BNG Ribeira

Cómo llegar Página web

BNG Ribeira Aquí atoparás o traballo que facemos por ti e por Ribeira. Coñécenos! ;)

15/10/2026
Néstor Rego defende o traballo feito polo BNG na lexislatura que vén de rematar polo que supuxo de "defensa da Galiza, d...
13/10/2026

Néstor Rego defende o traballo feito polo BNG na lexislatura que vén de rematar polo que supuxo de "defensa da Galiza, das clases populares e de lograr avances sociais".

Néstor Rego Candamil (O Vicedo, 1962) defende o traballo feito polo BNG na lexislatura que vén de rematar polo que supuxo de "defensa da Galiza, das clases p...

Hai un ano o PP prometeeu desbloquear Ribeira, pero a realidade é ben distinta: parálise, proxectos paralizados e decisi...
13/10/2026

Hai un ano o PP prometeeu desbloquear Ribeira, pero a realidade é ben distinta: parálise, proxectos paralizados e decisións que non responden ao que precisa a veciñanza.

No BNG temos claro que a nosa responsabilidade é seguir ao lado da xente, defender os servizos públicos e traballar para que o noso concello avance. Facémolo coa mesma ilusión e compromiso de sempre.

Luís Pérez Barral analiza o que deixan estes doce meses de goberno do PP e explica por que Ribeira merece recuperar o impulso e mirar cara ao futuro.

🔗

O exalcalde e portavoz do BNG denuncia que, fronte ás promesas de desbloqueo e mellora da xestión, a realidade é a parálise, as decisións contrarias ás demandas veciñais e unha xestión nefasta en asuntos como a residencia de maiores e ou a gasolineira de Xarás. Un ano perdido para Ribeira e...

Memoria, solidariedade e reivindicación.🩵 Homenaxe ás Mártires de Nebra.Participamos na homenaxe ás Mártires de Nebra, n...
13/10/2026

Memoria, solidariedade e reivindicación.

🩵 Homenaxe ás Mártires de Nebra.
Participamos na homenaxe ás Mártires de Nebra, no Porto do Son, para lembrar a cinco labregas —catro mulleres e un home— asasinadas en 1916 por defenderen os seus dereitos fronte a uns impostos inxustos.

110 anos despois, a súa memoria segue viva e continúa a ser un exemplo de dignidade, resistencia e compromiso coa xustiza social. Lembrar a nosa historia é de xustiza.

🚶🏻‍♀️‍➡️Andaina solidaria da Creba.
Sumámonos a esta iniciativa solidaria para apoiar o labor da asociación e contribuír a dar visibilidade á importancia da saúde mental e do acompañamento ás persoas que o precisan. As concelleiras Cruz e Veva e o compañeiro Juanma transmitiron os parabéns por esta actividade tan positiva para reivindicar o Día da Saúde Mental.

✊ Apoio ás traballadoras e traballadores de Gadis e Froiz.
O portavoz Luís Pérez e a concelleira Antía expresaron a solidariedade e apoio do BNG co persoal destas empresas na defensa dos seus dereitos laborais e dunhas condicións de traballo dignas.

Tres espazos diferentes, pero cun mesmo fío condutor: a memoria, a solidariedade e a defensa dos dereitos das persoas. Seguimos participando e construíndo unha sociedade mellor.

10/10/2026

Un ano deste día histórico 🌟

Sempre coa veciñanza de Ribeira e máis fortes ca nunca. Grazas! 🩵

08/10/2026

Residencia para maiores: por que trasladala ao monte e tirar 800.000€ ao lixo?

Imaxinas que despois de investir 800.000€ nun proxecto decidiran abandonalo e empezar de cero? Pois iso é o que está pasando coa residencia pública de maiores de Ribeira.

Despois dun ano da moción de censura, a residencia segue sen avanzar e agora pretenden levala para o monte de San Roque, un sitio sen accesibilidade, afastada da vila e sen transporte público.

Nós estamos canda a inmensa maioría de Ribeira, que pide sentido común e facela nas Saíñas porque non hai ningunha normativa que o impida. Alí xa se investiron 800.000€, é accesible, con acceso ao paseo de Coroso e ten transporte público diante.

Seguimos tendendo a man para chegar a acordos porque as persoas maiores merecen seguir formando parte da vida de Ribeira, saír pasear, recibir as súas familias e manter o contacto coa súa contorna. Merecen unha residencia digna, accesible e integrada na nosa vila.

👉 Ti onde farías a residencia?

⚠ 🚗 A deputada Rosana Pérez presentou no Parlamento galego iniciativas para instar á Xunta a actuar ante o risco e as in...
05/10/2026

⚠ 🚗 A deputada Rosana Pérez presentou no Parlamento galego iniciativas para instar á Xunta a actuar ante o risco e as incidencias derivadas das obras da autovía da Barbanza, a AG-11.

Os traballos iniciados en abril son necesarios pero a situación actual, alén de ser unha molestia, está causando problemas de seguridade viaria para os milleiros de persoas que empregan a autovía.

Rosana Pérez denuncia a «tortura» que sofren os condutores polo peche de accesos e a mala sinalización A deputada do BNG Rosana Pérez presentou no Parlamento galego unha batería de iniciativas para instar á Xunta a actuar ante o risco e as incidencias derivadas das obras na AG-11. Malia reco....

Unha fin de semana para apoiar causas solidariasDurante esta finde tivemos a oportunidade de participar en diferentes in...
04/10/2026

Unha fin de semana para apoiar causas solidarias

Durante esta finde tivemos a oportunidade de participar en diferentes iniciativas solidarias, sociais e deportivas, compartindo espazos con persoas e colectivos que traballan cada día por unha sociedade mello.

🚶🏻‍♀️‍➡️Andaina solidaria Agaprem
Participamos na andaina solidaria en favor da Asociación Galega de Prematuros, percorrendo o parque periurbano de San Roque para apoiar o importante labor que desenvolven acompañando ás familias con nenos e nenas nacidos de forma prematura. O portavoz Luís Pérez e Cruz Rivadulla transmitíronlle os parabéns á organización polo bo desenvolvemento da actividade.

🇵🇸 En defensa da paz e de Palestina
Compañeiros e compañeiras do BNG como Veva, Vicente, Nati, Elsa, Iria e Mónica desprazáronse a Santiago de Compostela para participar na mobilización en defensa da paz en Palestina, reclamando o fin do xenocidio e amosando a nosa solidariedade co pobo palestino.

⚽ Apoiando o deporte local
E o compañeiro Chema tamén estivo no partido entre o Aguiño e o Milladoiro, desfrutando dunha tarde de fútbol.

Tres momentos diferentes, pero un mesmo compromiso estar sempre coa xente apoiando e as actividades e eventos que fan unha Ribeira e unha sociedade mellor.

🩺 Aguiño recupera a súa médica. Parabéns á veciñanza polo seu compromiso coa sanidade pública! A médica de cabeceira do ...
02/10/2026

🩺 Aguiño recupera a súa médica. Parabéns á veciñanza polo seu compromiso coa sanidade pública!

A médica de cabeceira do centro de saúde de Aguiño reincorpórase ao seu posto despois dun ano de baixa. É unha boa noticia para a veciñanza, pero tamén unha oportunidade para lembrar todo o camiño percorrido durante estes meses.

Ao longo deste tempo, membros do BNG e o seu portavoz, Luís Pérez Barral, estivemos ao lado da veciñanza, acompañando as concentracións e levando a súa reclamación ao Parlamento de Galiza e á Consellería de Sanidade.

👏 Parabéns á veciñanza de Aguiño pola súa constancia e compromiso coa defensa da sanidade pública. A loita chegou tamén a Santiago. O 31 de xaneiro de 2025, máis dun cento de veciñas e veciños de Aguiño desprazáronse ata a sede do Sergas e da Consellería de Sanidade, onde entregaron máis de 2.600 sinaturas para reclamar a cobertura das prazas médicas. As esperas para conseguir unha cita podían chegar ás tres semanas. A situación tamén foi levada ao Parlamento de Galiza pola deputada do BNG Rosana Pérez, que reclamou a cobertura das prazas médicas de Aguiño.

👩‍⚕ A veciñanza de Aguiño deu unha auténtica lección de compromiso, constancia e defensa dos servizos públicos. Durante un ano mantivo a mobilización para reclamar algo tan básico como ter unha médica de cabeceira.

“Hoxe é un día para alegrarnos porque Aguiño recupera a súa médica de cabeceira, pero tamén para lembrar que isto non foi consecuencia dunha substitución efectiva por parte da Xunta durante todo un ano. A baixa tivo que chegar ao seu fin”, sinala Luís Pérez Barral.

No BNG seguiremos ao lado de Aguiño e defendendo que as baixas, vacacións e demais ausencias na Atención Primaria se cubran de maneira efectiva. Tamén continuaremos reclamando a redución das listas de agarda hospitalarias e a incorporación dos 3 profesionais que faltan en Ribeira.

Hoxe celebramos que Aguiño recupera a súa médica.
O compromiso coa sanidade pública continúa.

ℹ https://www.bng-ribeira.gal/aguino-recupera-a-sua-medica-e-o-bng-parabeniza-a-vecinanza-polo-seu-compromiso-coa-sanidade-publica/

🏠 As persoas maiores merecen unha residencia pública nun espazo accesible e conectado non ser illadas no monte.Despois d...
29/09/2026

🏠 As persoas maiores merecen unha residencia pública nun espazo accesible e conectado non ser illadas no monte.

Despois dun ano de parálise, o PP inicia agora o cambio de localización a San Roque, despois de quedar sen argumentos e non ter informes técnicos para descartar o proxecto das Saíñas.

Desde o BNG seguimos defendendo unha residencia pública, accesible e integrada na cidade.

“Non queremos que este asunto se converta nunha batalla entre partidos. Queremos que se antepoñan os dereitos das persoas maiores e o interese de Ribeira e niso van encontrarnos sempre”, afirmou. “Estamos a tempo de sentarnos, traballar xuntos e facer a residencia onde ten sentido facela e onde quere a maioría da poboación que é nas Saíñas” afirmou Luís Pérez Barral.

🔗 Toda a información, aquí:

Luís Pérez Barral reclama ao Goberno local que rectifique a pretensión de illar ás persoas maiores no monte e defende o proxecto das Saíñas, onde xa se investiron máis de 800.000 euros públicos O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira denunciou no pleno ordinario de setembro, celebrado este 2...

Dirección

Rúa Amarella, 4
Ribeira
15960

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Ribeira publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir