Concello de Ribadumia

Cómo llegar Página web

Concello de Ribadumia Páxina oficial do Concello de Ribadumia

O Concello de Ribadumia lembra que o prazo para consultar o censo electoral e presentar reclamacións remata o 19 de outu...
14/10/2026

O Concello de Ribadumia lembra que o prazo para consultar o censo electoral e presentar reclamacións remata o 19 de outubro.

🗳️ Poderán votar nas eleccións xerais do 29 de novembro as persoas que teñan cumpridos os 18 anos ese día ou antes, sempre que cumpran os demais requisitos legais.

A consulta pode realizarse no Concello ou na sede electrónica do INE 👉 https://sede.ine.gob.es/tramite/censo_electoral/

🎭 Leti da Taberna chega a Ribadumia con "Enredada"!Un monólogo para rir e pasar un bo rato que poderás g***r no  Auditor...
13/10/2026

🎭 Leti da Taberna chega a Ribadumia con "Enredada"!

Un monólogo para rir e pasar un bo rato que poderás g***r no Auditorio de Ribadumia o próximo 22 de novembro.

As entradas están á venda de forma anticipada a través de dúas vías:

👉 Venda online: https://woutick.com/es/entradas/leti-da-taberna-con-enredada-en-ribadumia
👉 Venda presencial: dispoñibles 100 entradas no departamento de Cultura do Concello de Ribadumia.

Non quedes sen a túa! 🙌

Culturactiva S. Coop. Galega

🍇 Barrantes celebrou onte a XXI Festa da Vendima, reunindo un ano máis a numerosos veciños e asistentes que participaron...
13/10/2026

🍇 Barrantes celebrou onte a XXI Festa da Vendima, reunindo un ano máis a numerosos veciños e asistentes que participaron nos actos programados ao longo do día.

Grazas á Asociación de Veciños San Andrés de Barrantes polo traballo e a dedicación que fan posible esta celebración ano tras ano 👏

O sábado 24 de outubro, a partir das 17:30 h, agardámoste na contorna da Casa da Cultura para compartir unha tarde de tr...
09/10/2026

O sábado 24 de outubro, a partir das 17:30 h, agardámoste na contorna da Casa da Cultura para compartir unha tarde de tradición, diversión e música para todas as idades 🌰

➡️ Xogos populares
➡️ Obradoiro de cestería
➡️ Degustación de castañas, rosca e chocolate quente de balde
➡️ Música co Dúo Prisma

Unha cita para g***r en familia, con amizades e con toda a veciñanza 🥳

Vémonos no magosto!

📚 Seguen chegando novidades á Biblioteca Municipal de Ribadumia!Estamos incorporando novos títulos ao fondo bibliográfic...
09/10/2026

📚 Seguen chegando novidades á Biblioteca Municipal de Ribadumia!

Estamos incorporando novos títulos ao fondo bibliográfico, con lecturas para diferentes idades e intereses. Algúns libros teñen moita demanda, así que seguiremos ampliando a oferta para que teñades novas historias por descubrir.

Achégate á biblioteca, consulta todos os títulos dispoñibles e atopa a túa próxima lectura 🙌

🗳️ O Concello de Ribadumia informa de que do 12 ao 19 de outubro estará aberto o prazo para consultar o censo electoral ...
09/10/2026

🗳️ O Concello de Ribadumia informa de que do 12 ao 19 de outubro estará aberto o prazo para consultar o censo electoral e presentar reclamacións de cara ás eleccións xerais do 29 de novembro.

A consulta poderá realizarse no Concello, previa identificación, ou por internet a través da sede electrónica do INE 👉 https://sede.ine.gob.es/tramite/censo_electoral/

É importante revisar os datos no caso das persoas que cumpriron recentemente os 18 anos ou que cambiaron de domicilio nos últimos meses.

ℹ️ Lembra que as reclamacións deben presentarse dentro deste prazo para que poidan ser procesadas correctamente.

🚜 Rematados os traballos de limpeza das presas en Leiro, as actuacións trasládanse agora á parroquia de Ribadumia, conti...
09/10/2026

🚜 Rematados os traballos de limpeza das presas en Leiro, as actuacións trasládanse agora á parroquia de Ribadumia, continuando cos labores de retirada de vexetación e mantemento destes espazos.

🍇 Este luns, 12 de outubro, Barrantes celebrará a XXI Festa da Vendima, organizada pola Asociación de Veciños San Andrés...
08/10/2026

🍇 Este luns, 12 de outubro, Barrantes celebrará a XXI Festa da Vendima, organizada pola Asociación de Veciños San Andrés de Barrantes.

A xornada comezará ás 10.00 horas cunha alborada a cargo dos grupos de gaitas Volandeira de Cambados e Con de Xido de Castrelo.

Ás 13.00 horas terá lugar a misa cantada e, ás 14.30 horas, celebrarase o xantar de confraternidade, amenizado polo Dúo Prisma.

📅 12 de outubro
🕛 Desde as 10:00 horas
📍 Centro Social de Barrantes

Non o perdas!

▶️ Tras a tormenta eléctrica do pasado martes, queimáronse varias luminarias do alumeado público da parroquia de Barrant...
08/10/2026

▶️ Tras a tormenta eléctrica do pasado martes, queimáronse varias luminarias do alumeado público da parroquia de Barrantes ⚡

O Concello xa está a traballar para solucionar estas incidencias e restablecer o servizo nas zonas afectadas á maior brevidade posible.

As rúas nas que se rexistran actualmente incidencias son:
➡️ Rosalía de Castro
➡️ Condesa
➡️ Bouza Martín
➡️ Mimosas
➡️ A Torre
➡️ As Lagoas
➡️ O Casal
➡️ Couto de Arriba
➡️ Reverendo Tucho Sineiro

Agradecemos a comprensión da veciñanza mentres se realizan os traballos necesarios e lamentamos as molestias que isto poida ocasionar.

▶️ Último día para inscribirse no curso "Manexo do material vexetal. Poda e enxertía. Prácticas de poda e enxertía".A fo...
08/10/2026

▶️ Último día para inscribirse no curso "Manexo do material vexetal. Poda e enxertía. Prácticas de poda e enxertía".

A formación celebrarase do 19 ao 29 de outubro e combinará contidos teóricos con prácticas de poda e enxertía en campo, abordando os principais sistemas de formación e produción do viñedo, o manexo fronte ás enfermidades da madeira e os distintos tipos de enxertos.

👩‍🌾 A actividade está dirixida principalmente a persoas vinculadas ao sector agrario e vitivinícola, así como a persoas interesadas en incorporarse a este ámbito.

A continuación, toda a información sobre o programa, horarios, destinatarios e inscrición.

Dirección

Avenida De Ribadumia, 3
Ribadumia
36636

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Ribadumia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir