21/10/2026
🎭 O vindeiro sábada 24 de outubro chega ao Auditorio de Rianxo "Reconversión", de Ibuprofeno Teatro.
👥 Público recomendado: maiores de 14 anos.
🎟️ Entrada de balde ata completar a capacidade da sala. Recollida de convites desde unha hora antes do comezo da función.
✅O texto, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80.
🔗Máis información: https://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/teatro-reconversion-a-cargo-de-ibuprofeno-teatro