Bng Pontedeume

Cómo llegar Página web
Hoxe as rúas de Ferrol volveron reclamar algo tan básico como poder acceder a unha vivenda digna e a un prezo asumíbel.D...
03/10/2026

Hoxe as rúas de Ferrol volveron reclamar algo tan básico como poder acceder a unha vivenda digna e a un prezo asumíbel.

Desde o BNG Pontedeume sumámonos á mobilización para defender políticas públicas que garantan o dereito á vivenda, fronte á escalada dos alugueiros, a especulación e as dificultades que cada vez máis persoas atopan para poder vivir na súa propia vila.

Porque ter un teito non pode depender da capacidade económica de cada quen.

🏠 Vivenda digna, pública e accesíbel.

O BNG de Pontedeume sumase á repulsa pola agresión fascista en Ferrol e chama a participar na mobilización contras os at...
25/09/2026

O BNG de Pontedeume sumase á repulsa pola agresión fascista en Ferrol e chama a participar na mobilización contras os ataques á Cruz Vermella.

​Desde o BNG de Pontedeume, tras a denuncia pública realizada polo colectivo Terra e o Centro Social Artábria, queremos manifestar o noso máis absoluto rexeitamento e condena ante a agresión fascista perpetrada a pasada fin de semana en Ferrol contra dous mozos da nosa vila.

​Os dous mozos foron asaltados por un individuo con insultos como "rojos de mi**da" e "perroflautas" e precisaron asistencia sanitaria polas lesións sufridas.

​Denunciamos que non se trata dun altercado illado, senón dun episodio que responde ao perigoso ascenso da violencia de extrema dereita na Galiza, alimentado polos discursos de odio que a dereita institucional e mediática branquea de xeito constante.

​O exemplo máis claro disto témolo nos intolerables ataques e pintadas machistas e racistas sufridos pola sede da Cruz Vermella en Ferrol, que amosan a urxencia de darlle unha resposta conxunta á intolerancia e á xenofobia.

​Por iso, chamamos a non calar e a participar hoxe ás 19:30 h na mobilización e concentración de solidariedade que terá lugar en Ferrol.

​Por unha Galiza libre de odio! ✊🔥

10/09/2026

🎉 De hoxe nun ano!

Como sempre, grande despedida aos mómaros, cunha praza ateigada de xente.

A tradición é a eternidade!

Vivan as Festas das Peras!

04/09/2026

A crise de Ceuta amosa a peor cara da política estatal: unha dereita que busca rédito das crises humanitarias e a irresponsabilidade dun Goberno incapaz.

​Desde o BNG queremos amosar a nosa solidariedade coas persoas migrantes e coa veciñanza de Ceuta, e gardar unha profunda lembranza polas 141 persoas falecidas nesta traxedia.

​🔴 PP e ultradereita, axitadores do odio: Rexeitamos as concentracións de PP e Vox, que só serviron de altofalante para o racismo e a xenofobia. Utilizar a dor humana para alimentar o enfrontamento nas rúas é dunha miseria política intolerábel.

​🔴 PSOE desbordado e submiso: Denunciamos a xestión desastrosa do Executivo e o seu compadreo coa ditadura de Mohamed VI. Unha submisión que xa tamén foi amosada no abandono da posición histórica sobre o Sáhara para asumir as teses de Marrocos e branquear a colonización ilegal do territorio saharauí.

​Déixamosvos a intervención do noso deputado no Congreso 👇​🎥

O BNG reclama medidas urxentes ante as retencións provocadas polas obras da Ponte de Pedra 🚧​O BNG de Cabanas e Pontedeu...
13/08/2026

O BNG reclama medidas urxentes ante as retencións provocadas polas obras da Ponte de Pedra 🚧

​O BNG de Cabanas e Pontedeume reclamamos medidas urxentes para minimizar as graves afeccións ao tráfico que están provocando as obras das beirarrúas da Ponte de Pedra, especialmente nun momento do ano no que a afluencia de vehículos nas vilas e na comarca se incrementa considerabelmente.

​As retencións que se están producindo na N-651 están a converter desprazamentos habituais de apenas dez minutos en traxectos de trinta ou corenta minutos, xerando importantes molestias para a veciñanza e para todas as persoas que se desprazan por esta vía.

Ademais, este colapso na estrada nacional afecta de xeito indirecto ao tráfico interno, provocando retencións noutras rúas dos dous Concellos.

​Cómpre lembrar que, antes do inicio das obras, se trasladou que a planificación dos traballos tería en conta as horas de maior intensidade de tráfico para minimizar as afeccións á circulación.

Porén, o que está a acontecer este verán dista moito desa previsión, con importantes retencións precisamente nun período de elevada mobilidade e afluencia de vehículos.

​Desde o BNG consideramos que unha actuación desta importancia debe executarse garantindo, na medida do posíbel, a mobilidade e a seguridade viaria. Máis aínda cando se trata dunha infraestrutura fundamental para as comunicacións entre Pontedeume, Cabanas e o conxunto da comarca do Eume.

​Neste sentido, cómpre lembrar que o BNG xa presentou no Congreso distintas iniciativas sobre estas obras e sobre a regulación do tráfico, achegando medidas concretas para evitar este tipo de situacións. Así mesmo, xa reclamamos en anteriores ocasións accións para evitar o colapso da N-651 durante os traballos e garantir alternativas que permitan manter a fluidez. A situación actual demostra que estas medidas seguen sendo urxentes e necesarias.

Os concellos Pontedeume e Cabanas anunciaron que trasladaron ao Ministerio de Transportes e á Demarcación de Estradas a súa preocupación polas retencións. Porén, consideramos que non abonda con trasladar unha queixa: cómpre esixir solucións concretas e facer un seguimento real para que estas se apliquen.

​Por iso, desde o BNG de Pontedeume e Cabanas reclamamos aos gobernos municipais que actúen con firmeza ante o Ministerio e esixan unha planificación dos traballos que reduza as afeccións ao tráfico, especialmente durante os períodos de maior intensidade.

​A rehabilitación da Ponte de Pedra é unha actuación necesaria, pero a veciñanza non pode asumir as consecuencias dunha planificación insuficiente das obras. É responsabilidade das administracións implicadas traballar para que unha infraestrutura necesaria non se converta nun problema de mobilidade para toda a comarca.

Vinte de xullo.90 anos do alzamento fascista en Galiza.Dende o BNG de Pontedeume consideramos oportuno render homenaxe n...
17/07/2026

Vinte de xullo.
90 anos do alzamento fascista en Galiza.

Dende o BNG de Pontedeume consideramos oportuno render homenaxe nun día coma hoxe a todos e todas os eumeses e eumesas represaliadas que deron a vida por defender a legalidade democrática.

Nun curioso estudo de Xosé Manuel Suárez para a Revista Cátedra, prestamos especial atención ás idades tan novas das persoas executadas, sendo a maior parte delas paseadas e sometidas a consello de guerra sen xuízo xusto.

Por todas elas.

Información obtida: https://www.academia.edu/29230146/A_GUERRA_CIVIL_EN_PONTEDEUME_SUBLEVACI%C3%93N_E_REPRESI%C3%93N

17/07/2026

O BNG acolle con cautela os 400.000 € para o marisqueo e esixe que non se deixe atrás o sector de flote

​Ante o anuncio da Xunta de destinar 400.000 € para recuperar os bancos marisqueiros en Pontedeume, desde o BNG acollemos o investimento como unha boa noticia pero con moita cautela.

Esta partida dá resposta a unha demanda da Confraría e do propio BNG, que levamos ao Parlamento Galego este mesmo mes de maio

🎥 https://www.facebook.com/share/r/1E2Pdkhvhp/

Porén, denunciamos a discriminación que sofren as e os mariscadores de flote, que quedan excluídos destas axudas e atópanse sen poder traballar e sen ningún tipo de apoio.

​Por outra banda, respecto ás acusacións verquidas onte polo PP de Pontedeume, cómpre restablecer a verdade dos feitos. A moción do pleno de abril foi presentada polo PSOE, e foi este partido, como propoñente, quen non aceitou a emenda do PP, polo que o BNG non tivo nada que ver nesa decisión. Ademais, resulta ridículo que o PP poña agora o grito no ceo cando os seus propios concelleiros no pleno votaron a favor de dita moción sen a emenda.

​Debe ser que ao PP lle molesta que o deputado do BNG no Congreso fose quen de conseguir, tras negociar co Goberno do Estado, a exención de cotas para as mariscadoras.

Mentres o BNG arrinca acordos que benefician directamente á nosa xente, os deputados do PP en Madrid só se dedican a torpedear os avances para as traballadoras e traballadores de Galiza.

Desde o BNG de Pontedeume seguiremos traballando con rigor e ao servizo do sector do marisqueo da vila para que as axudas cheguen a todo o sector sen exclusións e para que o saneamento e a recuperación da nosa ría sexan, por fin, completos e reais.

📢 Arrinca a campaña do Día da Patria Galega 2026!​Estes días comezamos a encher as rúas de Pontedeume co material para a...
14/07/2026

📢 Arrinca a campaña do Día da Patria Galega 2026!

​Estes días comezamos a encher as rúas de Pontedeume co material para a manifestación deste 25 de xullo.

​Estamos a realizar repartos de material da campaña, colaxe de cartaces e colocación de faixas para reafirmar o noso dereito a ser e a decidir. ✊

Somos unha nación!

Soberanía e dereitos nun mundo en paz!

​Vémonos o 25 de xullo en Compostela

Dirección

Xulgado De Pontedeume
Puentedeume
15600

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Bng Pontedeume publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir