22/10/2026
📣 ASÍ DEFENDE NÉSTOR REGO AO MORRAZO NO CONGRESO
📊 Os datos confirmados polo medio independente demostran o compromiso do : o noso deputado rexistrou máis preguntas e iniciativas sobre os concellos galegos no Congreso que os outros 22 deputados da Galiza xuntos. Na nosa comarca, isto tradúcese en 36 accións directas para defender os intereses da veciñanza.
🌊 Desde o BNG levamos a Madrid demandas clave para todo O Morrazo: a gratituidade e transferencia da AP-9, o reforzo de persoal de Correos e a exención da Seguridade Social para as mariscadoras en paro forzoso. Ademais, impulsamos proxectos fundamentais para cada vila: as Naves de Ojea en Cangas, "Abrir Marín ao mar", a seguridade peonil na N-550 e N-554 en Vilaboa, a cesión dos terreos da Sareb nas Raíñas en Moaña e o paseo de Agrelo e Portomaior en Bueu.
✊ Ter unha voz propia en Madrid é a única garantía de que os problemas do Morrazo teñan a visibilidade que merecen, unha voz que fai máis que as outras 22 xuntas. O BNG demostra con feitos e traballo constante que cada voto conta para defender o noso día a día.