Padrón Turismo

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Padrón Turismo Información turística e cultural da Vila de Padrón e a súa contorna.

01/11/2026

¿Sabías que en Padrón hay un cementerio con más de 1400 años de historia?

Entre cruceiros, olivos centenarios y sarcófagos milenarios descansa Camilo José Cela, Premio Nobel de Literatura. Rosalía de Castro también estuvo enterrada aquí y hay una lápida que lo recuerda.

📍 Cementerio de Adina, Iria Flavia. Padrón.

Coa chegada do fin de outubro remata a tempada da Denominación de Orixe Protexida dos Pementos de Herbón.Dende hai sécul...
31/10/2026

Coa chegada do fin de outubro remata a tempada da Denominación de Orixe Protexida dos Pementos de Herbón.

Dende hai séculos cultivase unha variedade de pemento de orixe americana que, tras un longo proceso de adaptación, acabou converténdose nun produto único e coñecido mundialmente.

O seu cultivo sempre requiriu moitos coidados: semilleiros protexidos das xeadas, terra moi solta e limpa e rega constante. E hai unha curiosidade: se a planta pasa sede, os pementos poden volverse máis picantes.

Os froitos que se deixaban na planta para obter a semente maduraban ata poñerse vermellos e, picaban coma unha guindilla. Antigamente incluso se secaban nos vellos fornos de Herbón para facer pementón.

Compartimos o horario das misas polos santos e defuntos da Unidade Pastoral de Padrón.
30/10/2026

Compartimos o horario das misas polos santos e defuntos da Unidade Pastoral de Padrón.

Máis de 800 anos de historia dun dos exemplos máis interesantes do románico rural da comarca.Santa María de HerbónA sorp...
29/10/2026

Máis de 800 anos de historia dun dos exemplos máis interesantes do románico rural da comarca.

Santa María de Herbón

A sorpresa está nos seus detalles, se miramos con atención as pedras da igrexa, podemos descubrir animais, figuras e formas esculpidas nas súas cornixas e capiteis: cans, touros, vacas, aves e mesmo grifos (seres mitolóxicos).

Algúns destes elementos agochan simbolismos relacionados coa relixión e co ben e o mal, polo que percorrer a igrexa é case como xogar a buscar pequenas historias gravadas na pedra.

Tres séculos formando parte da fermosa paisaxe da vila.O Convento do Carme.Sabías que os cartos  para construír o conven...
26/10/2026

Tres séculos formando parte da fermosa paisaxe da vila.

O Convento do Carme.

Sabías que os cartos para construír o convento chegaron dende Quito (Ecuador)? O arcebispo Alonso de la Peña sufragou á súa construción coa condición de que se celebrasen anualmente 77 misas pola súa alma.

📷: Vicente Domínguez

25/10/2026
Hai espazos que merecen a pena simplemente para parar e observar.Este é o Monte Meda.A máis de 400 m de altitude atopamo...
23/10/2026

Hai espazos que merecen a pena simplemente para parar e observar.

Este é o Monte Meda.

A máis de 400 m de altitude atopamos este miradoiro natural no cal a paisaxe se abre cara ao val do Ulla, a súa desembocadura e a ría de Arousa.

Sabías que o seu nome podería estar relacionado coa súa característica forma, semellante ás antigas medas de palla?

📷: Vicente Domínguez

Dirección

Avenida Compostela S/n
Padrón
15900

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Padrón Turismo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Padrón Turismo:

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos


Otros Lugares de referencia en Padrón

Ver Todo