BNG Outes

Cómo llegar Página web

BNG Outes O Bloque Nacionalista Galego de Outes loita polos teus dereitos como cidadán da Galiza e veciñ@ de Outes. Traballamos para ti, non dubides en suxerir ;)

08/10/2026

O BNG lamenta profundamente o pasamento de Xosé Manuel Beiras, figura fundamental da historia do nacionalismo galego contemporáneo e da propia historia do BNG, de quen foi voceiro nacional e portavoz no Parlamento de Galiza durante dúas décadas.

Queremos trasladar o noso cariño e o noso pesar á súa familia, amizades e persoas próximas. A súa voz, o seu pensamento político e económico e o seu compromiso con Galiza forman parte xa do patrimonio e da memoria colectiva do noso país.

Que a terra lle sexa leve.

06/10/2026

🏠🔑 O PP MANTÉN UNHA VIVENDA MUNICIPAL DE ALUGUEIRO PECHADA POR MÁIS DE 500 DÍAS

ℹ️ Xusto antes da moción de censura deixamos lista para alugar a vivenda da antiga escola do Bosque, recén arranxada e amoblada, que é propiedade do concello. Outes xa conta coa normativa necesaria para alugala e, máis dun ano e medio despois, o PP mantena pechada sen facer nada ao respecto.

👉🏼 De momento, o resultado do abandono do PP significa para as arcas municipais unha perda de entre 3.000 e 5.000 € de amortización do investimento e 19 meses dunha vivenda baleira que podería estar prestando servizo á veciñanza.

🏚️ O concello é propietario de varias vivendas coma esta que se atopan en abandono total dende hai décadas. O PP nunca fixo nada por coidar este patrimonio de todos os Outenses. Algunhas delas, como a de Cando, levaba pechada a cal e canto dende o peche da propia escola. Hai dúas opcións: ou se deixan caer as propiedades a anacos ou se arranxan e se alugan.

✅ No BNG témolo claro: Hai que manter o que é de todos e todas e poñelo ao servizo da veciñanza. É por iso polo que tiñamos tamén en proxecto arranxar as vivendas de Lantarou, Tarás e outras. O razoable é ir, pouco a pouco, amortizando os investimentos municipais a través dos alugueiros á vez que se crea unha bolsa de vivenda municipal en Outes para dar un servizo e contribuír ao asentamento poboacional.

🩵 Anxo Núñez presenta as súa candidatura ás eleccións municipais do 2027.▶️ Pontón pide ir por todas nas municipais para...
20/09/2026

🩵 Anxo Núñez presenta as súa candidatura ás eleccións municipais do 2027.
▶️ Pontón pide ir por todas nas municipais para estender o modelo municipal do BNG a toda a comarca de Muros-Noia

▶️ “Queremos máis BNG nos concellos para mellorar a vida da xente"

🔗 https://f.mtr.cool/qd8emtwab7

▶️ Pontón pide ir por todas nas municipais para estender o modelo municipal do BNG a toda a comarca de Muros-Noia

▶️ “Queremos máis BNG nos concellos para mellorar a vida da xente"

🔗 https://f.mtr.cool/qd8emtwab7

Este domingo presentamos ao noso candidato ás eleccións municipais de Outes do ano que vén. O acto será comarcal e farás...
17/09/2026

Este domingo presentamos ao noso candidato ás eleccións municipais de Outes do ano que vén. O acto será comarcal e faráse en Noia onde se presentan as candidaturas dos 5 concellos da ría.
Acompañaranos a nosa portavoz nacional, Ana Pontón.
Contamos contigo!!

🚧🚐⚠️ O BNG SOLICITA O ARRANXO URXENTE DO PASEO DE BROÑA E APOIA A LIMITACIÓN DE ESTACIONAMENTO DE AUTOCARAVANAS🚧 O aband...
17/08/2026

🚧🚐⚠️ O BNG SOLICITA O ARRANXO URXENTE DO PASEO DE BROÑA E APOIA A LIMITACIÓN DE ESTACIONAMENTO DE AUTOCARAVANAS

🚧 O abandono do goberno local cun dos sendeiros máis transcorridos en tempada alta do noso concello é mostra da falta de interese en manter as infraestructuras públicas que usan a diario centos de veciños e visitantes. Dende o inverno, hai varios tramos do paseo marítimo de Broña coas varandas de seguridade rotas, ciscadas e con desprendementos estructurais que poderían supoñer un perigo. Dende o BNG, solicitamos unha actuación de arranxo e reposición urxente para este espazo xa que, en plena tempada alta, segue sen haber ningunha actuación ao respecto.

🚐 O turismo debe servir para xerar un impacto económico positivo e non para que a veciñanza perda cartos e servizos. Dentro desta filosofía, o BNG considera necesario restrinxir o estacionamento de autocaravanas no aparcadoiro da praia de Broña e dotar ao concello dun espazo alternativo para este tipo de turismo que xere un impacto económico positivo. Nos meses de xullo e agosto poden chegar a ser máis de 30 vehículos deste tipo estacionados e facendo pernocta no areal Outense. A concellaría de Turismo do BNG estaba a traballar, antes da moción de censura, para dotar dunha infraestructura municipal que concentrara os servizos e estacionamentos de carvanas preto do comercio local. Tamén consideramos axeitado que as autocaravanas paguen unha taxa polo uso da estación de servizo de broña que permite a recarga de auga e toma eléctrica.

👒 Estivemos un ano máis na Feiriña de Outes apoiando o comercio local. Merca en Outes, merca local!
15/08/2026

👒 Estivemos un ano máis na Feiriña de Outes apoiando o comercio local. Merca en Outes, merca local!

🫂 Esta fin de semana estivemos na festa benéfica dos callos de . Dende o BNG de Outes queremos parabenizar á organizació...
06/08/2026

🫂 Esta fin de semana estivemos na festa benéfica dos callos de . Dende o BNG de Outes queremos parabenizar á organización polo seu traballo un ano máis e pola labor social que fan no noso territorio.

🥳✨ Rematan, un ano máis, as festas municipais do Santiaguiño e, dende o BNG, queremos poñer en valor o aspecto veciñal e...
27/07/2026

🥳✨ Rematan, un ano máis, as festas municipais do Santiaguiño e, dende o BNG, queremos poñer en valor o aspecto veciñal e comunitario das mesmas. As festas de Outes están compostas polas ducias de persoas que poñen o seu gran de area para que poidamos desfrutar delas: protección civil, banda municipal, escola municipal tradicional, asociacións locais e traballadores municipais. Sen a parte de cada un de nós, coma veciñas e veciños, non poderíamos desfrutar dunha caravana engalanada nin da Sardiñada do San Cristovo, non encheríamos as nosas rúas e espazos públicos con música feita aquí nin teríamos estes días para o desfrute e o encontro. Por iso, moitas grazas a todas as persoas que o facedes posible!

28/06/2026

Dende o BNG de Outes celebramos a diversidade e a liberdade de ser e de amar, con Orgullo! Este 28 de xuño, coma todos os días do ano, dicimos alto e claro: adiante cos dereitos LGBT!

25/06/2026

💸 370.000 € para dúas novas formigonadas do PP (con previsión de carpas 🤑). E ti, onde farías un novo aparcadoiro na Serra?

⚠️O BNG propón unha alternativa, con sentidiño, ás pretensións do goberno do PP que irán hoxe ao pleno municipal. O PP propón formigonar a contorna da horta do muíño para crear un novo aparcadoiro en fronte do aparcadoiro do Froiz. Tamén pretenden investir 189.999,52 € para formigonar o principal acceso á horta do muíño coa seguinte xustificación "Disponer de un espacio adecuado para actos festivos y actividades culturales, 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗲𝗺𝗽𝗹𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗹𝗮 𝗽𝗼𝘀𝗶𝗯𝗶𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱 𝗱𝗲 𝗶𝗻𝘀𝘁𝗮𝗹𝗮𝗿 𝘂𝗻𝗮 𝗰𝗮𝗿𝗽𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗰𝗲𝗹𝗲𝗯𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗲𝘀". As prioridades do PP están claras e, dende o BNG, propoñemos modificar o investimento destas actuacións e mellorar os seus proxectos para facer o seguinte co diñeiro restante:

🟢 Novas beirarrúas e ampliación do aparcadoiro onda o centro de saúde (+25 novas prazas)
🟢 Apertura da parcela do hórreo da horta do muíño cunha intervención mínima e coa instalación de bancos e novas árbores
🟢 Cesión á Xunta da parcela lindeira ao muíño na Avd. de San Campio para a creación de vivenda pública de alugueiro
🟢 Construcción de novos sendeiros peonís entre o novo Tanatorio e o IES Poeta Añón e entre a rúa do Conchido e a Escola de Música

👉🏼 Se o que pretenden é facer un aparcadoiro para un único día ao ano o propio é desbrozar unha parcela e facer un aparcadoiro temporal, non gastar 180.009,70 € e desaproveitar unha parcela urbanizable do casco urbán.

✍🏼 O BNG quere un Outes no que se prioriza o mantemento de infraestructuras existentes, os espazos públicos de calidade e a seguridade viaria. O PP quere formigón e CARPAS.

Dirección

Avd De San Campio N28
Outes
15230

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Outes publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir