21/10/2026
🎤 O ALCALDE COMPRA OS MICRÓFONOS… E PAGÁMOLOS ENTRE TODOS!
O alcalde de Ribadumia, David Castro, adquiriu material para gravar vídeos, incluíndo micrófonos e accesorios para teléfonos móbiles.
💸 As compras fixéronse ao seu nome, pero pagáronse con cartos públicos, con fondos do Concello de Ribadumia.
Cando preguntamos no Pleno pola finalidade deste material, a explicación foi que estaba destinado ao departamento de comunicación.
📱 Pero resulta que o alcalde aparece utilizando un micrófono aparentemente idéntico nos vídeos que publica nas súas redes sociais persoais.
E nós preguntamos:
❓ Por que se adquiren estes produtos a nome do alcalde e non do Concello?
❓ Por que aparece utilizando ese material nas súas redes persoais?
❓ Onde remata a comunicación institucional e onde comeza a promoción persoal do alcalde?
Desde Somos Ribadumia consideramos que os recursos públicos deben empregarse para prestar servizos á veciñanza, non para financiar a promoción persoal de ningún cargo político.
👉 Os cartos do Concello son de todos os veciños e veciñas de Ribadumia. E cada euro debe ter unha xustificación.
🎥 Neste vídeo amosamos as compras, a intervención no Pleno e as imaxes que motivan as nosas preguntas.
Transparencia e explicacións. Iso é o que esiximos.