Concello de Sandiás

Cómo llegar Página web

Concello de Sandiás Páxina Oficial do Concello de Sandiás

🐦🌿 A LIMIA ENCHÉSE DE AVES E NATUREZA!Chega unha cita moi especial para os amantes das aves, da biodiversidade e do patr...
03/11/2026

🐦🌿 A LIMIA ENCHÉSE DE AVES E NATUREZA!

Chega unha cita moi especial para os amantes das aves, da biodiversidade e do patrimonio natural: as XX Xornadas de Ornitoloxía "20 na Lima", días para compartir coñecementos, descubrir a riqueza ornitolóxica do territorio e conectar con persoas apaixonadas pola natureza 🐦.

Consulta o cartel para coñecer as actividades 👀 e, se queres participar, podes facelo anotándote nesta ligazón: https://forms.gle/LMamBkCnKDDUjMXV7

📅 13 e 14 de novembro de 2026

Dúas xornadas para compartir coñecementos, descubrir a riqueza ornitolóxica da nosa comarca e g***r da natureza en compañía de expertos, ornitólogos e naturalistas.

📍 VENRES 13 DE NOVEMBRO – Casa da Cultura de Sandiás

🕟 16:30 h – Benvida a cargo de Felipe Traveso, alcalde de Sandiás.

🎤 Relatorio de Diego Rodríguez:
«Recursos e valores ornitolóxicos da Limia».

🕠 17:30 h – Encontro de ornitólogos e naturalistas de Galicia.

🍽️ 21:00 h – Cea.

📍 SÁBADO 14 DE NOVEMBRO

🔭 10:00 h – Saída ao campo polas Areieiras de Sandiás e Gomareite, unha oportunidade única para observar e coñecer de preto a riqueza natural do noso territorio.

💚 Vén celebrar connosco a xornada de ornitoloxía na Limia!

📩 Máis información:
[email protected]
https://limia-arnoia.gal/a-limia-reune-especialistas-e-amantes-das-aves-nas-xornadas-de-ornitoloxia-20-na-limia/

📞 604 09 46 65

🌐 www.xeodestinoalimia.gal

Agardámoste! Comparte esta publicación e axúdanos a difundir a nosa paixón polas aves e pola natureza. 🐦

🚗 Accidente na saída da autoestrada en sandiás, en sentido vigoA Agrupación de Protección Civil de Sandiás foi activada ...
03/11/2026

🚗 Accidente na saída da autoestrada en sandiás, en sentido vigo

A Agrupación de Protección Civil de Sandiás foi activada o luns 2 de novembro, ás 19:26 horas, a través do 112, para intervir nunha colisión rexistrada na saída da autovía, no termo municipal de Sandiás, en sentido Vigo.

O accidente produciuse cando un turismo impactou contra os restos dun pneumático que se atopaban na calzada.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais nin se rexistraron feridos.

Os voluntarios de Protección Civil de Sandiás desprazáronse ata o lugar para atender a incidencia e colaborar nas tarefas necesarias para garantir a seguridade na zona.

👏 Grazas aos voluntarios polo seu traballo e compromiso coa seguridade da cidadanía.

🍂🎃Sandiás encheuse de maxia, cores e ilusión: o PAI celebrou o «Truco ou trato» e un Samaín de conto!Y el suelo se fue a...
03/11/2026

🍂🎃Sandiás encheuse de maxia, cores e ilusión: o PAI celebrou o «Truco ou trato» e un Samaín de conto!

Y el suelo se fue abrigando con hojas, se fue vistiendo de otoño (J. M. Serrat).

O Punto de Atención Infantil (PAI) do Concello de Sandiás viviu o pasado venres 30 de outubro unha xornada moi especial coa celebración da Festa do Outono e do Samaín, unha cita chea de fantasía, tradición, creatividade e diversión na que os nenos e nenas, as familias e o equipo educativo foron os grandes protagonistas.

A xornada comezou pola mañá cun roteiro pola aldea de Sandiás cunha divertida xornada de «Truco ou trato». A acollida dos veciños, un ano máis, foi marabillosa! Un agradecemento a Pepita, Rosa Mari, Fernando, Andrea, á farmacéutica e aos compañeiros do Concello. Un agradecemento especial para Uxía, por decorar a súa casa de Samaín con tanto agarimo e cariño e permitir que os nenos desfrutasen da decoración. Para eles, cada detalle é un descubrimento.
Grazas ás familias polo seu acompañamento durante o percorrido. O regreso foi coas cestiñas cheas. Tanto se desfrutou das lambetadas que despois o xantar quedou un pouquiño en segundo plano...

Xa pola tarde, a celebración trasladouse ás instalacións do PAI, que se converteron nun espazo cheo de ambiente outonal e de Samaín grazas á decoración dos seus interiores, realizada coa colaboración das familias.

A festa continuou cunha merenda temática e diferentes obradoiros e actividades nos que os máis pequenos puideron dar renda solta á súa imaxinación. Houbo propostas creativas, maquillaxe facial con motivos propios do Samaín, decoración de cabezas, xogos con globos e actividades para experimentar, crear e g***r en compañía.

Os disfraces, a cor, as risas e as ganas de pasalo ben acompañaron unha tarde na que tampouco faltaron os xogos e os momentos compartidos. A celebración rematou cunha deliciosa comida e unha rica sobremesa, poñendo o broche final a unha xornada festiva na que a convivencia e a participación das familias tiveron un papel fundamental. Unha festa para recibir o outono da mellor maneira, mantendo vivas as tradicións do Samaín e creando lembranzas inesquecibles para os máis pequenos.

Porque, como di Joan Manuel Serrat, «Y el suelo se fue abrigando con hojas, se fue vistiendo de otoño». E en Sandiás, o outono tamén se vestiu de sorrisos, disfraces e moita maxia.

O universo literario da lagoa de antela na quinta de saler, de antón riveiro coello, na visita guiada ao centro de inter...
02/11/2026

O universo literario da lagoa de antela na quinta de saler, de antón riveiro coello, na visita guiada ao centro de interpretación da lagoa de antela

Un bautismo literario na comarca da Limia: o Clube Couto Literario

O pasado sábado, 30 de outubro, 19 participantes de Pontevedra, integrantes do Clube «Couto Literario», que tivo o seu bautismo no Couto Mixto, realizaron por primeira vez unha xeira pola comarca da Limia, con visitas a Xinzo, Baltar, Couto Mixto, Rubiás e Meaus. Nesta ocasión, visitaron o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, en Sandiás, acompañados polo escritor limiao que xa transcende as fronteiras nacionais, Antón Riveiro Coello, autor de A Quinta de Saler, unha obra ambientada no Couto Mixto e na Lagoa de Antela, na comarca da Limia. Foi unha visita intensa, de preto de dúas horas, preparada especialmente para o clube de lectura e afastada das visitas convencionais que habitualmente se realizan.

O universo literario da Lagoa de Antela na obra A Quinta de Saler e os núcleos temáticos da Lagoa de Antela presentes na obra literaria

Economías perdidas da Lagoa

Comezamos cun breve relato sobre o marco xeográfico da Lagoa de Antela no conxunto do Complexo Húmido Limia-Antela, que nos serviu de introdución ao relato das economías perdidas da lagoa: as ras, as sambesugas, o peixe, a caza de patos e a recollida de ovos.

Falamos da presenza da ra no comercio local, nacional e internacional, así como da súa presenza nas fontes das prazas de Xinzo, nos canzorros das igrexas románicas e na variada gastronomía local. Pasamos revista á caza de patos, contemplando a fotografía dos Massó e do presidente da Deputación de Ourense nos anos trinta cazando estas aves, e tamén á recollida de ovos, a través da fotografía histórica do carro de vacas cruzando a lámina de auga da Lagoa pola Auguiña Crara.

Así mesmo, comentamos as zonas de terreos lamacentos, o monocultivo da pataca e a gandaría da Limia, destacando os bois negros de raza limiá, a carellá portuguesa e a cachena.

Xeografía mítica do Lago Beón

En A Quinta de Saler fálase da cidade de Antioquía, das escavacións cribadoras, do bruión, dos misterios da Torre de Sandiás e «do zunido e as picaduras dos insectos que facían interminables as noites do verán».

No relato da Casa da Lagoa achegamos dúas versións da lenda da cidade de Antioquía, tomadas de Elixio Rivas. Falamos tamén da deusa Navia e de Santa Mariña, figuras próximas ao medio acuático e transmutadas en deusa, santa e moura. Así mesmo, lemos en voz alta o conto dunha noite noitébrega, chea do croar das ras e da presenza do bruión; a lenda do exército do rei Artús e dos seus cabaleiros, que dá conta dos terribles cínifes que pululaban pola lagoa co seu asolagador zunido, en palabras de Vicente Risco. Finalizamos co afán das «escavacións cribadoras» do protagonista, Toribio Mouteira, na chaira da Lagoa, que nalgún momento vinculamos, de maneira fantasiosa, coa procura de tesouros inspirada no libro do Ciprianillo.

Perda da identidade territorial: a xeografía cultural e a memoria das palabras ligadas á terra

A Quinta de Saler fálanos da perda da identidade territorial e da memoria en diversas pasaxes dispersas ao longo da obra.

Durante a visita guiada utilizamos un dos primeiros escritos de Antón Riveiro Coello, o relato curto «O afogado de Baronzás», para mostrar o papel dos nenos e dos devanceiros como pontes entre o mundo real e o alén, así como a memoria soterrada e os recordos que persisten nas persoas. Neste caso, en Antón, aínda que a terra leve se convertera hai tempo nun secarral. Seguidamente, pasamos revista ao papel desempeñado pola toponimia e a microtoponimia, achegando diversos exemplos de Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Sandiás.

Patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e etnográfico asociado á Lagoa de Antela
A Quinta de Saler fálanos «dun escuadrón de garzas que perdían o seu voo espigado pola torre de Sandiás», das «casopas de casa á beira da lagoa», de achados de tesouros de prata, do cultivo do liño e de oficios como a seitura e os ferreiros, entre outros.

Na visita guiada presentamos a arquitectura sustentable en terra (terróns ou felpas elaborados cunha mestura de terra e beón da Lagoa de Antela), así como restos arqueolóxicos vinculados a un hipotético Neolítico (palafitos e punta de frecha), da man do investigador Conde Valvís. Abordamos tamén os misterios e o folclore ligados á Torre do Castro, en Sandiás, concretamente os relatos sobre escavacións vinculadas ao libro do Ciprianillo, o grimorio dos tesouros; o Mosteiro de Trandeiras, na parte oriental da Lagoa, e a lenda do rei Artús e dos mosquitos convertidos en guerreiros.

Completamos este percorrido co pazo do Telleyro, en Couso de Limia, xunto coas referencias á fidalguía e ao pagamento de tributos como a lutuosa, o herbaxe, o décimo e a fumaxe. Por último, relatamos os distintos pasos do tratamento do liño, unha actividade moi próspera nos séculos XVI e XVII en Sandiás e Couso de Limia, onde se concentraba o maior número de tecedeiras. Referímonos tamén aos enlagamentos nos ollos da Ponte das Poldras, en Vilariño, entre outros aspectos.
Un novo guiño a Otero Pedrayo no ano Oteriano

A visita comezou coa presentación da lámina número 11 da Carta Xeométrica de Galicia, elaborada por Domingo Fontán, na que aparece cartografada a Lagoa de Antela. Trátase do mapa de Galicia que o xeógrafo Ramón Otero Pedrayo tiña na súa casa grande de Trasalva, en Amoeiro.

Para Otero Pedrayo, o mapa funcionaba como unha ferramenta científica e poética. Ao contemplar as súas liñas, o espectador non vía unicamente curvas de nivel, senón tamén a historia, os camiños, as lendas e a paisaxe do territorio representado, neste caso, o da Limia. O mapa convertíase así nun instrumento de educación sentimental, que permitía coñecer e aprender a amar a propia terra, neste caso, o Couto Mixto e a Lagoa de Antela, na comarca da Limia.

Unha visita que deixa abertas as portas a novos encontros

Pola intensidade da xornada e pola limitación do tempo dispoñible, non foi posible visitar o resto da Casa da Lagoa nin afondar noutros temas de interese, como o pobo dos limicos, diferentes aspectos etnográficos, o proceso de desecamento e a concentración parcelaria, entre outros.

Desde a Casa da Lagoa valorouse moi positivamente esta visita, así como o interese amosado polos participantes ao longo da actividade. Agradecemos a súa visita e agardamos que a experiencia resultase proveitosa. As portas da Casa da Lagoa permanecen abertas para futuras ocasións, coa vontade de seguir compartindo coñecementos sobre un territorio cuxa historia, paisaxe, biodiversidade e patrimonio cultural ofrecen moito máis por descubrir.

🚨 PROTECCIÓN CIVIL DE SANDIÁS INTERVÉN NUN ACCIDENTE DE TRÁFICO EN PIÑEIRA DE ARCOSA Agrupación de Protección Civil de S...
30/10/2026

🚨 PROTECCIÓN CIVIL DE SANDIÁS INTERVÉN NUN ACCIDENTE DE TRÁFICO EN PIÑEIRA DE ARCOS

A Agrupación de Protección Civil de Sandiás interveu ás 9:55 horas deste xoves, 29 de outubro, nun accidente de tráfico rexistrado na estrada N-525, á altura do acceso á autovía en Piñeira de Arcos.

Os voluntarios desprazados ata o lugar realizaron labores de sinalización e balizamento da zona para advertir aos condutores e evitar novos incidentes, garantindo a seguridade viaria ata a chegada da Garda Civil de Tráfico, que se fixo cargo da situación.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

Desde Protección Civil de Sandiás queremos reiterar o noso compromiso coa seguridade da cidadanía e coa colaboración co resto dos servizos de emerxencia.

💙 PROTECCIÓN CIVIL DE SANDIÁS, SEMPRE AO SERVIZO DA CIDADANÍA.

🎃👻P.A.I. Concello de Sandiás | Samaín 2026👻🎃🧙‍♀️🕸️ Prepárate para vivir unha tarde de medo… e moita ledicia! 🕸️🧙‍♂️O ven...
29/10/2026

🎃👻P.A.I. Concello de Sandiás | Samaín 2026👻🎃

🧙‍♀️🕸️ Prepárate para vivir unha tarde de medo… e moita ledicia! 🕸️🧙‍♂️

O venres 30 de outubro, agardámosvos no Punto de Atención Infantil (PAI) do Concello de Sandiás para celebrar o Samaín cunha tarde chea de diversión, creatividade e maxia para os máis pequenos! 🧡🖤

📍 Lugar: Punto de Atención Infantil do Concello de Sandiás.

📅 Data: Venres, 30 de outubro de 2026.

🕠 Horario: A partir das 17:30 h.

🎉 PROGRAMA DE ACTIVIDADES

🍪 17:30 h – Merenda temática de Samaín Unha merenda terrorificamente deliciosa, achegada polas familias. 😋🎃

🎨 18:30 h – Obradoiros e estacións 🧡 Cabaciñas con arte: decoraremos cabaciñas. 👻 Pantasmas colgantes: elaboraremos pantasmas para decorar. 💀 Pintacaras terrorífico: converterémonos en auténticas criaturas de Samaín. 👶 Estación sensorial de cabaciñas para bebés: un espazo para explorar e experimentar cos sentidos.

📚🎶 E para rematar a celebración… Conto de “Calabaza, calabacita”, cantado e baile de disfraces típicos de Samaín! 🧙‍♀️🦇🕺

🧡 Preparade os disfraces, as ganas de pasalo ben e o espírito máis festeiro, que nos espera unha tarde chea de sorpresas!

🎃 Agardámosvos!

👻🕸️

🕯️ O Concello de Sandiás súmase á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para unha concen...
28/10/2026

🕯️ O Concello de Sandiás súmase á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para unha concentración hoxe ás 20:00 horas.

📍 Debido á premura da convocatoria, convidamos á veciñanza a reunirse diante da Casa do Concello de Xinzo da Limia.

🖤 En memoria das vítimas do tráxico accidente ferroviario na provincia de Toledo.

A Universidade de Vigo achégase á historia, á paisaxe e á memoria da Lagoa de Antela a través do seu Programa Universita...
28/10/2026

A Universidade de Vigo achégase á historia, á paisaxe e á memoria da Lagoa de Antela a través do seu Programa Universitario para Maiores

Participantes na materia Diversidade paisaxística e cultural visitaron o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela nunha saída didáctica

A Universidade de Vigo desenvolve no campus de Ourense o Programa Universitario para Maiores, no que participan persoas interesadas en ampliar os seus coñecementos en diferentes ámbitos. Preto de vinte alumnos e alumnas da materia Diversidade paisaxística e cultural, acompañados pola profesora Ana Cebreiros, visitaron o pasado martes 27 de outubro o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, nunha saída didáctica destinada a coñecer a historia, a evolución paisaxística e os valores naturais e culturais deste emblemático humidal da comarca da Limia.

Un guiño ao xeógrafo Otero Pedrayo no seu ano oteriano

A visita comezou coa presentación da lámina número 11 da carta xeométrica de Galicia, elaborada por Domingo Fontán, na que aparece cartografada a Lagoa de Antela. Trátase do mapa de Galicia que o xeógrafo Ramón Otero Pedrayo tiña na súa casa grande de Trasalva, en Amoeiro.

Para Otero Pedrayo, o mapa funcionaba como unha ferramenta científica e poética. Ao contemplar as súas liñas, o espectador non vía unicamente curvas de nivel, senón tamén a historia, os camiños, as lendas e a paisaxe do territorio representado, neste caso, o da Limia. O mapa convertíase así nun instrumento de educación sentimental, que permitía coñecer e aprender a amar a propia terra.

Visionado do audiovisual sobre a Lagoa de Antela

A intensa visita, que se desenvolveu entre as 16.30 e as 18.00 horas, comezou co visionado dun audiovisual que serviu de introdución aos diferentes aspectos do humidal natural da Lagoa de Antela.

A través de reproducións cartográficas e imaxes históricas, os participantes afondaron no coñecemento da lagoa e dos proxectos que se formularon para a súa desecación. Abordáronse aspectos xerais, como as súas dimensións, e analizáronse diversas fotografías históricas, o uso das barcas e os diferentes intentos de desaugamento.

Neste apartado fíxose unha breve referencia a diversas lendas e contos, entre eles o da cidade de Antioquía. Tras unha aproximación ao folclore, á etnografía e ás economías tradicionais desaparecidas da lagoa —como o comercio de ras, sambesugas, ovos e peixes—, a visita concluíu este bloque cunha introdución á xeografía cultural aplicada á Lagoa de Antela e unha reflexión xeral sobre a toponimia.

Exposición dos tres procesos de modificación da paisaxe da conca da Limia
A continuación, analizáronse polo miúdo os tres procesos fundamentais que explican a transformación da conca da Limia e os profundos cambios experimentados pola súa paisaxe e polos usos do territorio.

O primeiro foi o proceso natural, desenvolvido ao longo de millóns de anos, que deu lugar á localización da Lagoa de Antela na parte occidental da chaira. O segundo centrouse na desecación da lagoa e o terceiro, no proceso de concentración parcelaria, que modificou a paisaxe agraria tradicional da zona.

No relativo á desecación, repasáronse os distintos intentos de desaugamento da lagoa e analizouse polo miúdo o proceso impulsado durante o franquismo, na etapa do desenvolvementismo económico. Examináronse tanto as consecuencias desta intervención como as deficiencias no seu plantexamento. Pola súa banda, o estudo da concentración parcelaria permitiu abordar as transformacións territoriais derivadas deste proceso e as súas consecuencias sobre a paisaxe tradicional da Limia.

Para completar a explicación, presentáronse varios exemplos de proxectos de restauración ambiental: o Humidal Antonio Vilariño, na Veiga de Vilaseca, e o proxecto da Veiga de Gomareite. Ambos constitúen exemplos de biodiversidade vinculados á Lagoa de Antela, onde destacan diferentes especies de aves e flora endémica, así como o labor de voluntariado da Sociedade Galega de Historia Natural.

Unha visita que deixa abertas as portas a novos encontros
Pola intensidade da xornada e pola limitación do tempo dispoñible, non foi posible visitar o resto da Casa da Lagoa nin afondar noutros temas de interese, como o pobo dos limicos, as economías tradicionais desaparecidas da lagoa, diferentes aspectos etnográficos ou a xeografía mítica, coas súas lendas e tradicións.

Desde a Casa da Lagoa valorouse moi positivamente esta segunda visita do alumnado do Programa Universitario para Maiores da Universidade de Vigo, así como o interese amosado polos participantes ao longo da actividade.

Agradecemos a súa visita e agardamos que a experiencia resultase proveitosa. As portas da Casa da Lagoa permanecen abertas para futuras ocasións, coa vontade de seguir compartindo coñecementos sobre un territorio cuxa historia, paisaxe, biodiversidade e patrimonio cultural ofrecen moito máis que descubrir.

A Lanterna Máxica: contos á luz das lanternas para espertar a imaxinación dos máis pequenos en SandiásO Punto de Atenció...
27/10/2026

A Lanterna Máxica: contos á luz das lanternas para espertar a imaxinación dos máis pequenos en Sandiás

O Punto de Atención á Infancia acolleu o 26 de outubro unha sesión de contacontos que achega a lectura ás nenas e aos nenos a través da luz, os sentidos e a fantasía.

O Punto de Atención á Infancia (PAI) de Sandiás converterase nun escenario cheo de maxia e misterio coa actividade «A Lanterna Máxica», unha proposta de contacontos dirixida ás nenas e aos nenos do centro.

A sesión tivo lugar este luns, 26 de outubro, de 10.30 a 11.00 horas organizada pola Furgoteca con Reme Cid e ofreceu unha forma diferente de achegarse ao mundo dos libros e das historias. Para iso, as lanternas foron as protagonistas dunha experiencia na que a luz permitirá iluminar os personaxes e as escenas do relato, creando unha atmosfera especial que estimulará a imaxinación dos máis pequenos.

A iniciativa busca espertar a curiosidade, favorecer a atención e fomentar o interese pola lectura desde as primeiras idades, empregando recursos visuais e sensoriais que fagan da narración unha experiencia participativa e atractiva.

Con esta proposta, o PAI de Sandiás aposta por actividades que combinan a literatura coa experimentación e o xogo, demostrando que os contos tamén poden descubrirse a través da luz, das emocións e da fantasía.

Así, «A Lanterna Máxica» convida os máis pequenos a mergullarse nun universo de historias no que cada feixe de luz pode revelar unha sorpresa e converter a lectura nunha pequena aventura.

📚 Nova cita coa Furgoteca en Sandiás na ruta do   26 de  ! .  🌀 A lanterna máxica. Lugar: Pai de Sandiás📅 Data e itinera...
26/10/2026

📚 Nova cita coa Furgoteca en Sandiás na ruta do 26 de !

.
🌀 A lanterna máxica. Lugar: Pai de Sandiás

📅 Data e itinerario ruta:

📌 26 de Outubro, luns

📍 Cerredelo (A beira da marquesiña) – 10.00 h a 10.20 h
📍 Sandiás ( PAI e CEIP) – 11:30 h a 13.00 h
📍 Chousela, A Corga e Cardeita (Escolas Corga).14:30 h-15.10 h
📍 Lavandeira e Zadagós (Centro Orixe) – 15:15 h a 16:00 h

↪️ Aproveita esta iniciativa e vén buscar de Usuario. e de , , , publicacións periódicas, , en DVD, préstamo de , , recomendacións de lecturas...

Dirección

Campo San Nicolás, Nº 2
Sabiñánigo
32692

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Sandiás publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos