22/10/2026
📢 O parque eólico de A Gratina non se levará a cabo en San Martiño.
O proxecto do parque eólico de A Gratina, previsto na contorna de San Martiño e con afección tamén a parte de Carboentes, suporía un impacto sobre o territorio e sobre os usos tradicionais do solo.
Trátase dunha zona con terreos agrarios de utilidade para a actividade agrícola e gandeira, fundamentais para a economía local e para a conservación da paisaxe e da identidade das nosas parroquias.
Desde o Concello, consideramos esencial protexer o territorio, preservar a actividade agraria e defender os intereses da veciñanza ante proxectos que poidan afectar directamente á vida nas nosas parroquias.
🌱 Defender a terra é defender o noso futuro.