Concello De Palas De Rei

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización
PRESENTACIÓN DOS RESULTADOS DO CAMPUS RURAL NA ULLOAO Campus Rural é un programa que ofrece aos estudantes universitario...
09/10/2026

PRESENTACIÓN DOS RESULTADOS DO CAMPUS RURAL NA ULLOA
O Campus Rural é un programa que ofrece aos estudantes universitarios de todas as titulacións a oportunidade de realizar prácticas remuneradas en empresas e municipios rurais.
Trátase dunha iniciativa do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, en colaboración co Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a Conferencia de Rectores de Universidades Españolas(CRUE) e a maioría de Universidades públicas españolas, neste caso a Universidade da Coruña, en colaboración coa Asociación Acción Cuatro Mundo, para a realización destas prácticas no entorno da Comarca da Ulloa.

A CORPORACIÓN DE PALAS CELEBRA O SEU PLENO ORDINARIOA corporación municipal de Palas de Rei celebrou un pleno ordinario ...
08/10/2026

A CORPORACIÓN DE PALAS CELEBRA O SEU PLENO ORDINARIO
A corporación municipal de Palas de Rei celebrou un pleno ordinario donde se gardou un minuto de silencio polo falecemento de Xosé Manuel Beiras Torrado.
Así mismo, a corporación aprobou definitivamente a Conta Xeral do 2025 e aprobou a desafectación de varios camiños.

GRANXAS “CAMPOMAYOR” DISTINGUIDA COMO “EMPRESA EMERXENTE DE GALICIA 2026”Granxas “Campomayor” acaba de ser distinguida p...
08/10/2026

GRANXAS “CAMPOMAYOR” DISTINGUIDA COMO “EMPRESA EMERXENTE DE GALICIA 2026”
Granxas “Campomayor” acaba de ser distinguida por "Economía Digital" como “Empresa emerxente de Galicia 2026” de entre un conxunto de máis dun millar de medianas empresas galegas.
“Campomayor”, xunto con outras 8 empresas destacaron polo o seu crecemento, innovación , contribución á sociedade e impacto no territorio o que as fixo merecedoras do homenaxe.
O alcalde de Palas traslada os parabéns a Granxas “Campomayor” por este novo recoñecemento acadado a todo referente empresarial de Palas de Rei.

50 ANIVERSARIO DO CEIP DE PALAS DE REI: COLABORA👇
06/10/2026

50 ANIVERSARIO DO CEIP DE PALAS DE REI: COLABORA👇

ITV DE AGRÍCOLAS EN PALAS DE REI DO 13 AO 30 DE OUTUBROUnha Unidade Móbil de inspección técnica de vehículos AGRÍCOLAS d...
06/10/2026

ITV DE AGRÍCOLAS EN PALAS DE REI DO 13 AO 30 DE OUTUBRO
Unha Unidade Móbil de inspección técnica de vehículos AGRÍCOLAS desprazarase a PALAS DE REI nas seguintes datas e ubicacións:
• Do 13/10/2026 ao 30/10/2026 Campo da Feira - PALAS DE REI (Palas de Rei).
O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde. O servizo prestarase en horario de mañá e tarde todos os días, agás:
• 16/10/2026 que será horario só de mañá.
• 21/10/2026 que será horario só de mañá.
• 30/10/2026 que será horario só de mañá.
Para solicitar cita previa:
• Por teléfono: 981 92 80 80
• A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

PALAS DE REI ENCADEA UN DESCENSO PROGRESIVO DO PARO DENDE 2012 QUE O SITÚA NA ACTUALIDADE NUNHA TAXA RESIDUAL INFERIOR Ó...
05/10/2026

PALAS DE REI ENCADEA UN DESCENSO PROGRESIVO DO PARO DENDE 2012 QUE O SITÚA NA ACTUALIDADE NUNHA TAXA RESIDUAL INFERIOR Ó 5% , A MENOR DA ZONA
Palas de Rei conta coa menor taxa de desemprego da zona unha vez conocido o histórico de datos dos últimos 20 anos. A actual taxa inferior ó 5%, considerada residual, marca a continuación de moitos anos de baixa constante e progresiva donde a redución do desemprego foi desenrolandose ano a ano desde a máxima do 18,62% no ano 2012 ata a actualidade co 4, 94%.
O alcalde Pablo Taboada, considera que “son datos moi positivos para o Concello de Palas de Rei, xa que prácticamente estamos ante unha taxa residual, o rexedor destacou a importancia que desde o municipio se fixo a hora de apostar polo texido empresarial (Palas de Rei é o Concello con máis inversión privada por habitante de toda a provincia), así como, a decidida aposta polo sector turístico e agrogandeiro que se desenrolaron ambos de maneira moi importante durante todos estos anos. Aínda así, hai que seguir traballando para manter estes datos, o que sen duda contribuirán ós novos proxectos que agora están en execución como: a ITV Comarcal; a ampliación de Campomayor; o desenrolo das instalacións da planta de Bioflytech; o Centro de Datos ou a nova Residencia de Maiores”.
O rexedor, Pablo Taboada, cree que estes Proxectos xerarán “máis de 100 empregos no municipio e axudarán a seguir na boa senda económica”.

O ALCALDE DE PALAS RECLAMA Ó MINISTERIO O ACONDICIONAMENTO E MELLORA DOS VIAIS QUE DAN ACCESO Á ROTONDA DE REMONDE DA A-...
03/10/2026

O ALCALDE DE PALAS RECLAMA Ó MINISTERIO O ACONDICIONAMENTO E MELLORA DOS VIAIS QUE DAN ACCESO Á ROTONDA DE REMONDE DA A-54
O Concello de Palas de Rei solicita unha reunión urxente coa Subdelegación do Goberno en Lugo e con Demarcacións de Carreteras do Estado en Galicia.
Ante a posible aperturada da Rotonda de Remonde que dá acceso a Autovía A-54 Lugo- Santiago, así como ó polígono de Melide e a zona sur de Palas de Rei.
O rexedor intentou contactar con ambos organismos no día de onte pero "foi imposible" destaca Pablo Taboada, quen considera que estes viais de acceso á Rotonda están moi deteriorados como consecuencia das obras na Autovía e que tras máis dun ano reclamando a súa mellora "continuamos sen executar as tan necesarias obras" . Moitos destes viais xa nin sequera son titularidade do Concello, xa que foron, nuns casos expropiados polo Ministerio ou ocupados para a execución das obras e todos se atopan nun estado que impiden axeitado acceso á Rotonda da A-54" di o alcalde, Pablo Taboada, quen reclama o acondicionamento e mellora urxente destes viais para poder facer un uso axeitado e seguro polos mesmos, así mesmo, amosou unha profunda preocupación pola afección que poida ter o Camiño Francés coa posible apertura da Rotonda. Así mesmo, non descarta acudir á Xustiza ordinaria ó fin de evitar ós graves prexuízos que se lles pode ocasionar ós/ás veciños/as do Vilar, Remonde, Vacariza, O Coto, Campanilla, etc. ante o incremento inviable do tráfico que pode supor a súa apertura sen uns accesos mínimos adecuados.
O alcalde de Palas considera "inaceptable a aptitude do Goberno de España cando pretende abrir un acceso sen reunir as condicións mínimas de seguridade para os/as veciños/as nin para os peregrinos que percorren polo Camiño Francés" .

REUNIÓN CO PRESIDENTE DA CASA GALICIA EN XENEBRA, O MELIDENSE ANTONIO LÓPEZ
02/10/2026

REUNIÓN CO PRESIDENTE DA CASA GALICIA EN XENEBRA, O MELIDENSE ANTONIO LÓPEZ

REUNIÓN ENTRE O EXALCALDE E MEMBRO DO GOBERNO DE XENEBRA COS ALCALDES DA MANCOMUNIDADE DO CAMIÑO FRANCÉSReunión co ex al...
02/10/2026

REUNIÓN ENTRE O EXALCALDE E MEMBRO DO GOBERNO DE XENEBRA COS ALCALDES DA MANCOMUNIDADE DO CAMIÑO FRANCÉS
Reunión co ex alcalde de Xenebra e actual membro do Goberno da cidade, Alfonso Gómez. Os alcaldes da Mancomunidade aproveitaron para convidalo a percorrer os Concellos do Camiño Francés.

ALCALDES DA MANCOMUNIDADE PROMOCIONAN O CAMIÑO FRANCÉS EN SUIZAAlcaldes da Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés ...
02/10/2026

ALCALDES DA MANCOMUNIDADE PROMOCIONAN O CAMIÑO FRANCÉS EN SUIZA
Alcaldes da Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés promocionan o Camiño Francés en Suiza.
Visitaron Xenebra, en concreto a sede da ONU donde serán recibidos no día de hoxe polo embaixador permanente de España na ONU; así como, realizaron un percorrido polo concello de Xenebra donde serán recibidos polo ex alcalde ata hai uns meses, o galego, Alfonso Gómez natural de Corme.

Dirección

Avenida Compostela, 28
Palas De Rey
27200

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello De Palas De Rei publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello De Palas De Rei:

Atajos

Compartir