facilitando o acceso á actividade física para a veciñanza de Outeiro de Rei. 🏊‍♂️⚽🏃‍♀️

📝ACTUACIÓNS DE INFORMACIÓN E DIVULGACIÓN DOS ESPAZOS PROTEXIDOS DE OUTEIRO DE REI.
30/09/2026

📝ACTUACIÓNS DE INFORMACIÓN E DIVULGACIÓN DOS ESPAZOS PROTEXIDOS DE OUTEIRO DE REI.

🚌🏰 O Concello de Outeiro de Rei organizou unha excursión na que os participantes puideron desfrutar dunha xornada visita...
28/09/2026

🚌🏰 O Concello de Outeiro de Rei organizou unha excursión na que os participantes puideron desfrutar dunha xornada visitando Cedeira, San Andrés de Teixido e o Castelo de Moeche.

Unha oportunidade para coñecer e g***r da paisaxe, da cultura e do patrimonio do norte de Galicia. 🌊💚

Dirección

Praza Do Concello, 1
Otero De Rey
27150

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Outeiro de Rei publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir