Concello de Poio

Cómo llegar Página web

Concello de Poio Perfil Oficial do Concello de Poio

Esta semana impartiuse na Aula Cemit de Poio, en Combarro, o curso "Aprende a usar Canva", con todas as prazas cubertas....
17/10/2026

Esta semana impartiuse na Aula Cemit de Poio, en Combarro, o curso "Aprende a usar Canva", con todas as prazas cubertas.

O alumnado aprendeu a utilizar as ferramentas básicas deste programa que permite mellorar de xeito notable a calidade das presentacións e publicacións.

Gracias a todos por participar!

🏆O piloto local Yonathan Corbacho Corredoira vén de proclamarse campión galego de montaña 5A, un gran logro que premia o...
17/10/2026

🏆O piloto local Yonathan Corbacho Corredoira vén de proclamarse campión galego de montaña 5A, un gran logro que premia o seu esforzo, dedicación e paixón polo automobilismo.

Parabéns, Yoni Corbacho! 👏

Desde o Concello de Poio desexámosche moitos éxitos!

⚡ O Concello de Poio e UFD abordan as melloras na rede eléctrica da Caeira, cun investimento de preto de 160.000 euros.🤝...
16/10/2026

⚡ O Concello de Poio e UFD abordan as melloras na rede eléctrica da Caeira, cun investimento de preto de 160.000 euros.

🤝 O alcalde Ángel Moldes mantivo unha reunión con representantes de UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, para coordinar as actuacións que prevén facer na Caeira e mellorar a calidade do subministro eléctrico nesta zona.

✅ UFD investirá preto de 160.000 euros na renovación de varios tramos da rede eléctrica, co obxectivo de reforzar a seguridade e continuidade do servizo e reducir as incidencias que afectan á veciñanza.

🚧 Os traballos xa están en marcha na avenida da Barca, aproveitando as obras de urbanización que está executando o Concello. Posteriormente, continuarán pola rúa José Pernas Peña, entre a rotonda da Barca e o cruzamento coa rúa Río Miño.

📍 Coinciden en que é unha actuación prioritaria para dar resposta ás incidencias nesta zona.

🌱🚜 Continuamos cos traballos de desbroce e mantemento en distintos puntos do municipio, unhas tarefas fundamentais para ...
16/10/2026

🌱🚜 Continuamos cos traballos de desbroce e mantemento en distintos puntos do municipio, unhas tarefas fundamentais para conservar os nosos camiños e espazos públicos en boas condicións durante todo o ano.

📍 Esta semana os traballos realizáronse en camiños e espazos de San Martiño, Ucha, rúa Valiña, Boavista ou A Caeira.

🎃👻 O Samaín de Campelo toma forma para ofrecer unha experiencia terrorífica única!🕸️O Concello de Poio e a veciñanza pec...
15/10/2026

🎃👻 O Samaín de Campelo toma forma para ofrecer unha experiencia terrorífica única!

🕸️O Concello de Poio e a veciñanza pecharon os últimos detalles dunha celebración que os días 30 e 31 de outubro transformará as rúas e a Praza da Granxa nun auténtico escenario de medo, con actividades e espectáculos para que veciños e visitantes, pequenos e maiores, gocen dunha experiencia inesquecible. 🔥

🧙‍♀️ Dous días de medo, diversión e moitas sorpresas!

📅 VENRES 30 DE OUTUBRO

🎉 17.00 h | Festa infantil con Dolce Vita e a Furna das Meigas.
🔥 20.00 h | Espectáculo de malabares e lume con Nemeton Performances.
👻 20.30 h | Ruta do Medo polas rúas de Campelo, con escenarios, decoracións e representacións preparadas pola veciñanza e os colectivos locais Os 100Tolos, Grupo Samieira, As Sonecas e Club Saraiba.
🌰 Magosto popular e animación musical con DJ, organizado pola AVV de Campelo

📅 SÁBADO 31 DE OUTUBRO

🎬 17.00 h | Cinema de Medo no Local Social.
🍭 18.30 h | Merendola Larpeira para a cativada.
🍬 19.30 h | Tradicional Truco ou Trato polas rúas de Campelo.

Queremos que Campelo siga gozando do seu Samaín, preservando o espírito dunha iniciativa que naceu da propia veciñanza e que foi medrando e consolidándose ano tras ano grazas á súa implicación.

Unha colaboración que permitirá que, un ano máis, Campelo se transforme nun lugar de medo, diversión e convivencia para veciños e visitantes.

🔗Máis información en concellopoio.gal/actualidade

Conmemoramos o Día Internacional das Mulleres Rurais coa lectura dun manifesto a cargo de María Castro, da Asociación de...
15/10/2026

Conmemoramos o Día Internacional das Mulleres Rurais coa lectura dun manifesto a cargo de María Castro, da Asociación de Mulleres Rurais de Samieira.

🌾 Un acto para recoñecer e poñer en valor o papel fundamental das mulleres rurais, que co seu traballo, esforzo e dedicación contribuíron e seguen contribuíndo ao desenvolvemento das nosas parroquias.

💪 Desde o Concello de Poio sumámonos á declaración institucional da FEMP, reafirmando o noso compromiso coa igualdade de oportunidades e co recoñecemento de todas as mulleres que manteñen vivo o noso rural.

💜 Grazas a todas as mulleres que, xeración tras xeración, contribuístes a construír o Poio que hoxe coñecemos!

❤️‍🩹 Poio recibiu estes días a 27 voluntarios e voluntarias de agrupacións de Protección Civil de distintos puntos de Ga...
15/10/2026

❤️‍🩹 Poio recibiu estes días a 27 voluntarios e voluntarias de agrupacións de Protección Civil de distintos puntos de Galicia para participar nun curso de Desfibrilación Semiautomática Externa (DESA), impartido pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

📍 Na formación participaron integrantes das agrupacións de Poio, Pontevedra, Moaña, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Val Miñor, O Porriño, Lalín e Arteixo.

👩‍⚕️👨‍⚕️ O curso contou con tres instrutores habilitados en reanimación cardiopulmonar (RCP), encargados de proporcionar os coñecementos e habilidades necesarios para actuar ante unha emerxencia cardíaca e utilizar correctamente un desfibrilador semiautomático externo.

🎬🍿 A sala de cine máis pequena do mundo chega este domingo a Lourido!🎥 O Festivaliño on the road fai parada no parque Co...
14/10/2026

🎬🍿 A sala de cine máis pequena do mundo chega este domingo a Lourido!

🎥 O Festivaliño on the road fai parada no parque Costa Xiráldez cunha proposta orixinal e divertida para achegar a cultura audiovisual aos máis pequenos da casa.

📅 Domingo, 18 de outubro
🕔 De 17.00 a 20.00 horas
📍 Parque Costa Xiráldez, Lourido

🚐 Unha caravana convertida nunha pequena sala de cine na que a rapazada poderá entrar por quendas para g***r dunha selección de curtametraxes nacionais e internacionais, adaptadas ás diferentes idades.

👨‍👩‍👧‍👦 Un plan diferente para compartir en familia e descubrir a maxia do cine!

O Concello de Poio vén de constituír o Comité de Seguridade e Saúde, un órgano fundamental para fomentar a participación...
14/10/2026

O Concello de Poio vén de constituír o Comité de Seguridade e Saúde, un órgano fundamental para fomentar a participación dos traballadores e traballadoras municipais na prevención de riscos laborais e garantir contornas de traballo máis seguras e saudables.

➕ Esta medida súmase á recente aprobación da modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT), dentro do proceso de organización e modernización da Administración local.

🤝 Seguimos traballando para conseguir un Concello máis áxil, eficiente e adaptado ás necesidades actuais, apostando polo diálogo cos representantes do persoal e pola mellora das condicións laborais.

✅Mellorar a organización interna é tamén mellorar os servizos que se prestan á cidadanía.

Nova data en Poio para 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐚𝐫 𝐞 𝐫𝐞𝐧𝐨𝐯𝐚𝐫 𝐨 𝐭𝐞𝐮 𝐃𝐍𝐈 𝐨𝐮 𝐩𝐚𝐬𝐚𝐩𝐨𝐫𝐭𝐞.O Vidoc da Policía Nacional estará na 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐚 𝐝𝐨 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐞𝐢𝐫...
14/10/2026

Nova data en Poio para 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐚𝐫 𝐞 𝐫𝐞𝐧𝐨𝐯𝐚𝐫 𝐨 𝐭𝐞𝐮 𝐃𝐍𝐈 𝐨𝐮 𝐩𝐚𝐬𝐚𝐩𝐨𝐫𝐭𝐞.

O Vidoc da Policía Nacional estará na 𝐏𝐫𝐚𝐳𝐚 𝐝𝐨 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐞𝐢𝐫𝐨 𝗼 𝐯𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬 𝟮𝟬 𝗱𝗲 𝗻𝗼𝘃𝗲𝗺𝗯𝗿𝗼.

📞986 770 001, na extensión 1200.

➕Tamén podes renovar o teu certificado dixital e instalar o teu DNI no móbil.

➕No caso de que unha mesma persoa necesite renovar tanto o DNI como o pasaporte, será necesario solicitar dúas citas.

✅Este servizo permite achegar a administración e mellorar a accesibilidade da cidadanía.

Dirección

Praza Do Mosteiro, 1
Poyo

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Poio publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría