PsdG PSOE As Pontes

Cómo llegar Contactar con la organización

PsdG PSOE As Pontes Páxina Oficial Agrupación Socialista das Pontes

19/09/2026

⚡ AS PONTES DESATA O SEU NÓ

A nosa compañeira e deputada no Congreso Montserrat García Chavarría escribe en El Progreso sobre unha das claves para o futuro das Pontes: dispoñer da capacidade eléctrica necesaria para facer realidade os novos proxectos industriais.

O novo eixo Maciñeira–Naraío, o nodo de transición xusta e os investimentos na rede eléctrica abren novas oportunidades para As Pontes.

Un territorio que foi clave na produción enerxética durante décadas e que quere seguir sendo protagonista do seu futuro. 🏭⚡

📰 «As Pontes ‘desata’ su nudo», por Montse García.

🔗 Artigo completo na ligazón das stories.

08/09/2026

📢 𝗢 𝗕𝗡𝗚 𝗗𝗔𝗦 𝗣𝗢𝗡𝗧𝗘𝗦 𝗠𝗜𝗡𝗧𝗘

Onte o BNG das Pontes aseguraba nun video que a ordenanza que regula a colocación de pancartas foi aprobada polo PSOE en 2014.

Isto é mentira.

📄 A normativa xa existía en 2002, aprobada baixo o goberno municipal do BNG, e xa establecía as limitacións para a colocación de pancartas na vía pública.

Agora pretenden borrar 2002 do relato e dar leccións de historia aos demais.

▶️ Dálle ao play. Os documentos falan por si sós.

26/05/2026

🏭 Hoxe defendemos na Comisión de Cultura unha postura clara e responsable sobre o futuro das Pontes.

A nosa compañeira e deputada no Congreso interveu a respecto da proposición non de lei presentada por SUMAR relativa á catalogación da cheminea da antiga central térmica como ben cultural.

Defendemos o patrimonio cultural, si. Pero tamén defendemos o futuro industrial, económico e social das Pontes e da súa bisbarra.

⚙️ Memoria e identidade deben ir da man das oportunidades, do emprego e do desenvolvemento dun territorio que merece futuro.

16/03/2026

📍 A bioplanta de ENCE está cada vez máis preto de facerse realidade nas Pontes.

O Goberno de España vén de concederlle 24,7 millóns de euros de fondos públicos, que se suman ao apoio institucional que este proxecto foi acadando nos últimos anos.

Un proxecto chamado a converterse nunha nova oportunidade para o desenvolvemento industrial, o emprego e o futuro das Pontes e da súa bisbarra.

Pero mentres se abren portas ao futuro das Pontes, hai quen insiste en pechalas.

👉 Que modelo quere o BNG para As Pontes? O do “non polo non”?

Ence

15/03/2026

A Avenida de Galicia xa está aberta.

Un centro urbano máis accesible, máis seguro e máis pensado para as persoas.

Seguimos transformando As Pontes paso a paso.

12/03/2026

Dende a Agrupación Socialista das Pontes lamentamos fondamente o pasamento de Antón Louro, histórico militante socialista e servidor público comprometido con Galicia.

Avogado de formación, foi deputado no Parlamento de Galicia, concelleiro en Pontevedra e delegado do Goberno en Galicia, desenvolvendo sempre a súa traxectoria desde os valores do socialismo democrático e do servizo público.

O seu compromiso político e humano deixa unha fonda pegada no PSdeG.

Todo o noso agarimo para a súa familia, amizades e compañeiros e compañeiras.

Descanse en paz, compañeiro. 🌹

Dirección

Avenida De Galicia Nº3
Puentes De García Rodríguez
15320

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando PsdG PSOE As Pontes publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a PsdG PSOE As Pontes:

Atajos

Compartir