Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia

Llamar Cómo llegar Página web

Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia Información para os usuarios da biblioteca, novidades bibliográficas, actividades de animación á lectura, etc...

catálogo Rede de Bibliotecas de Galicia: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

📚 Hoxe é o Día das Bibliotecas!O lema deste ano, «Sen profesionais,  non hai bibliotecas», reivindica o papel esencial d...
24/10/2026

📚 Hoxe é o Día das Bibliotecas!

O lema deste ano, «Sen profesionais, non hai bibliotecas», reivindica o papel esencial das persoas que traballamos cada día para facer das bibliotecas espazos de lectura, cultura, aprendizaxe e encontro. 💚

📖 Feliz Día das Bibliotecas!
Concello de Ribadavia

📚🔬 Celebramos o Día das Bibliotecas con moita ciencia e fantasía! ✨Hoxe recibimos na biblioteca os nenos e nenas de 1º, ...
23/10/2026

📚🔬 Celebramos o Día das Bibliotecas con moita ciencia e fantasía! ✨

Hoxe recibimos na biblioteca os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria do CEIP Plurilingüe de Ribadavia para celebrar con nós o Día das Bibliotecas, que se conmemora o 24 de outubro. E fixémolo dunha maneira moi especial! 💚

Da man de A Xanela do Maxín, gozamos do espectáculo Toupiciencia, no que Toupiña e o seu axudante Protonio nos levaron a descubrir o fascinante mundo da ciencia a través de experimentos divertidos, sorpresas e moitas preguntas. 🧪🔍

E, despois de tanta ciencia, chegou a quenda da imaxinación! Entre todos e todas creamos un mural colaborativo sobre o mundo dos contos, enchendo a biblioteca de historias, personaxes e fantasía. 📖🎨

Unha mañá para experimentar, crear, compartir e lembrar que nas bibliotecas caben todos os mundos: os que descubrimos coa ciencia e os que soñamos a través dos libros. 💫

Grazas a A Xanela Do Maxín e ao CEIP Plurilingüe de Ribadavia por celebrar connosco este día tan especial! ❤️
Programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Ceip Plurilingüe Ribadavia EI EP Concello de Ribadavia

Hoxe celebramos o Dia das Bibliotecas (24 outubro) con nenos do Ceip Plurilingüe Ribadavia EI EP da man de A Xanela do M...
23/10/2026

Hoxe celebramos o Dia das Bibliotecas (24 outubro) con nenos do Ceip Plurilingüe Ribadavia EI EP da man de A Xanela do Maxín co seu espectáculo Toupiciencia e un mural colaborativo que van a colorear os nenos.
Concello de Ribadavia # fomentolectura

📢 AVISO IMPORTANTE📚 Este xoves e venres a Biblioteca de Ribadavia permanecerá pechada ao público debido ás obras de subs...
21/10/2026

📢 AVISO IMPORTANTE

📚 Este xoves e venres a Biblioteca de Ribadavia permanecerá pechada ao público debido ás obras de substitución das ventás.

🔧 Estes traballos permitirán mellorar as nosas instalacións, reforzando o illamento térmico e acústico para conseguir un espazo máis confortable e agradable para todas as persoas usuarias.

🙏 Desculpade as molestias que isto poida ocasionar. Son melloras necesarias para seguir ofrecéndovos unha biblioteca cada vez mellor!

Grazas pola vosa comprensión. 💚📖
Concello de Ribadavia

🍂📚 O frío achégase… e nós temos o mellor plan! 🛋️☕Seguimos incorporando novidades á sección de novela, con historias par...
20/10/2026

🍂📚 O frío achégase… e nós temos o mellor plan! 🛋️☕

Seguimos incorporando novidades á sección de novela, con historias para todos os gustos: segredos por descubrir, misterios, emocións e personaxes que vos farán esquecer ata que hai que poñer a calefacción. 😉📖

Porque cando fóra arrefría, dentro dunha novela pode pasar de todo! ❤️

📚 Vén descubrir as novas incorporacións á Biblioteca de Ribadavia!
Concello de Ribadavia

Mais novidades na sección de novela.    Concello de Ribadavia
14/10/2026

Mais novidades na sección de novela.
Concello de Ribadavia

Entrevista en Voces de Ourense en Radio Voz. Grazas a Javier Moro por visibilizar a nosa biblioteca. Concello de Ribadav...
08/10/2026

Entrevista en Voces de Ourense en Radio Voz. Grazas a Javier Moro por visibilizar a nosa biblioteca.
Concello de Ribadavia

08/10/2026

Entrevista onte no programa Voces de Ourense de Radio Voz, sobre a nosa biblioteca.
Concello de Ribadavia

🌧️📚 Chega o mal tempo… e tamén novas historias para quedar na casa lendo!Os días grises son unha boa escusa para meterse...
06/10/2026

🌧️📚 Chega o mal tempo… e tamén novas historias para quedar na casa lendo!

Os días grises son unha boa escusa para meterse de cheo nunha novela ou cun libro de xeneralidades. E nesta nova selección temos un pouco de todo: misterios e crimes, segredos familiares, historias de amor, conflitos de parella, veciñanza e relacións humanas, e tamén relatos máis íntimos para ler con calma.

☔ Fóra pode chover, pero dentro da biblioteca sempre hai unha historia na que refuxiarse.

📍 Xa as podedes atopar na Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia.

Concello de Ribadavia@usuarios

Hoxe saímos nos xornais La Region, La Voz de Galicia dixital e Faro de Vigo. Grazas a todos os usuarios, compañeiros da ...
02/10/2026

Hoxe saímos nos xornais La Region, La Voz de Galicia dixital e Faro de Vigo. Grazas a todos os usuarios, compañeiros da Casa da Cultura e entidades que colaboran conmigo todo o ano.
Concello de Ribadavia

Dirección

Avenida De Redondela 1
Ribadavia
32400

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 13:30
16:00 - 20:30
Martes 09:00 - 13:30
16:00 - 20:30
Miércoles 09:00 - 13:30
16:00 - 20:30
Jueves 09:00 - 13:30
16:00 - 20:30
Viernes 09:00 - 13:30
16:00 - 20:30

Teléfono

+34988681338

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría