18/09/2026
.
O PP DE PONTEDEUME LAMENTA A RENUNCIA Á SUBVENCIÓN DE 500.000 EUROS DA XUNTA DE GALICIA POR PARTE DO CONCELLO PARA A CONSTRUCIÓN DUN NOVO PAVILLÓN MULTIUSOS
Resulta difícil comprender un titular tan demoledor e tan prexudicial para Pontedeume. No escrito remitido polo Concello á Xunta de Galicia resólvese literalmente: “non aceptar a subvención nas condicións establecidas na resolución de concesión, fundamentalmente pola imposibilidade material e orzamentaria de garantir o cumprimento dos prazos e requisitos esixidos”
Para que se entenda rápido: cuestión de prazos e cofinanciación.
Ante esta lamentable nova para Pontedeume, cómpre dicir:
- As condicións da Xunta de Galicia non variaron, son as mesmas que cando se pediu a subvención, claras e concisas.
- Dende o Concello xa se coñecían estas condicións e parecéronlles ben no seu día despois de estudalas. Hoxe xa non.
- A Xunta de Galicia non pode ser máis explícita á hora de querer axudar a Pontedeume, concedendo unha cantidade tan importante para algo que demandan as entidades deportivas desde fai tempo.