Biblioteca de Pontevedra

Cómo llegar Página web

Biblioteca de Pontevedra Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola"

Este mércores, dia 21 de outubro, tivemos o pracer de acoller na biblioteca, en colaboración co Ateneo, a conferencia qu...
23/10/2026

Este mércores, dia 21 de outubro, tivemos o pracer de acoller na biblioteca, en colaboración co Ateneo, a conferencia que honra a figura de Mercedes Alsina. Bibliotecaria durante longo tempo da Biblioteca Pública de Pontevedra e autora do catálogo da biblioteca de Castelao, desempeñou unha labor encomiable na conservación, recopilación e custodia do patrimonio bibliográfico.

Malia ser recoñecida como enfermidade a mediados do século XIX, a Esclerose Múltiple segue a serinha grande descoñecida ...
22/10/2026

Malia ser recoñecida como enfermidade a mediados do século XIX, a Esclerose Múltiple segue a serinha grande descoñecida no mundo das patoloxías. Apenas perceptible para a poboación agás para aqueles que padecen a enfermidade ou os que acompañan aos afectados por esta, a Federación Galega de Esclerose Múltiple (Fegadem Galicia ) ten a intención de acabar con isto. Ata o día 30 de outubro tedes na entrada da biblioteca unha exposición que dá a coñecer as repercusións que ten esta doenza na saúde mental das persoas diagnosticadas!

Unha finde máis pasámolo en grande! Esta vez grazas ao contacontos ilustrado e musicado da man de Colectivo Xurelo 🐟    ...
20/10/2026

Unha finde máis pasámolo en grande! Esta vez grazas ao contacontos ilustrado e musicado da man de Colectivo Xurelo 🐟

📚 Isabel Allende, Gloria Fuertes, Xela Arias… Seguro que os seus nomes vos soan de abondo. Quizais algunha delas vos aco...
19/10/2026

📚 Isabel Allende, Gloria Fuertes, Xela Arias… Seguro que os seus nomes vos soan de abondo. Quizais algunha delas vos acompañe no pensamento e na memoria, escribise algunha das lecturas da vosa infancia ou ese libro que aínda hoxe recomendades con cariño.

Este 19 de outubro celebramos o Día das Escritoras para recuperar o legado das mulleres na literatura, dar visibilidade ás súas obras e combater a discriminación que, durante séculos, dificultou que moitas puidesen escribir, publicar e recibir o recoñecemento que merecían.

Detrás de cada unha delas hai unha voz propia, unha maneira de imaxinar e de contar o mundo. Achegarnos ás súas páxinas permítenos coñecer outras experiencias, recoñecernos nelas e ampliar a nosa mirada. E, de cando en vez, tamén nos convida a ter a cabeza nas nubes e descubrir todo o que se pode ver dende alí. ☁️

💜 Dende a Biblioteca Pública de Pontevedra queremos celebrar as que abriron camiño, as que seguen a escribir e as que aínda están por descubrir. Por iso, compartimos este abecedario de autoras: unha pequena selección para reencontrarvos con voces coñecidas e darlles unha oportunidade a outras que quizais aínda non lestes. Na biblioteca atoparedes obras delas!

📍 Aproveitade a visita para descubrir, no segundo andar, o centro de interese que preparamos arredor da amizade entre mulleres, en sintonía co lema desta edición: «As amigas como forma de liberdade».

Porque o recoñecemento tamén se constrúe con cada lectura, cada recomendación e cada historia que compartimos.

📖 Que escritora engadiriades a este abecedario?



Este 📚 Día das Bibliotecas 📚 o protagonismo é voso! Como cada ano, o próximo 24 de outubro celebramos o 📚 Día das Biblio...
16/10/2026

Este 📚 Día das Bibliotecas 📚 o protagonismo é voso! Como cada ano, o próximo 24 de outubro celebramos o 📚 Día das Bibliotecas 📚, e este ano quixemos render unha homenaxe especial aos nosos lectores e lectoras, quen dades sentido a este espazo.

Porque unha biblioteca non é só un lugar cheo de libros. É un lugar cheo de persoas, de historias compartidas, de descubrimentos e curiosidade. Os libros son o corazón dunha biblioteca, pero sodes vós os que o facedes latexar 🫀

Por isto, este ano preparámosvos un 📕 pasaporte literario 📕 con tres versións (infantil, xuvenil e adulto) e diferentes retos lectores para explorar novas historias, saír dos camiños habituais e; sobre todo, desfrutar da lectura dun xeito distinto.

🤔 Como funciona? É moi fácil! A medida que vaiades completando os retos, debedes amosar o voso pasaporte ao persoal da biblioteca para conseguir un selo. Nas casiñas anotaredes o título e autor da obra e, se queredes, podedes compartir unha pequena impresión. Non hai respostas correctas! 🤓

✈️ Un pasaporte para viaxar entre páxinas, aceptar desafíos e descubrir que cada lector e lectora pode chegar a diversos destinos partindo dunha mesma folla de ruta!

Teredes toda a semana que ven 🗓️ dende o 19 ao 24 de otubro 🗓️ para recoller o voso pasaporte no mostrador de cada andar e poderedes completalo ata finais de decemebro, cando se realice o sorteo do premio. Dádevos presa e recollede o voso.

🛩️ Gracias por voar con 'Aerolineas Biblioteca Publica de Pontevedra'. Desexámoslle unha boa viaxe! 🛩️



Este 19 de outubro, a XI edición do ✍🏼 Día das Escritoras ✍🏼 está adicada ao Lyceum Club Femenino, asociación de mullere...
15/10/2026

Este 19 de outubro, a XI edición do ✍🏼 Día das Escritoras ✍🏼 está adicada ao Lyceum Club Femenino, asociación de mulleres que funcionou en Madrid entre os anos 1926 e 1939. A través do lema “As amigas como forma de liberdade”, búscase honrar eses vínculos femininos que nos acompañan, nos sosteñen e nos fan máis libres.

Dende a biblioteca convidámosvos a descubrir o centro de interese que se atopa no segundo andar, onde poderedes atopar a nosa pequena selección de libros que tratan a amizade por medio de distintos xéneros e dende perspectivas moi variadas. Achegádevos a botar un ollo! 💜📚

Adiviñade que plan tedes para o venres 23 de outubro…Efectivamente, vir á Biblioteca Pública de Pontevedra para xogar ao...
15/10/2026

Adiviñade que plan tedes para o venres 23 de outubro…
Efectivamente, vir á Biblioteca Pública de Pontevedra para xogar ao Biblio-Trivial! 📚✨ Para celebrar o Día das Bibliotecas, queremos descubrir quen sabe máis entre as persoas que nos visitan. Serás ti? 👀

Agárdavos un trivial por equipos, preparado por nós, con preguntas para todos os gustos. Podedes apuntarvos en grupo ou individualmente, aquí atoparedes equipo!

Axiña, as prazas son limitadas e voan. Non quereredes quedar sen a vosa, verdade?
Inscricións ata o 20 de outubro na nosa web ou na seguinte ligazón: https://bibliotecas.xunta.gal/es/pontevedra/biblio-trivial



Tras existir durante tempo agochadas e relegadas a un segundo plano, o día 19 de outubro celebramos a pegada e papel das...
14/10/2026

Tras existir durante tempo agochadas e relegadas a un segundo plano, o día 19 de outubro celebramos a pegada e papel das autoras na cultura. Na zona infantil temos unha pequena selección que reivindica a vida e obra de mulleres fundamentais para a literatura, ademais de ficcións onde rapazad escriben a súa propia historia. Animádevos a levar algo en préstamo! ♀️✍️🏻📚

Este venres tivemos actividades por partida dobre. Comezamos pasándoo de medo co obradoiro creativo 🎃 Farois de Samaín 🎃...
13/10/2026

Este venres tivemos actividades por partida dobre. Comezamos pasándoo de medo co obradoiro creativo 🎃 Farois de Samaín 🎃, onde os nenos puideron deseñar os seus propios candís. Por outra banda, inauguramos o 📚 club de lectura infantil 📚.

Se queredes apuntarvos ás seguintes actividades, non esquezades consultar a nosa web! ☝🏻🤓




Que ben o pasamos hoxe á tarde no salón de actos en compañía de Brais Gutiérrez Ríos 🐐✨ Unha hora chea de música, divers...
25/09/2026

Que ben o pasamos hoxe á tarde no salón de actos en compañía de Brais Gutiérrez Ríos 🐐✨ Unha hora chea de música, diversión e moitas risas 🎸🎶

Non esquezades que a biblioteca adoita ter actividades como estas frecuentemente. Non vos perdades a próxima! 🤠🤠



Dirección

Calle Alfonso XIII, 3
Pontevedra
36002

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Biblioteca de Pontevedra publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría