18/09/2026
Desde o BNG de Ribadavia reiteramos a vontade de que a Fundación Nosa Señora dos Anxos sexa quen xestione directamente unha futura residencia de maiores, mantendo o seu compromiso fundacional sen ánimo de lucro e que as súas instalacións futuras se sitúen o máis preto posible do casco urbano de Ribadavia.
Así o vimos manifestando hai tempo, como exemplo esta moción debatida no pleno municipal de Ribadavia en novembro de 2023.
Defendemos o modelo público e social de xestión e prestación dos servizos de atención á terceira idade, o mellor para as persoas traballadoras e para as persoas atendidas na residencia. O BNG amosou publicamente ser contrario a calquera privatización do servizo, algo que tememos que suceda en aplicación da política que o PP realiza tanto na Xunta como no Concello de Ribadavia, privatizando a prestación de servizos
Reclamamos que se convoque unha xuntanza do padroado da Fundación que se nos informe aos grupos municipais, ás persoas traballadoras e ás persoas usuarias e ás súas familias.