Concello de Ribadavia

Cómo llegar Página web

Concello de Ribadavia Páxina oficial do Concello de Ribadavia. Capital do Ribeiro.

15/10/2026

Mais novidades na sección de novela.
Concello de Ribadavia

15/10/2026
Lembra ‼️🍷✨ O viño, a historia e o legado xudeu de Galicia danse cita en Ribadavia.Dentro da programación das Xornadas E...
14/10/2026

Lembra ‼️

🍷✨ O viño, a historia e o legado xudeu de Galicia danse cita en Ribadavia.

Dentro da programación das Xornadas Europeas da Cultura Xudía 2026, convidámosvos á charla “O viño nos negocios dos xudíos galegos”, impartida por Gloria de Antonio Rubio.

📅 17 de outubro
🕡 18:30 h
📍 Salón de Plenos do Concello de Ribadavia

Unha oportunidade para seguir descubrindo e poñendo en valor o patrimonio e a memoria xudía de Ribadavia. Agardámosvos!

🎬Inauguramos en   a exposición de galardóns das Academias de Cine e Audiovisual da península.👉🏻Milo Baños, da directiva ...
14/10/2026

🎬Inauguramos en a exposición de galardóns das Academias de Cine e Audiovisual da península.

👉🏻Milo Baños, da directiva da Academia, acompañou ao alcalde, César Fernández; e á concelleira de Cultura, Yolanda Gómez.

📅A mostra pódese visitar na Casa da Cultura ata o 26 de outubro.

✡️ Ribadavia está a celebrsr a súa Semana Xudía cunha programación para descubrir e poñer en valor o seu legado sefardí....
14/10/2026

✡️ Ribadavia está a celebrsr a súa Semana Xudía cunha programación para descubrir e poñer en valor o seu legado sefardí.

Aínda nos quedan por diante moitos plans esta fin de semana!

📍 Sábado 17
🔹 12.00 h | Visita á Xudaría, con saída desde a Oficina de Turismo.
🔹 18.30 h | Charla de Gloria de Antonio Rubio, “O viño nos negocios dos xudeus galegos”, no Salón de Plenos do Concello.
🔹 20.30 h | Concerto de Manseliña na Igrexa de San Xoán.

🏛️ Sábado 17 e domingo 18
Xornada de portas abertas no Museo Sefardí:
➡️ Sábado: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
➡️ Domingo: de 10.30 a 14.30 h.

Agardámoste para coñecer, vivir e compartir a historia sefardí de Ribadavia 💙

🚧 Seguimos mellorando as rúas de Ribadavia!Onte comezaron os traballos de asfaltado nas rúas Piñeiral e Álvaro Cunqueiro...
14/10/2026

🚧 Seguimos mellorando as rúas de Ribadavia!

Onte comezaron os traballos de asfaltado nas rúas Piñeiral e Álvaro Cunqueiro, unha actuación destinada a mellorar o estado do firme e as condicións de circulación nestas vías.

👷‍♂️ Os traballos avanzaron ao longo da xornada e continuarán hoxe, polo que aínda poderán producirse cortes temporais de tráfico e restricións de acceso.

🙏 Grazas á veciñanza pola comprensión e colaboración durante a execución destas melloras.

🏘️ Seguimos traballando no mantemento e na mellora dos espazos públicos de Ribadavia.

🎭Non te perdas o espectáculo "Sen patrón" da compañía Pistacatro dentro do Festival Internacional de Teatro de Ourense! ...
13/10/2026

🎭Non te perdas o espectáculo "Sen patrón" da compañía Pistacatro dentro do Festival Internacional de Teatro de Ourense!


📍 Onde: Praza de San Xoán - Ribadavia
📅 Cando: Sábado 24
⏰ Hora: 12.30 h
👉 Entrada libre/de balde para este espectáculo do que desfrutar en .

Garda a data e vente a g***r da arte en directo! ✨

📸 Obradoiro de repostería sefardí, onte, en  ! 😋
13/10/2026

📸 Obradoiro de repostería sefardí, onte, en ! 😋

‼️Último día para inscribirte no CURSO ONLINE DE IGUALDADE E CORRESPONSABILIDADE ✨A igualdade e a corresponsabilidade co...
13/10/2026

‼️Último día para inscribirte no CURSO ONLINE DE IGUALDADE E CORRESPONSABILIDADE ✨

A igualdade e a corresponsabilidade constrúense día a día, e o compromiso dos homes é clave para acadala! 🙌

Lanzamos esta acción formativa dirixida principalmente a homes, pais e familias, co obxectivo de promover modelos de masculinidades corresponsables e igualitarias.

📌 Que aprenderemos e traballaremos neste curso?
• Fomentar a implicación dos homes nas tarefas de coidado e corresponsabilidade.
• Sensibilizar sobre a importancia de compartir os coidados para avanzar cara a unha sociedade máis xusta.
• Dotar de recursos prácticos para incorporar cambios reais e sustentables no día a día.

🗓️ Datas do curso: Do 15 de outubro ó 16 de novembro
💻 Modalidade: Online
✍️ Inscricións: Do 1 ó 13 de outubro
📩 Como inscribirse?
Envía un correo a [email protected] ou chama ao teléfono 988472403.

Avanzar cara á igualdade é tarefa de todas e todos. Inscríbete e forma parte do cambio! 🤝

Dirección

Praza Maior, 4
Ribadavia
32400

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Ribadavia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría