Concello de Ponteareas

Llamar Cómo llegar Página web

Concello de Ponteareas Páxina oficial de Facebook do Concello de Ponteareas

🚒 SEGUIMOS TRABALLANDO PARA MELLORAR OS MEDIOS DOS BOMBEIROS DE PONTEAREASO Concello de Ponteareas continúa avanzando na...
22/10/2026

🚒 SEGUIMOS TRABALLANDO PARA MELLORAR OS MEDIOS DOS BOMBEIROS DE PONTEAREAS

O Concello de Ponteareas continúa avanzando na mellora dos recursos materiais do Servizo Municipal de Bombeiros, co obxectivo de reforzar a súa capacidade de resposta e a seguridade nas intervencións.

Neste contexto, o concelleiro delegado de Emerxencias, Juan Carlos González, e o representante dos Bombeiros de Ponteareas, Roberto Castro, realizaron unha visita técnica a un Parque de Bombeiros Comarcal para coñecer as características e prestacións dun vehículo escaleira.

Esta visita forma parte dos traballos de análise das necesidades do servizo e das posibles solucións técnicas para incorporar un vehículo destas características ao parque de Ponteareas.

📢 PRÓXIMOS PASOS

O Concello traballa na preparación do correspondente expediente de contratación pública, cun investimento previsto superior aos 150.000 euros, que deberá desenvolverse conforme aos principios de publicidade, transparencia e libre concorrencia.

🚒 O noso compromiso é seguir mellorando os medios dos bombeiros para ofrecer un servizo cada vez máis eficaz e seguro á veciñanza.

✨ Este sábado, 24 de outubro, dende as 16:30, chega "+Convivir-Encontros Veciñais" ao Complexo Deportivo Álvaro Pino! 🏟️...
21/10/2026

✨ Este sábado, 24 de outubro, dende as 16:30, chega "+Convivir-Encontros Veciñais" ao Complexo Deportivo Álvaro Pino! 🏟️

Ven a desfrutar dunha xornada para compartir e pasalo ben en familia, con actividades e diversión para todas as edades 👨‍👩‍👧‍👦❤️

¿Que te vas atopar? 👇
🎈 Actividades infantís e inchables para os máis pequenos.
🧠 Unha charla informativa sobre o alzhéimer.
🎨 Obradoiros creativos.
💃 Baile para mover o corpo.
🍢 Pinchos deliciosos para desfrutar entre todos.

➕ +Convivir: unha proposta de Deputación de Pontevedra, coa colaboración do concello de Ponteareas. 🤝

Ven vivir un día para compartir, aprender e desfrutar xuntos. ¡Agardámoste! 🚀✨

📣🎬 O festival máis cativo e máis grande do mundo chega á túa vila! 🥳Este sábado 24 tes unha cita moi especial co Festiva...
21/10/2026

📣🎬 O festival máis cativo e máis grande do mundo chega á túa vila! 🥳

Este sábado 24 tes unha cita moi especial co Festivaliño, un proxecto único de distribución, exhibición e creación de CINE infantil. Un espazo itinerante que viaxa por todo o noroeste peninsular e que fai parada en Ponteareas para encher o día de maxia e sorrisos. ✨

Toma nota de todos os detalles:
📍 Onde: Rúa Co**ha Brey, Ponteareas
📅 Cando: Sábado 24
⏰ Horario: De 11:00 a 14:00 h

Trae aos teus cativos e cativas a g***r dunha experiencia única! 🚌🍿

🥇 DENIS INCUTTI TELLADO FAISE CO OURO EN PONTEVEDRA 🏆🏃‍♂️Dende o Concello queremos trasladar os nosos máis entusiastas p...
20/10/2026

🥇 DENIS INCUTTI TELLADO FAISE CO OURO EN PONTEVEDRA 🏆🏃‍♂️

Dende o Concello queremos trasladar os nosos máis entusiastas parabéns ao atleta ponteareán Denis Incutti Tellado pola súa espectacular vitoria no Medio Maratón de Pontevedra. O noso veciño cruzou a liña de meta como gañador absoluto cun tempo de 1 hora, 6 minutos e 24 segundos.

Unha fazaña que demostra o altísimo nivel do deporte en Ponteareas grazas ao seu talento, disciplina e constancia diaria.
Un orgullo total para todo o noso municipio, Denis! 👏❤️

🎶 TAL DÍA COMA HOXE EN 1929... 🎶Estreábase unha das pezas máis emblemáticas da nosa música: o "Pasodobre Ponteareas", co...
20/10/2026

🎶 TAL DÍA COMA HOXE EN 1929... 🎶

Estreábase unha das pezas máis emblemáticas da nosa música: o "Pasodobre Ponteareas", composto polo mestre Reveriano Soutullo.

🎹 No vídeo podedes escoitar a versión pianística desta obra histórica, unha melodía que forma parte da nosa identidade e que segue a emocionar a xeracións de galegos e galegas.

Dálle ao play e déixate levar pola obra do mestre Soutullo, interpretada polo pianista Alejo Amoedo ! ✨

No edificio sexto da Deputación de Pontevedra preséntase o CD EVOCA...

📣 Este sábado tes unha cita coa risa máis afiada!🎭 JASTAC JAPI JOLIDAIS 🎭Chega o novo espectáculo teatral e monólogo de ...
19/10/2026

📣 Este sábado tes unha cita coa risa máis afiada!

🎭 JASTAC JAPI JOLIDAIS 🎭

Chega o novo espectáculo teatral e monólogo de humor creado e interpretado pola artista galega Leti da Taberna.

Unha comedia irreverente que combina humor, teatro físico e música para satirizar o postureo nas redes sociais, a obsesión polas vacacións e os efectos do turismo moderno. Un show que está a triunfar en toda Galicia!

🗓️ Cando? 24 de outubro
⏰ Hora: 20:30 h
📍 Onde? Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas
🎟️ Entradas: Xa á venda na Biblioteca Municipal.

Non te quedes sen a túa! 👥

19/10/2026

🏆 ORGULLO DE MUNICIPIO! EVA, ALFONSO E RAFA CORÓNANSE COMO DOBRES CAMPIÓNS GALEGOS DE BÁDMINTON SUB13 🏸🥇

Que fin de semana de éxitos para o noso deporte! Os nosos mozos deportistas brillaron con luz propia no “XLIII Campionato Galego Sub13 de Bádminton” celebrado en Ourense, demostrando o altísimo nivel e o futuro brillante que ten o bádminton no noso concello.

Queremos dar os parabéns máis entusiastas aos nosos tres grandes triunfadores, que regresan a casa co título de Dobres Campións Galegos:
🥇 Eva Lemos – Campioa Galega Individual e Campioa Galega de Dobres Mixtos.
🥇 Alfonso Queirós – Campión Galego Individual e Campión Galego de Dobres Masculino.
🥇 Rafa Vieira – Campión Galego de Dobles Mixtos e Campión Galego de Dobres Masculinos.

👏 Mención moi especial para Matilde Feliciano e Simão Teixeira. Quedaron ás portas do podio nunha competición dun nivel altísimo.

Desde o Concello queremos felicitarvos aos cinco, así como aos vosos adestradores e familias. Sodes un auténtico exemplo de esforzo e deportividade para todos nós! 🌟

🐕‍🦺🏆 Ponteareas, sede do European Police & Fire Games. Hoxe celebráronse nos exteriores do Convento de Canedo as probas ...
18/10/2026

🐕‍🦺🏆 Ponteareas, sede do European Police & Fire Games. Hoxe celebráronse nos exteriores do Convento de Canedo as probas de mantrailing, unha modalidade de busca por olor de referencia que pon a proba as capacidades dos cans e a coordinación cos seus guías.

📸 Compartimos imaxes da xornada, co equipo organizador e as persoas competidoras, así como da Unidade Cinolóxica de Ponteareas cos seus cans e as medallas acadadas durante os distintos días de competición.

🐾 Rocky, Boby, Dana, Ares e Xena representaron a Ponteareas nesta cita europea.

💙 Desde o Concello agradecemos á organización a súa confianza en Ponteareas para acoller estas probas e felicitamos a todas as persoas participantes, especialmente á nosa Unidade Cinolóxica, polo seu traballo e dedicación

18/10/2026

O Castelo de Sobroso encheuse de historia, lendas e misterio coas visitas teatralizadas de Samaín, unha proposta de EscénaTe para descubrir o noso patrimonio dunha forma dinámica e participativa.

A través de Os sinais de Sobroso, as persoas asistentes viaxaron á Idade Media, formando parte dunha historia ambientada no cerco á fortaleza durante o reinado de Dona Urraca. A experiencia combinou divulgación histórica, intriga, humor e tradición galega arredor do Samaín 👻 e da Noite de Defuntos.

💙 Desde o Concello de Ponteareas, noraboa a todo o equipo organizador e aos actores e actrices polo seu extraordinario traballo, que nos permitiu vivir unha experiencia totalmente inmersiva. É un orgullo contar con profesionais que contribúen a poñer en valor o noso patrimonio e a achegar a súa historia á veciñanza dun xeito tan especial.

Dirección

Xardins Da Xiralda SN
Puenteareas
36860

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Ponteareas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría