Concello de Silleda

Cómo llegar Página web

Concello de Silleda Perfil oficial do Concello de Silleda (Pontevedra) para a comunicación e información coa veciñanza

14/10/2026

📍 ¡O teu proxecto comeza en Silleda!
¿Precisas dun espazo para poñer en marcha o teu negocio ou darlle un empuxón ao teu proxecto? 💼📈 No Viveiro de Empresas de Silleda ofrecémosche as instalacións perfectas para facelo realidade:
🏢 Despachos privados: Espazos acondicionados para desenvolver as túas ideas e traballar de forma independente.
👥 Sala polivalente: Un espazo equipado para celebrar reunións, formacións ou cursos con capacidade de ata 30 persoas.
Un lugar pensado para emprender, traballar e xerar novas oportunidades 🌟💼.

🌳✂️ Aprende as técnicas de poda e enxerto en Silleda!O Concello de Silleda organiza un Curso de Poda e Enxerto no Centro...
14/10/2026

🌳✂️ Aprende as técnicas de poda e enxerto en Silleda!

O Concello de Silleda organiza un Curso de Poda e Enxerto no Centro Dinamizador de Escuadro, unha formación práctica para aprender as técnicas fundamentais de poda e os diferentes tipos de enxerto en árbores e plantas. 🌱🍎

📅 Do 20 de outubro ao 20 de decembro
🗓️ Todos os martes
🕔 De 17:00 a 19:00 h
📍 Centro Dinamizador de Escuadro

📞 Inscricións abertas! Chama ao 986 580 000 e reserva a túa praza.

Unha oportunidade para adquirir novos coñecementos, recuperar saberes tradicionais e contribuír ao coidado do noso medio rural. 🌿

🎉🥟 A FESTA DA EMPANADA AÍNDA NON REMATOU! 🎶🔥🥳 Bandeira volve estar de festa este sábado 17 de outubro!Despois dun 50 ani...
13/10/2026

🎉🥟 A FESTA DA EMPANADA AÍNDA NON REMATOU! 🎶🔥

🥳 Bandeira volve estar de festa este sábado 17 de outubro!

Despois dun 50 aniversario histórico, con récords de participación, chegou o momento de poñerlle o broche de ouro a unha celebración inesquecible! ❤️

🌧️ A choiva deixounos unha festa pendente... e agora toca recuperala por todo o alto!

🎺 A partir das 20:00 horas, música coas nosas bandas:
🎵 Banda Recreativa e Cultural da Bandeira
🎵 Banda de Música Municipal de Silleda
🎵 Banda Artística de Merza

🎆 Ás 23:00 horas, espectáculo de fogos de artificio!

💃🕺 E despois... VERBENAZA con CINEMA e OLYMPUS! 🎤🎉

👏 Parabéns á Asociación de Amigos da Empanada por facer posible este gran fin de festa e por seguir mantendo viva unha das nosas celebracións máis queridas!

📍 Este sábado temos unha cita na Bandeira!

🥟🎊 Porque 50 anos non se cumpren todos os días... e unha festa así merece un FINAL POR TODO O ALTO!

📅 Este venres, 16 de outubro, ás 20:30 horas, a Praza Siñor Afranio acollerá un acto especial para recoñecer o papel fun...
13/10/2026

📅 Este venres, 16 de outubro, ás 20:30 horas, a Praza Siñor Afranio acollerá un acto especial para recoñecer o papel fundamental das mulleres no rural.

✨ Durante a celebración terá lugar o nomeamento da (In)Visible 15-0 (Día Internacional da Muller Rural), Fátima Fernández Brandariz, modista, e poderemos desfrutar da actuación “Bailando entre puntadas”, a cargo de Máisquedanza. 🧵

🥂 Ao remate do acto haberá petiscos para compartir este momento!

💚 Agardámoste para celebrar, visibilizar e poñer en valor as mulleres que constrúen o presente e o futuro do noso rural.

🏛️ O Mosteiro permanecerá pechado durante as mañás do 13 ao 16 de outubro debido á realización de obras de mantemento no...
13/10/2026

🏛️ O Mosteiro permanecerá pechado durante as mañás do 13 ao 16 de outubro debido á realización de obras de mantemento no viario de acceso.

🕟 Durante estes días, abrirá exclusivamente en horario de tarde, de 16:30 a 19:00 horas.

🙏 Desculpade as molestias e grazas pola súa comprensión.

🎂💐 100 ANOS DE VIDA E TODA UNHA HISTORIA QUE CONTAR!💚 Hoxe Silleda está de celebración! Temos unha nova veciña centenari...
12/10/2026

🎂💐 100 ANOS DE VIDA E TODA UNHA HISTORIA QUE CONTAR!

💚 Hoxe Silleda está de celebración! Temos unha nova veciña centenaria, Pilar Fondevila, que vén de cumprir nada máis e nada menos que 100 ANOS! 🥳

Natural de Negreiros e veciña do barrio das Baratas, Pilar celebrou este día tan especial, que coincide ademais co seu santo, rodeada do mellor agasallo que lle deu a vida: a súa gran familia. ❤️

👨‍👩‍👧‍👦 Oito fillos, dez netos e dúas bisnetas compartiron hoxe con ela un xantar cheo de cariño e emoción.

🎶 E a xornada tamén tivo unha sorpresa moi bonita: durante a misa do Día do Pilar en Silleda, cantáronlle o Cumpreanos feliz! 🥰

Pilar é todo un exemplo de muller loitadora e resiliente. Aprendeu a coser de moza, viviu a experiencia da emigración en Venezuela e sacou adiante unha familia numerosa. Viúva desde 2002 de Luis Ares, hoxe segue a g***r do cariño de varias xeracións.

💐 A alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, quixeron visitala e trasladarlle persoalmente os parabéns e o agarimo de todo Silleda.

❤️ Cen anos de esforzo, de lembranzas, de superación e, sobre todo, de amor pola familia.

Pilar, es parte da memoria viva do noso pobo e un exemplo para as novas xeracións.

🎂💚 MOITÍSIMOS PARABÉNS E FELIZ SANTO!

Que sigas gozando durante moito tempo dese cariño tan grande que te rodea! 🌷

🧡 A saúde mental tamén se coida creando vínculos, compartindo e sentíndonos parte da comunidade.Coincidindo co Día Mundi...
10/10/2026

🧡 A saúde mental tamén se coida creando vínculos, compartindo e sentíndonos parte da comunidade.
Coincidindo co Día Mundial da Saúde Mental, desde o Concello de Silleda, en colaboración coa Asociación Itínera, queremos dar un novo paso coa posta en marcha dun Grupo de Axuda Mutua en Saúde Mental.
Un espazo para coñecer xente, compartir experiencias, participar en actividades, acompañarnos e coidarnos. Un lugar pensado para crear rede, reducir o illamento e favorecer o benestar persoal e social.
👉 Podes participar tanto como persoa usuaria como voluntaria.
📞 Se queres saber máis ou formar parte do grupo, contacta co Concello de Silleda no 986 580 000.
Porque pedir apoio, acompañar e compartir tamén é saúde. 💚

🎶💚 SILLEDA SOA CON FORZA! IMOS A POR TODAS! 🎺🥁A nosa Banda de Música Municipal de Silleda afronta este domingo, 11 de ou...
10/10/2026

🎶💚 SILLEDA SOA CON FORZA! IMOS A POR TODAS! 🎺🥁

A nosa Banda de Música Municipal de Silleda afronta este domingo, 11 de outubro, un novo e ilusionante reto: participar no XIX Certame Galego de Bandas de Música, competindo na Primeira Sección, a máxima categoría do certame! 👏👏

📍 Pazo da Cultura de Pontevedra
📅 Domingo, 11 de outubro
🕟 A partir das 16:30 horas
🎼 Baixo a dirección de Rafa Agulló Albors

Detrás desta participación hai moitas horas de ensaios, esforzo, dedicación e, sobre todo, unha enorme paixón pola música.

💚 E non estarán sós! Numerosos veciños e veciñas desprazaranse ata Pontevedra para acompañalos e animalos nesta cita tan especial, na que o Concello de Silleda tamén colabora co patrocinio de varios dos autobuses.

Porque a nosa Banda é moito máis ca música: é cultura, é talento, é tradición e é orgullo de Silleda!

🍀 Moitísima sorte a todos os integrantes e ao seu director! Independentemente do resultado, para nós xa sodes motivo de orgullo.

09/10/2026

🎬💜 A mocidade de Silleda pon a mirada na loita contra a trata de mulleres e nenas

Hoxe, alumnado do IES Pintor Colmeiro e do CPR María Inmaculada participou nunha xornada de sensibilización arredor da exposición «Chicas Nuevas 24 horas», da recoñecida cineasta e activista Mabel Lozano.

📸 Os estudantes percorreron a mostra acompañados dunha técnica da Consellería de Política Social e Igualdade, que lles explicou a dura realidade da trata e da explotación sexual de mulleres e nenas.

🎥 A actividade rematou coa proxección do documental homónimo, unha ferramenta para reflexionar, concienciar e fomentar o espírito crítico entre a mocidade.

📍 Lembramos que a exposición continúa aberta ao público no Concello de Silleda ata o 15 de outubro.

💜 Educar en igualdade tamén é facer visibles as realidades que non podemos ignorar.

✨ Fátima Fernández Brandariz é a nosa (IN)VISIBLE deste 15-O, coincidindo co Día Internacional das Mulleres Rurais.Veciñ...
09/10/2026

✨ Fátima Fernández Brandariz é a nosa (IN)VISIBLE deste 15-O, coincidindo co Día Internacional das Mulleres Rurais.

Veciña de Dornelas, Fátima é artesá, emprendedora e gandeira. Medrou entre o campo e o obradoiro de costura da súa nai, e hoxe compaxina o seu propio taller, Brandariz, coa explotación familiar de Rubia Galega.

Unha muller que mantén vivo o noso patrimonio téxtil, recuperando e reinterpretando pezas tradicionais, e que ao mesmo tempo segue traballando a terra e apostando por desenvolver o seu proxecto vital e profesional desde o rural.

💬 “Seguir vivindo e traballando en Dornelas non é só unha elección de vida, é un compromiso coas miñas raíces e coa miña terra.”, sinala.

🌿 Tradición e modernidade. Raíces e futuro.

📅 Venres 16 de outubro
🕗 20:30 horas
📍 Praza Siñor Afranio

Agardámosvos para acompañarnos neste novo recoñecemento do programa (IN)VISIBLE e para poñer en valor, unha vez máis, o papel imprescindible das mulleres do noso rural.

#(IN)VISIBLES #15-O recoñecemento

Dirección

Rúa Progreso 41-Silleda
Pontevedra
36540

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Silleda publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir