Concello de Portas

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Portas Conta oficial. Hoxe, mañá e sempre, benvid@s a Portas.

Que estaba a suceder en Portas tal día coma hoxe hai 126 anos? 🏭O 20 de outubro de 1900, apenas 16 meses despois do inic...
20/10/2026

Que estaba a suceder en Portas tal día coma hoxe hai 126 anos? 🏭

O 20 de outubro de 1900, apenas 16 meses despois do inicio da súa construción, a Azucreira de Portas poñíase en funcionamento por primeira vez.

Centos de rodas, máquinas e motores movidos pola forza do v***r transformaban a remolacha en azucre nun proceso que, para a época, resultaba tan complexo como sorprendentemente rápido: en só dúas horas de traballo, a fábrica xa era capaz de producir azucre.

Ademais, polas noites, a luz que saía das súas numerosas fiestras convertía a Azucreira nunha imaxe espectacular que chamaba a atención de toda a contorna. ✨

O certo é que a súa actividade industrial foi breve, pero a súa pegada permaneceu. Máis dun século despois, aquel innovador edificio segue en pé, conservando parte da súa esencia e convertido hoxe nun espazo de encontro, cultura e vida para a veciñanza.

Un anaco da nosa historia que segue formando parte do presente de Portas. ❤️

A seguridade e a prevención son fundamentais para protexernos! 👮‍♂️🔐 Onte, a Casa da Cultura de Portas acolleu unha char...
20/10/2026

A seguridade e a prevención son fundamentais para protexernos! 👮‍♂️🔐

Onte, a Casa da Cultura de Portas acolleu unha charla informativa da Garda Civil enmarcada no Plan Maior Seguridade, centrada na prevención de estafas e roubos.

Durante a sesión, as persoas asistentes puideron coñecer consellos e recomendacións prácticas para identificar posibles situacións de risco e evitar ser vítimas de delitos. 🛡️

Dende o Concello de Portas queremos agradecer á Garda Civil a súa implicación nesta iniciativa, así como a todas as persoas que participaron na charla.

Estar informados é o primeiro paso para vivir con maior seguridade!

19/10/2026

Un día especial para a educación e para o Concello de Portas! 🎓

A Aula Universitaria da UNED en Portas leva dende agora o nome de «Aula Universitaria da UNED Reitor Ricardo Mairal Usón», en recoñecemento á súa traxectoria e á súa vinculación coa institución académica.

💚 O noso concello foi escenario deste emotivo acto, que reuniu a representantes institucionais e académicos nunha xornada na que non faltaron a música e a tradición galega.

A celebración comezou cunha recepción na Casa Consistorial e coa sinatura no Libro de Honra do Concello, para continuar co descubrimento da placa que dá nome á aula.

Para Portas é un orgullo formar parte deste recoñecemento e seguir estreitando lazos coa UNED Pontevedra , unha institución que contribúe a achegar a formación universitaria á nosa veciñanza.

📚 Seguimos apostando por un Portas no que a educación, o coñecemento e as oportunidades teñan cada vez máis protagonismo.

O IV Ciclo de Teatro de Portas continúa cunha comedia familiar… das que se lían. 👀E é que... se xa é difícil presentarll...
19/10/2026

O IV Ciclo de Teatro de Portas continúa cunha comedia familiar… das que se lían. 👀

E é que... se xa é difícil presentarlle a túa familia á túa parella, imaxina facelo cunha avoa que se mete en todo.

Mariña está a piques de recibir na casa o seu mozo e mais a súa familia para formalizar a relación. Todo debería saír perfecto… ou iso lle gustaría a ela. Porque cando polo medio está a súa familia e, especialmente, a avoa Arminda, calquera cousa pode pasar. 😅

A segunda cita do IV Ciclo de Teatro de Portas chega con “Aquí as fabas, a caldeiradas!”, da Asociación Cultural Abázcaro.

📅 Sábado 24 de outubro
🕗 20:00 h
📍 Auditorio da Azucreira de Portas

⚠️ Espectáculo non recomendado para menores de 16 anos.

🎫 Entrada de balde ata completar aforo.

Preparados para botar unhas risas?

MARLENA, SOLD OUT 🎟️ 🔥As entradas para o concerto de MARLENA xa están esgotadas! 🎶Moitísimas grazas pola incrible acolli...
19/10/2026

MARLENA, SOLD OUT 🎟️ 🔥

As entradas para o concerto de MARLENA xa están esgotadas! 🎶

Moitísimas grazas pola incrible acollida e polo voso interese! Estamos desexando vivir unha noite inesquecible con todas e todos vós.

Vémonos no concerto! 🎤

O IV Ciclo de Teatro de Portas arrancou con moito humor! 👏O pasado domingo, o Auditorio da Azucreira acolleu a represent...
19/10/2026

O IV Ciclo de Teatro de Portas arrancou con moito humor! 👏

O pasado domingo, o Auditorio da Azucreira acolleu a representación de Silvino, da man do Club de Pensionistas de Sanxenxo. 🎭

Unha tarde chea de enredos, argalladas e situacións divertidas coa que demos comezo a unha nova edición do noso ciclo de teatro.

Moitas grazas ao Club de Pensionistas de Sanxenxo pola súa actuación e a todas as persoas que nos acompañastes nesta primeira cita!

📸 Compartimos algunhas imaxes da representación!

🎶 Marlena chega a Portas!Un dos dúos máis destacados do pop nacional actual chega á Azucreira de Portas despois dunha re...
15/10/2026

🎶 Marlena chega a Portas!

Un dos dúos máis destacados do pop nacional actual chega á Azucreira de Portas despois dunha recente parada moi preto de nós: Pontevedra foi o escenario elixido para gravar o videoclip do seu novo tema, «Amiga date cuenta». E, por suposto, démonos conta do temazo que acababa de chegar!

E parece que na UNED Pontevedra tamén se deron conta 😉: o 30 de outubro tráennolas a Portas para poder g***r delas en directo, nun concerto do Club 100 de CADENA 100.

📅 30 de outubro
🕤 21:30 h (apertura de portas ás 21:00 h)
📍 Auditorio da Azucreira de Portas

As invitacións poderán recollerse no Concello de Portas en horario de 9:00 a 13:00 h, ata esgotar existencias. 🎟️
Poderanse retirar un máximo de 2 invitacións por persoa.

Preparados para cantar con MARLENA? 🎤💫

Mulleres que sostedes a vida nos núcleos rurais, que coidades as colleitas, que tecedes redes de apoio e comunidade… Hox...
15/10/2026

Mulleres que sostedes a vida nos núcleos rurais, que coidades as colleitas, que tecedes redes de apoio e comunidade… Hoxe é o voso día! 💜

O Día Internacional das Mulleres Rurais tamén é unha data importante para o Concello de Portas, xa que o rural forma parte esencial da identidade do noso municipio.

Só temos palabras de agradecemento para vós, mulleres que desempeñades un papel esencial na vida económica, social e comunitaria do noso territorio. Grazas por manter vivos os nosos núcleos, por preservar as nosas raíces e por seguir abrindo camiño para as xeracións que veñen.

Hoxe, e todos os días, recoñecemos o voso traballo, a vosa forza e o voso papel imprescindible no presente e no futuro de Portas.

🚧 Mellora do camiño de San Bieito, en LantañoO Concello de Portas rematou os traballos de renovación do firme no camiño ...
14/10/2026

🚧 Mellora do camiño de San Bieito, en Lantaño

O Concello de Portas rematou os traballos de renovación do firme no camiño de San Bieito, na parroquia de Lantaño.

Esta actuación permite mellorar as condicións de acceso e circulación pola zona, ofrecendo máis comodidade e seguridade ás persoas que empregan este camiño no seu día a día.

💶 Os traballos contaron cun investimento de 19.437,94 euros e realizáronse ao abeiro do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

Seguimos traballando na conservación e mellora da rede viaria municipal, con actuacións nas distintas parroquias de Portas que contribúen a mellorar os servizos e as infraestruturas para a veciñanza.

🎊 Así foi a 33ª edición da FESTA DA 3ª IDADE en Portas 👵👴Coma cada ano, onte celebramos cun xantar a vida e a importanci...
13/10/2026

🎊 Así foi a 33ª edición da FESTA DA 3ª IDADE en Portas 👵👴

Coma cada ano, onte celebramos cun xantar a vida e a importancia dos nosos maiores no pavillón municipal de deportes da Rapeira. 💛

Esta festa, organizada polo Concello de Portas, busca poñer en valor ás persoas maiores que enchen de historia, lembranzas e vida as nosas parroquias. E que mellor maneira de agradecerllo que compartindo un día moi especial en familia, con misa de campaña, música e, para rematar, unha gran queimada. 🎶🔥

Grazas a todas e todos por acompañarnos e, sobre todo, aos nosos maiores por ser unha parte fundamental de Portas. 💛

Dirección

Rúa Rapeira 1C
Portas
36658

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Teléfono

986536161

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Portas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Portas:

Atajos

Compartir