Bng Outeiro

Cómo llegar Contactar con la organización

Bng Outeiro Somos un grupo de homes e mulleres traballando polo noso concello e polo noso país. Conseguir unha Galiza mellor e máis xusta é o que nos move.

Se non tedes plan para mañá sábado 17 de outubro, partillamos esta marabillosa actividade que se organiza dende aCasa-Mu...
16/10/2026

Se non tedes plan para mañá sábado 17 de outubro, partillamos esta marabillosa actividade que se organiza dende aCasa-Museo Manuel María , que contará coa inesquecíbel voz da Uxía

Neste percorrido musical, Uxía parte dun traballo previo seu, de 2012, no que musicaba versos do noso Manuel María; e segue até o seu traballo de 2026 dedicado á escritora, activista e xornalista Begoña Caamaño, a quen se deu recoñecemento debido nas Letras deste mesmo ano.

No día de onte, a delegación do BNG en Bruxelas seguiu a participar en iniciativas e mesas de intercambio de ideas arrer...
16/10/2026

No día de onte, a delegación do BNG en Bruxelas seguiu a participar en iniciativas e mesas de intercambio de ideas arrerdor do dereito a ficar.

En concreto nas Conferencia"Coidar territorios, coidar comunidades. Como as iniciativas locais estan a revitalizar as zonas rurais" e "Construir participación, representación e unha visión sostibel para a Europa rural", entre outras.

A través da eurodeputada do Parlamento Europeo , Ana Miranda , que fai parte da Comisión de Desenvolvemento Rexional, toda unha delegación galega, entre as que se atopaban concelleiras e concelleiros de Municipios coma Outeiro de Rei, Becerreá, Samos, Baleira, Castroverde ou Friol tiveron oportunidade de coñecer de primeira man iniciativas neste eido pero tamén vías de traballo a nivel europeo.

A nosa concelleira Elvira Lombao fixo parte da delegación galega que se desprazou a Bruxelas para, como adiantábamos est...
15/10/2026

A nosa concelleira Elvira Lombao fixo parte da delegación galega que se desprazou a Bruxelas para, como adiantábamos esta mañá, falar sobre o dereito a ficar, sobre o dereito a vivirmos no noso territorio e termos un rural vivo, dinámico e con posibilidades.

Falamos sobre a dotación de servizos no rural vía fondos europeos, falamos de MERCOSUR e como afectará á PAC e escoitamos iniciativas e propostas de Concellos doutros Estados que nos ofrecen unha visión moi valiosa.

Cremos nun Concello que se move e desprega todo esforzo que lle é posíbel para captar fondos, iniciativas ou poñer en marcha políticas a prol da súa veciñanza.

O BNG de Outeiro de Rei está a participar tamén da voz que está a facer valer en Europa o dereito a vivirmos no noso ter...
15/10/2026

O BNG de Outeiro de Rei está a participar tamén da voz que está a facer valer en Europa o dereito a vivirmos no noso territorio, a non termos que emigrar forzosamente.

O BNG traslada a Bruxelas a necesidade de dar voz ao sector primario, ao noso rural, e o imperioso de crear oportunidades e atraer financiamento e políticas públicas, tamén europeas.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-leva-bruxelas-voz-do-agro-das-vilas-rurais-falta-oportunidades-provocada-polo-goberno-do-pp/20261014103230043612.html?fbclid=IwZXh0bgNhZW0CMTEAcGRvZgFicmlkETBSSHlGTU9RckVkME93Y0Ruc3J0YwZhcHBfaWQQMjIyMDM5MTc4ODIwMDg5MgABHr54eccNm9LKN8_aRDbbVb4vSH-4IFv4dEDCMnwd6_UtIUZJhjtcXYgyP6D8_aem_o7kLLIgnomiSEQNNPzONLg

A eurodeputada Ana Miranda coorganiza este xoves no Parlamento Europeo unhas conferencias en defensa do Dereito a Vivir e Permanecer no Medio Rural, “unha ci...

Cun só Deputado e unha soa Senadora en Madrid, o BNG conseguiu participar en negociacións e acordar co goberno medidas c...
14/10/2026

Cun só Deputado e unha soa Senadora en Madrid, o BNG conseguiu participar en negociacións e acordar co goberno medidas coma:

- O traspaso da AP-9 á Galiza

- A quita na débeda pública do país, supoñendo máis de 4.000 millóns de euros

- Que o galego poida empregarse nas Cámaras

- Que as medidas de teleasistencia poidan estar garantidas en zonas rurais e na fronteira con Portugal

A forza da representación do BNG en Madrid pode demostrarse, e fronte a Deputados e Deputadas galegos que van a Madrid sen representaren ao seu país, a representación do BNG móvese exclusivamente con decisións tomadas aquí.
Sen mans atadas.

A líder do BNG reitera que o partido concorrerá ás eleccións estatais en solitario e avanzou que a formación aprobará as súas candidaturas no próximo Consell...

Hai que ter moi pouca humanidade para impedir a homenaxe a unha muller maior que faleceu lonxe da súa casa por mor da co...
13/10/2026

Hai que ter moi pouca humanidade para impedir a homenaxe a unha muller maior que faleceu lonxe da súa casa por mor da cobiza e o desprezo de quen emprega a vivenda para especular.

Cada quen mostra a súa forma de ser e estar en política...

La propuesta de los socialistas de celebrarlo en las escaleras de la Cámara –el lugar habitual para estas manifestaciones– se viene abajo tras la negativa del grupo mayoritario

Unha nova homenaxe e recoñecemento ao noso eterno Manuel María.A Coruña recoñecía de novo a figura imprescindíbel das no...
09/10/2026

Unha nova homenaxe e recoñecemento ao noso eterno Manuel María.

A Coruña recoñecía de novo a figura imprescindíbel das nosas Letras, ao defensor da cultura galega, ao loitador incansábel polos dereitos do pobo galego e valedor da paz e o valor da palabra.

Lamentamos que o Concello que o viu nacer e de onde é fillo predilecto non sinta impulso ningún no seu recoñecemento.

Mentras é homenaxeado cada ano por todo o país: na Coruña, en Vilalba, en Valga, en Santiago de Compostela... non houbo actividades do noso Concello arredor da súa figura nin en setembro, no aniversario do seu pasamento; nin as hai programadas para outubro, no aniversario do seu nacemento.

Cando por fóra se nomea "Outeiro de Rei", entre moitos elementos destaca especialmente sermos recoñecidas e recoñecidos por Manuel María.
Para a cultura do país e mesmo fóra del, é referente indiscutíbel que ben merecería unha acción local máis intensa arredor da súa persoa e legado.

https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/novo-punto-encontro-cultura-abre-espazo/20261006213620268611.html?fbclid=IwZXh0bgNhZW0CMTEAcGRvZgFzcnRjBmFwcF9pZBAyMjIwMzkxNzg4MjAwODkyAAEeleeAo0XMiGOeYh6ZElvI-RW3B5lEzSh7Slw_ZxmJpWegsUjN_bDmypWA4l0_aem_IxnkIivQJIk7bECW1qZQmg

Esta terza feira abriu as súas portas o novo espazo da Fundación Manuel María

Hai uns días liamos na Voz de Galicia un artigo titulado "Outeiro de Rei, «o Oleiros de Lugo»" e non puidemos ficar en m...
08/10/2026

Hai uns días liamos na Voz de Galicia un artigo titulado "Outeiro de Rei, «o Oleiros de Lugo»" e non puidemos ficar en maior... sorpresa.

Recomendamos ler a resposta de parte dun veciño de Outeiro, neste "Outeiro non é Oleiros".

Inexistencia de transporte público que vertebre o territorio, unha desatención completa das Parroquias, un centro da Vila completamente abandonado, carencia dun plan de goberno, non contamos cunha política fiscal local ordenada e consciente, abandónase o Patrimonio Cultural, falta de políticas para fixar poboación nova...

Outeiro non é Oleiros, por moito que ao goberno local lle guste sacar peito con datos, coma o de poboación, dos que moito habería que falar e nos que moito habería que dicir.

Outeiro non é Oleiros e tamén debe dicírselle á cidadanía de Outeiro que reportaxes coma esta da Voz son pagadas con cartos públicos, e non baratas precisamente... publícase o que o Concello di e co texto que o Concello envía.

Nun Concello que di non ter cartos para rozar pistas, que non ten cartos para cumprir as normas (como a de inventario de camiños municipais ou a de control de colonias felinas, entre moitas outras), que esteamos a gastar nisto, quizais semelle insostíbel.

Cremos nun Concello que non necesita compararse con ninguén, e que non vive de darse unha publicidade artificial e nesgada.

Hai un par de días, mentras celebraba un cumpreanos con familia e amizades, foi agredido e increpado o Presidente da Fed...
07/10/2026

Hai un par de días, mentras celebraba un cumpreanos con familia e amizades, foi agredido e increpado o Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, e Alcalde de Vilagarcía.

Parte dos berros que se lle dirixiron xa os vedes no titular.

Sumámonos ao apoio e á solidariedade sen fisuras con el e o seu entorno, ao tempo que condenamos enérxicamente calquera expresión violenta; así como calquera xeito de facer política que se faga xirar sobre a base desta agresividade sen medida.

Hai quen parece empregar na política toda a lama posíbel. Quen realiza mencións personais, quen falta ao respecto sen unha mínima discrepancia política e quen cre que canto máis maleducado, mellor ou máis razón ten.

Non é a nosa maneira de facer política ou estar en política.

En 2024, o noso Grupo chegou a presentar unha moción que daquela chamamos de "rexeneración democrática", chamando a rebaixar o ton, a moderar as formas e a procurar un diálogo construtivo; así como para dotar aos plenos dun Regulamento, dunha norma igual para todas e todos.

Como podedes imaxinar, o equipo de goberno votou en contra.

Nós cremos nunha política asertiva, pero sempre respectuosa e no nivel que a cidadanía espera de nós.
Cremos no diálogo e no debate de ideas, e non en deixarnos arrastrar á lama de ninguén.

Esperamos que todas as forzas políticas teñan a mesma crenza (neste punto) que a nosa.

Alberto Varela recibiu golpes e empurróns dun home mentres se atopaba na terraza dun local hostaleiro con amizades e familiares, entre eles a súa filla. Varias das persoas que o acompañaban tamén foron agredidas ao tentaren afastar o home. "Sinto a obriga moral de reivindicar un mundo mellor e d...

Unha lembranza, no 97 aniversario do nacemento do Manuel María, autor eterno e fillo predilecto de Outeiro de Rei.
06/10/2026

Unha lembranza, no 97 aniversario do nacemento do Manuel María, autor eterno e fillo predilecto de Outeiro de Rei.

-Quen dera, amigo, o vivir a aventura
de compartir contigo sementeira e seitura!
-Quen dera!..

Hoxe, hai 97 anos, nacía Manuel María

Dirección

Outeiro De Rei
Otero De Rey
27150

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Bng Outeiro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Bng Outeiro:

Atajos

Compartir