Concello de As Pontes

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de As Pontes Página Oficial del Concello de As Pontes

🤝 O alcalde, Valentín González Formoso, participou nun encontro con José Antonio Jainaga, presidente de Sidenor e Ohmnia...
09/10/2026

🤝 O alcalde, Valentín González Formoso, participou nun encontro con José Antonio Jainaga, presidente de Sidenor e Ohmnia, e representantes das empresas pontesas para compartir experiencias e explorar novas oportunidades de colaboración.

🔹 Arteixo Telecom: unha nova etapa para consolidar o seu proxecto industrial e dar continuidade á súa actividade.

🔹 Cooperación empresarial: novas oportunidades para impulsar o crecemento das empresas e favorecer o emprego.

🔹 Diversificación industrial: un modelo económico con distintos sectores para afrontar os retos de futuro.

💬 Jainaga mostrou a súa disposición a explorar colaboracións con empresas galegas: «Estamos abertos a calquera tipo de colaboración».

💛 Máis cooperación, máis industria e novas oportunidades para As Pontes!

Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-reforza-a-cooperacion-empresarial-para-impulsar-novas-oportunidades-industriais-e-de-emprego/

🪽✨ VOO | UNHA VIAXE PARA SOÑAR ALTO 🎭💭 E se puidésemos voar sen ás?  🎈 Este venres chega Voo, o novo espectáculo de Teat...
09/10/2026

🪽✨ VOO | UNHA VIAXE PARA SOÑAR ALTO 🎭

💭 E se puidésemos voar sen ás?

🎈 Este venres chega Voo, o novo espectáculo de Teatro O Cubo: unha aventura chea de fantasía, movemento e humor para público infantil e familiar. 💫 Danza, música, poesía visual e moita imaxinación únense nunha viaxe na que descubriremos o valor da amizade e o pracer de soñar sen límites.

📅 VENRES, 16 DE OUTUBRO
🕕 18:00 H
📍 AUDITORIO MUNICIPAL CINE ALOVI
🎟️ ENTRADA DE BALDE!

👨‍👩‍👧‍👦 Unha proposta para g***r en familia e deixar voar a imaxinación! 💛 Agardámoste!

🎭✨

🍯🧀 Este domingo, Goente celebra a XVI Feira do Mel e do Queixo!O 11 de outubro temos unha cita imprescindible en Goente ...
09/10/2026

🍯🧀 Este domingo, Goente celebra a XVI Feira do Mel e do Queixo!

O 11 de outubro temos unha cita imprescindible en Goente coa celebración dunha nova edición desta feira, que pon en valor os produtos locais, a artesanía e as tradicións do noso territorio.

🧀 Ao longo da xornada poderemos g***r de postos de mel, queixo, produtos locais e artesanía, actividades infantís e familiares, unha charla sobre a cultura sidreira asturiana e unha degustación de tapas elaboradas «con mel e queixo».

🍎 Nesta edición contaremos coa presenza do Museo da Sidra de Nava (Asturias), convidado especial, que achegará a súa cultura e tradición a través de charlas, actividades, catas e obradoiros.

💛 Unha oportunidade para descubrir, saborear e compartir o mellor da nosa terra.

Agardámosvos este domingo en Goente!

TEATRO | A VELADA DE LONDRESButacaZero presenta A Velada de Londres, unha nova creación que nace como fondísima homenaxe...
09/10/2026

TEATRO | A VELADA DE LONDRES

ButacaZero presenta A Velada de Londres, unha nova creación que nace como fondísima homenaxe a Manuel Lourenzo, finado o pasado ano.

Mestre e mentor de Xavier Castiñeira —e de tantas persoas que hoxe forman parte do teatro galego profesional—, a palabra, a mirada e o compromiso de Manuel Lourenzo coa escena seguen vivos en cada unha das nosas creacións, iluminando o camiño das novas xeracións.

🧛‍♂️ A Velada de Londres mergúllanos na súa visión sobre o universo de Drácula, unha das súas grandes obsesións creativas. A obra imaxina o que acontece tras o primeiro capítulo da novela de Bram Stoker, cando Jonathan Harker regresa a Londres xunto á súa muller Mina despois do seu encontro co Conde en Transilvania.

Aquela experiencia volve unha e outra vez á memoria de Jonathan, mentres a súa relación se esborralla entre o desexo, o medo e a fascinación.

🎶 A presenza en escena de Esperanza Mara, chelista e soprano, fará desta unha velada teatral, pero tamén musical.

A representación completarase cunha pequena exposición dedicada á vida, obra e legado de Manuel Lourenzo.

Un convite a descubrir, lembrar e celebrar a memoria dun creador que deixou unha pegada imborrable no teatro galego.

📅 Venres, 9 de outubro
🕣 20:30 h
📍 Auditorio Municipal Cine Alovi
🎟 Entradas: https://aspontes.sacatuentrada.es/
Espectáculo financiado pola

🎬✨ CARTELEIRA FIN DE SEMANAEsta fin de semana temos unha cita coa gran pantalla na Casa Dopeso.🎞️ EL SER QUERIDOUn pai. ...
09/10/2026

🎬✨ CARTELEIRA FIN DE SEMANA

Esta fin de semana temos unha cita coa gran pantalla na Casa Dopeso.

🎞️ EL SER QUERIDO

Un pai. Unha filla. Un pasado difícil de pechar.

O aclamado director Esteban Martínez ofrece á súa filla Emilia un papel no seu novo filme, coa intención de relanzar a súa carreira como actriz.

Volver traballar xuntos fará que recuperen unha proximidade perdida durante anos… pero tamén fará aflorar feridas, segredos e emocións que nunca chegaron a desaparecer. ❤️‍🩹 Unha historia sobre as relacións familiares, o pasado e as segundas oportunidades.

📅 SÁBADO 10 DE OUTUBRO
🕠 17:30 h

📅 DOMINGO 11 DE OUTUBRO
🕠 17:30 h
🕗 20:00 h
📍 Casa Dopeso
🎟️ Entradas á venda: https://aspontes.sacatuentrada.es/
🍿 Escolle a túa sesión e desfruta do cine!

COMPARTIMOS 📰O cheiro é inconfundible tamén na Fonte dás Buliqueiras, nas Pontes. O manancial de augas de ferro foi luga...
09/10/2026

COMPARTIMOS 📰

O cheiro é inconfundible tamén na Fonte dás Buliqueiras, nas Pontes. O manancial de augas de ferro foi lugar de peregrinación durante décadas para moitos enfermos chegados de diferentes lugares cun mesmo propósito: probar o seu uso terapéutico.

Máis info:

Durante décadas han sido imanes para miles de visitantes por sus poderes sanadores para probar su uso terapéutico 

🔥 SARA CORREIA NAS PONTESHai voces que cantan. E hai voces que conseguen transformar cada canción nunha emoción.O sábado...
08/10/2026

🔥 SARA CORREIA NAS PONTES

Hai voces que cantan. E hai voces que conseguen transformar cada canción nunha emoción.

O sábado 17 de outubro, ás 20:00 h, o Auditorio Municipal Cine Alovi recibe a Sara Correia, unha das grandes voces do fado contemporáneo e unha das artistas portuguesas con maior proxección internacional.

Desde Lisboa, e profundamente vinculada á tradición musical portuguesa, Sara Correia destaca pola súa personalidade artística, a súa forza interpretativa e unha maneira moi persoal de achegar o fado ás novas xeracións sen perder a súa esencia.

Os grandes escenarios de Portugal e Europa xa foron testemuña do seu talento, con concertos esgotados nos Coliseus de Lisboa e Porto, xiras internacionais e unha nominación aos Latin Grammy. En 2026, a súa traxectoria deu un novo paso adiante cun concerto no MEO Arena de Lisboa ante máis de 15.000 persoas.

Agora, Sara Correia chega a As Pontes con Liberdade, un espectáculo no que tradición e contemporaneidade se encontran para crear unha experiencia musical intensa, elegante e profundamente emocional.

📅 Sábado, 17 de outubro
🕗 20:00 h
📍 Auditorio Municipal Cine Alovi · As Pontes
🎟️ Entradas https://aspontes.sacatuentrada.es/

✨ Unha voz extraordinaria.
✨ Un directo cheo de forza e emoción.
✨ Unha noite para sentir o fado en toda a súa intensidade.

As Pontes prepárase para unha noite moi especial.
Ti vas perdela?

COMPARTIMOS 📰 🏆 UN NOVO RECOÑECEMENTO PARA O TALENTO PONTÉSParabéns a Xosé María López Fernández, pontés e investigador,...
08/10/2026

COMPARTIMOS 📰 🏆 UN NOVO RECOÑECEMENTO PARA O TALENTO PONTÉS

Parabéns a Xosé María López Fernández, pontés e investigador, por facerse co Premio de Investigación Ferro Caaveiro, convocado polo Museo Etnográfico de A Capela.

O xurado recoñeceu o seu traballo «Economía simbólica da morte no mito fluvial eumés», unha investigación que afonda no patrimonio cultural e na tradición oral da nosa contorna.

Un merecido recoñecemento á súa traxectoria e ao seu compromiso coa investigación, conservación e divulgación do patrimonio cultural galego.

Desde o Concello das Pontes queremos trasladarlle os nosos parabéns por este novo éxito e agradecerlle a súa contribución a manter viva a memoria, a historia e a identidade da nosa terra.

Máis info: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/a-capela/2026/10/08/span-langgl-pontes-xose-maria-lopez-gana-premio-ferro-caaveiro-span/0003_202610F8C5995.htm

O traballo recoñecido titúlase «Economía simbólica damorte no mito fluvial eumés»

📚✨ XOVES NA BIBLIO ✨📚🐷🎨🐦🐢 Animais artistas e outras cousiñas, de Iván DavilaQue pasaría se un porquiño se convertese en ...
08/10/2026

📚✨ XOVES NA BIBLIO ✨📚

🐷🎨🐦🐢 Animais artistas e outras cousiñas, de Iván Davila

Que pasaría se un porquiño se convertese en pintor? 🐷🎨 E se un corvo fose músico? 🐦🎶 Ou se unha tartaruga chegase a vivir máis de 190 anos? 🐢💚

Neste divertido espectáculo de contacontos e narración oral, o actor, clown e narrador galego Iván Davila lévanos por tres historias sorprendentes, inspiradas en feitos reais e protagonizadas por animais moi especiais:

🎨 Un porquiño pintor, inspirado en Pigcasso, o porco que vive en Sudáfrica e que non deixa de crear cadros.

🎶 Un corvo músico, cunha historia que conecta o Capitán dos Corvos da Torre de Londres con Galicia.

🐢 A tartaruga máis vella do mundo, baseada en Jonathan, unha tartaruga xigantesca cunha vida extraordinariamente longa.

Unha proposta para g***r en familia que combina narración oral, manipulación de obxectos e participación do público, e que nos achega valores como a amizade, a igualdade, o amor polas artes, a importancia da saúde e o coidado das persoas maiores. ❤️

📅 8 de outubro de 2026
🕕 18:00 h
📍 Casa Dopeso
👧🧒 A partir de 3 anos

🌟 Unha tarde de historias, animais e moita imaxinación!
Agardámoste en XOVES NA BIBLIO! 📚✨

COMPARTIMOS 📰 Este domingo, 11 de outubro, Goente será novamente punto de encontro para celebrar os sabores, os produtos...
08/10/2026

COMPARTIMOS 📰 Este domingo, 11 de outubro, Goente será novamente punto de encontro para celebrar os sabores, os produtos e as tradicións que forman parte da identidade das Pontes coa XVI Feira do Queixo e do Mel.

A partir das 10:00 horas, a feira reunirá produtores e artesáns nunha xornada para desfrutar da gastronomía local, aprender e compartir en familia.

🥛 Mel e queixo, protagonistas da feira
🍎 Cultura sidreira da man do Museo de la Sidra de Nava
👨‍👩‍👧 Actividades infantís e familiares
🥂 Obradoiros de escanciado e cata de sidras
🍯🧀 Degustación de tapas de mel e queixo
🛍️ Produtos locais e artesanía

A feira será tamén o broche final das XXVII Xornadas Apícolas do Eume, promovidas pola Casa do Mel de Goente, que comezan este venres con diferentes actividades e charlas arredor do mundo da apicultura.

💛 Unha cita para poñer en valor o noso, apoiar aos nosos produtores e desfrutar xuntos do sabor das Pontes.

📍 Goente 📅 Domingo, 11 de outubro ⏰ Desde as 10:00 h

Máis info: https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/exaltacion-do-sabor-local/202610080500072003330.html

Goente volve ser o epicentro da apicultura con esta cita, que se completa coas Xornadas Apícolas

Dirección

Parque Municipal S/n
Puentes De García Rodríguez
15320

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de As Pontes publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de As Pontes:

Atajos

Compartir