Concello de Ribadeo

Cómo llegar Página web

Concello de Ribadeo Páxina oficial de facebook do Concello de Ribadeo Páxina oficial de Facebook do Concello de Ribadeo.

🌿 Últimas horas para inscribirse en Ribadeo sen plumeiros!Mañá, 15 de outubro, ás 12:00 horas, remata o prazo de inscric...
14/10/2026

🌿 Últimas horas para inscribirse en Ribadeo sen plumeiros!

Mañá, 15 de outubro, ás 12:00 horas, remata o prazo de inscrición para participar na xornada de voluntariado organizada polo Concello de Ribadeo e Galicia Ambiental.

🙌 A actividade terá lugar este domingo 18 de outubro e estará centrada na retirada de plumeiros da herba da Pampa, co obxectivo de evitar a dispersión das sementes desta especie invasora.

📅 Domingo, 18 de outubro
🕘 09:00 horas
📍 Gasolineira do Polígono Industrial de Ribadeo

✉️ Inscrición obrigatoria ata o 15 de outubro ás 12:00 h: [email protected]

💚 Aínda estás a tempo de participar!

14/10/2026

🏃‍♀️🏃‍♂️ 𝘼 𝙂𝙡𝙖𝙙𝙞𝙖𝙩𝙤𝙧 𝙆𝙞𝙙𝙨 𝙫𝙤𝙡𝙫𝙚 𝙖 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤 𝙘𝙪𝙣𝙝𝙖 𝙚𝙙𝙞𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙨𝙤𝙡𝙞𝙙𝙖𝙧𝙞𝙖!

O vindeiro domingo 25 de outubro, a Praza de España acollerá unha nova edición da Gladiator Race Family, unha carreira de obstáculos para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, na que deporte, diversión e solidariedade se darán a man.

💪 Haberá dous percorridos adaptados ás idades:
🔹 De 3 a 5 anos: 500 metros.
🔹 De 6 a 12 anos: 900 metros.

Os participantes deberán ir acompañados dunha persoa adulta e recibirán unha medalla ao finalizar a proba.

❤️ O importe íntegro das inscricións destinarase a Cruz Vermella Ribadeo.

📅 Domingo, 25 de outubro
🕛 A partir das 12:00 horas
📍 Praza de España · Ribadeo
🎟️ Inscrición: 6 €
🔗 www.gladiatorraceoficial.es

A actividade conta co patrocinio de Mediolanum Aproxima, da Fundación Mediolanum en España e do Concello de Ribadeo.

🙌 Unha cita para desfrutar do deporte en familia e colaborar cunha causa solidaria!

🎭✨ O TEATRO VOLVE A RIBADEO!Do 16 ao 18 de outubro celebramos a XXIII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. Tres...
13/10/2026

🎭✨ O TEATRO VOLVE A RIBADEO!

Do 16 ao 18 de outubro celebramos a XXIII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. Tres días para g***r das artes escénicas, compartir risas e apoiar o talento das compañías de teatro afeccionado. 👏

🎟️ Esta é a programación:

🔴 Venres 16 de outubro
🎭 Desequilibrados
Grupo Humorístico Trípode (Alfoz)

🟢 Sábado 17 de outubro
🎭 Moito ruído e poucas noces
Carauta Teatro (Santiago de Compostela)

🔴 Domingo 18 de outubro
🎭 O Randiña vai ó médico
Grupo O Torques (Burela)

📍 Auditorio Municipal Hernán Naval
🕗 Todas as funcións ás 20:00h
🎟️ Entrada: 3 € por representación

❤️ Unha cita coa cultura que, un ano máis, rende homenaxe a Daniel Cortezón e pon en valor o traballo das compañías que manteñen viva a paixón polo teatro.

🙌 Agardámosvos para g***r de tres noites de teatro en Ribadeo!

INSCRIPCIONES ABIERTAS! Registrations are open! ¡Plazas muy limitadas!“First come first serve”En nuestro ultimo baile de...
13/10/2026

INSCRIPCIONES ABIERTAS! 
Registrations are open!

¡Plazas muy limitadas!
“First come first serve”

En nuestro ultimo baile del año haremos lo que mejor se nos da: “juntar a un montón de gente distinta para disfrutar con unos tracks gravel épicos”
Conectar a gente…y a Asturias con Galicia.

Saldremos del Hotel Balastrera en Ribadeo.
Ediane y su equipo hacen desde bodas a eventos singulares con mucho mimo y atención.
Un lujazo contar con ellos.

En el hotel habrá un barista por parte de Urban Coffee Roasters por la mañana.
Un desayuno brunch muy completo. 

Salimos desde los jardines del Hotel Balastrera, una casa de Indianos de 1900, reconvertida en hotel y restaurante.

☕Café con barista x Urban Coffee Coffee Urban Roasters

🥐Desayuno Brunch x La Balastrera HC La Balastrera - Ribadeo

🔘Salida 10:30h
Será en varios grupos y neutralizada / escoltada por Protección Civil de Ribadeo. 

Detalles del track.
Le hemos dado muchas vueltas.
Versión final:

⏭️ 45km/390m grande
⏭️ 79.4km/743m mediano

Disponible en nuestros enlaces del perfil en Instagram.

No hay apenas dificultad técnica.
Mantenemos un tramo de “porteo” Hike-a-Bike en el km50

Ya descargables de nuestro perfil en IG.
Trabajamos con Ride With GPS. Gratuito todo y archivo GPX descargable.

Gracias al Trackmaster que ha reconvertido su Gravel-Eo en una maravilla de track. 

Navegación con GPX
Totalmente obligatorio: GPS y track descargado. No hay marcaje. Tráfico abierto.
Nos emocionamos fácil pero esto es formato quedada, no es una cicloturista. No hay puntos ni dorsales. Ritmo libre. Siempre.

No tengo mi dia? No estoy seguro de a que distancia?
Hay muchas “vías de escape” para acortar, en cada 15km prácticamente.
Si hay dudas, la corta siempre. Que hay que llegar a la comida! :D 

Duchas
El Concello pondrá a disposición unas duchas del Pabellón Municipal o Campo de Fútbol. 

Contaremos con la fotografía de David Pajaro.

👩🏼‍🍳Y un buen menú picoteo after party con food ticket individual. 🎟️A la vuelta os esperamos con un Rebel Party con menú picotel de pie, con ticket QR individual (QR de la inscripción)

Habrá sorteos y regalos por parte de MMR y las marcas "supporters".

Vémonos!

13/10/2026

🌲 𝙊 𝙄 𝙀𝙣𝙘𝙤𝙣𝙩𝙧𝙤 𝙁𝙤𝙧𝙚𝙨𝙩𝙖𝙡 𝙙𝙤 𝙉𝙤𝙧𝙤𝙚𝙨𝙩𝙚 𝙘𝙚𝙡𝙚𝙗𝙧𝙖𝙧𝙖𝙨𝙚 𝙚𝙨𝙩𝙚 𝙫𝙚𝙣𝙧𝙚𝙨 𝙚𝙣 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤

O vindeiro 16 de outubro, o CFEA Pedro Murias acollerá unha xornada dedicada á análise dos principais retos e oportunidades do sector forestal en Galicia e Asturias. Profesionais, empresas, investigadores e representantes das administracións participarán en diferentes mesas de debate sobre a madeira e o emprego, a xestión do territorio, o cambio climático e as estratexias de futuro para os nosos montes.

📅 Venres, 16 de outubro
🕙 De 10:00 a 14:00 horas
📍 CFEA Pedro Murias · Ribadeo

🤝 Un punto de encontro para compartir coñecementos e reflexionar sobre o presente e o futuro do sector forestal.

✅ 𝙋𝙧𝙚𝙩𝙤 𝙙𝙚 𝙏𝙞 𝙧𝙚𝙜𝙧𝙚𝙨𝙖 𝙖́𝙨 𝙥𝙖𝙧𝙧𝙤𝙦𝙪𝙞𝙖𝙨 𝙙𝙚 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤 𝙘𝙤𝙣 𝙖𝙘𝙩𝙞𝙫𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚𝙨 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙥𝙧𝙤𝙢𝙤𝙫𝙚𝙧 𝙖 𝙨𝙖𝙪́𝙙𝙚, 𝙤 𝙗𝙚𝙣𝙚𝙨𝙩𝙖𝙧 𝙚 𝙖 𝙥𝙖𝙧𝙩𝙞𝙘𝙞𝙥𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙨𝙤...
13/10/2026

✅ 𝙋𝙧𝙚𝙩𝙤 𝙙𝙚 𝙏𝙞 𝙧𝙚𝙜𝙧𝙚𝙨𝙖 𝙖́𝙨 𝙥𝙖𝙧𝙧𝙤𝙦𝙪𝙞𝙖𝙨 𝙙𝙚 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤 𝙘𝙤𝙣 𝙖𝙘𝙩𝙞𝙫𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚𝙨 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙥𝙧𝙤𝙢𝙤𝙫𝙚𝙧 𝙖 𝙨𝙖𝙪́𝙙𝙚, 𝙤 𝙗𝙚𝙣𝙚𝙨𝙩𝙖𝙧 𝙚 𝙖 𝙥𝙖𝙧𝙩𝙞𝙘𝙞𝙥𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙨𝙤𝙘𝙞𝙖𝙡

O vindeiro 19 de outubro comezará unha nova edición do programa Preto de Ti, cunha programación de actividades orientadas a fomentar o envellecemento activo, a convivencia e o benestar físico e emocional da veciñanza.

🎨 Que actividades haberá?
Manualidades, pintura, cestería, exercicios de memoria, ximnasia, charlas sociosanitarias e viaxes culturais.

📍 Onde?
As Anzas, Arante, Vilela, Cubelas, Couxela, Santalla, Vilaselán, A Rochela, Remourelle, A Devesa, Cinxe, Rinlo, Ove e Vilaframil.

🎶 Tamén regresará Argadelo, o programa de música, coa previsión de incorporar Vilaframil e Cedofeita nesta edición.

📝 Inscricións abertas!
📞 Información sobre actividades, horarios e inscricións: 625 104 274

👥 Unha oportunidade para manterse activo, aprender, compartir experiencias e fortalecer as relacións sociais nas nosas parroquias.

Anímate a participar!

🌊 "Conecta co mar. O mar é vida", nova exposición en RibadeoA Oficina de Turismo de Ribadeo acollerá do 19 de outubro ao...
13/10/2026

🌊 "Conecta co mar. O mar é vida", nova exposición en Ribadeo

A Oficina de Turismo de Ribadeo acollerá do 19 de outubro ao 15 de novembro esta exposición dedicada ao mar, que invita a achegarse á súa importancia e á súa relación coa nosa contorna.

📅 Do 19 de outubro ao 15 de novembro
🕛 Inauguración: 19 de outubro ás 12:00 h
📍 Oficina de Turismo de Ribadeo

A exposición conta coa participación da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e co financiamento da Unión Europea.

🌊 Unha oportunidade para conectar co mar e descubrir o seu valor. Agardámosvos!

Noraboa!! 👏👏👏
12/10/2026

Noraboa!! 👏👏👏

🇪🇸 𝙍𝙚𝙘𝙚𝙥𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙥𝙤𝙡𝙤 𝘿𝙞́𝙖 𝙙𝙤 𝙋𝙞𝙡𝙖𝙧📍 O Salón de Plenos acolleu este 12 de outubro a tradicional recepción con motivo da cel...
12/10/2026

🇪🇸 𝙍𝙚𝙘𝙚𝙥𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙥𝙤𝙡𝙤 𝘿𝙞́𝙖 𝙙𝙤 𝙋𝙞𝙡𝙖𝙧

📍 O Salón de Plenos acolleu este 12 de outubro a tradicional recepción con motivo da celebración da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil e do servizo de Correos.

🤝 Un encontro para compartir esta xornada e agradecer a gran labor e o compromiso diario dos membros da Garda Civil e dos traballadores e traballadoras de Correos, así como a participación das asociacións e representantes da sociedade ribadense que nos acompañaron.

⛪ Tras a recepción, os asistentes acudiron á misa celebrada na igrexa parroquial de Santa María do Campo.

🙏 Grazas a todas as persoas que nos acompañaron nesta celebración.

🥾🌊 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤 𝙖𝙘𝙤𝙡𝙡𝙚𝙪 𝙤 𝙖𝙧𝙧𝙖𝙣𝙦𝙪𝙚 𝙙𝙤 𝙑𝙄𝙄 𝘾𝙖𝙢𝙞𝙣̃𝙤 𝙂𝙖𝙨𝙩𝙧𝙤𝙣𝙤́𝙢𝙞𝙘𝙤 𝙙𝙤 𝙈𝙖𝙧👏 Hoxe deu comezo en Ribadeo a sétima edición do Camiño...
11/10/2026

🥾🌊 𝙍𝙞𝙗𝙖𝙙𝙚𝙤 𝙖𝙘𝙤𝙡𝙡𝙚𝙪 𝙤 𝙖𝙧𝙧𝙖𝙣𝙦𝙪𝙚 𝙙𝙤 𝙑𝙄𝙄 𝘾𝙖𝙢𝙞𝙣̃𝙤 𝙂𝙖𝙨𝙩𝙧𝙤𝙣𝙤́𝙢𝙞𝙘𝙤 𝙙𝙤 𝙈𝙖𝙧

👏 Hoxe deu comezo en Ribadeo a sétima edición do Camiño Gastronómico do Mar, unha iniciativa que combina sendeirismo, patrimonio, paisaxe e gastronomía ao longo da costa norte galega.

🏛️ A xornada arrancou cunha recepción na Casa do Concello, onde tamén se presentaron as novas placas informativas con códigos QR da ruta, entregadas polo presidente da asociación organizadora, Manuel Vicente.

🥾 As persoas participantes realizaron un percorrido duns 15 quilómetros que permitiu coñecer diferentes elementos do patrimonio ribadense, como o antigo Hospital de San Sebastián, a capela de San Roque ou a capela da Virxe do Camiño, ademais de desfrutar da paisaxe da praia das Catedrais antes de rematar a andaina en Arealonga, en Barreiros.

🍽️ A xornada conclue en Ribadeo cunha degustación no Restaurante El Oviedo, onde a chef Mar Orosa preparou un menú con tintorera en adobo e caldeirada de raia, utilizando produtos da frota de Burela.

💙 Grazas á organización e a todas as persoas participantes nesta primeira etapa, que abriu unha nova edición desta ruta dedicada ao patrimonio, ao Camiño do Mar e á gastronomía mariñeira.

Dirección

Praza De España 1
Ribadeo
27700

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Ribadeo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir