Concello de Cea

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Cea Concello de la provincia de Ourense (España) en donde esta ubicado en Monasterio de Oseira y en donde se elabora el mejor pan del mundo. ONDE O PAN é ARTE.

Comenzaron todas as Actividades Deportivas e Formativas programadas a excepción de Zumba que comezará este vindeiro mart...
09/10/2026

Comenzaron todas as Actividades Deportivas e Formativas programadas a excepción de Zumba que comezará este vindeiro martes.

LUNS
Escola de Memoria en Pontemandrás
Cachibol en Cea (Pavillón de Deportes)
Ximnasia en Cea (Pavillón de Deportes)

MARTES
Novas Tecnoloxias en Cea (Ed. Multiusos)
Ioga en Pontemandrás
Zumba en Cea (Pavillón de Deportes)

MÉRCORES
Escola de Memoria en Pereda
Escola de Memoria en Casasnovas
Ximnasia en Casasnovas
Ioga en Cea (Ed. Multiusos)
Kick Boxing en Cea (Pavillón de Deportes)
Pilates en Cea (Pavillón de Deportes)

XOVES
Escola de Memoria en Cea (Ed. Multiusos)
Ximnasia en Cea (Pavillón de Deportes)

Ainda podés incorporarte a todas as actividades que contan xa con mais de 250 participantes (alguns repiten mais dunha actividade)

Inscríbete na Casa do Concello ou no 672 12 23 00


Partidos da Fin de Semana!Partidos dos equipos das Escolas Deportivas da fin de Semana.
09/10/2026

Partidos da Fin de Semana!

Partidos dos equipos das Escolas Deportivas da fin de Semana.

MAGOSTO POPULAR Adiantamos data para o Magosto Popular.📅 14 de novembro 📌 Pavillón de DeportesO 19 de outubro estarán di...
09/10/2026

MAGOSTO POPULAR

Adiantamos data para o Magosto Popular.

📅 14 de novembro

📌 Pavillón de Deportes

O 19 de outubro estarán dispoñibles os tickets para o mesmo e ampliaremos información do menú (infantil e adulto).

PEREDA EN FESTAS!Desde mañá venres ata o vindeiro domingo  a parroquia de Pereda  honra a Virxe do RosarioAs Festas son ...
08/10/2026

PEREDA EN FESTAS!

Desde mañá venres ata o vindeiro domingo a parroquia de Pereda honra a Virxe do Rosario

As Festas son intres de devoción, de ledicia, de lecer, de xuntanza con familiares e amigos, son intres que axudan a poñer en común lembranzas e anhelos.

A todos os veciños desta fermosa parroquia, BOAS FESTAS, a todos os demais, invitamos a ir a Pereda, a desfrutar do amplo e variado programa de actividades que a incansable comisión preparou para todos, para eles o agradecemento cada un de nós.

Compartimos o amplo programa de actividades*
para os vindeiros días.


O Obradoiro Vía da Prata V avanza coa formación de 20 alumnos traballadores.E si, a parte fundamental desta iniciativa e...
08/10/2026

O Obradoiro Vía da Prata V avanza coa formación de 20 alumnos traballadores.

E si, a parte fundamental desta iniciativa e potenciar a formación pero ademais repercute en labores propias de cada un dos dous módulos, forestal e albanelería.

A finalidade fundamental e que os alumnos acaden coñecementos teórico prácticos para insertarse no mercado laboral de forma integral.

Realizan ademáis tarefas ao longo de todo o concello, que van en beneficio da veciñanza.

Está acción está promovida polos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín.


ACTIVIDADES DEPORTIVAS E FORMATIVAS 2026/27Esta semana comezou o curso de actividades Deportivas e Formativas, e ainda q...
07/10/2026

ACTIVIDADES DEPORTIVAS E FORMATIVAS 2026/27

Esta semana comezou o curso de actividades Deportivas e Formativas, e ainda que xa anunciamos a oferta completa, desgranaremos nestes días todas a accións programadas.

As clases de Pilates son os mércores ás 20 horas e as 21 horas no Pavillón de Deportes.

Está é unha actividade xa programada en anos amteriores, ainda podes incorporarte

Inscricións na Casa do Concello ou no teléfono 672122300 (tamén WhatsApp). Necesario nome, apelidos, número de teléfono e horario escollido.


ACTIVIDADES DEPORTIVAS E FORMATIVAS 2026/27Esta semana comezou o curso de actividades Deportivas e Formativas, e ainda q...
06/10/2026

ACTIVIDADES DEPORTIVAS E FORMATIVAS 2026/27

Esta semana comezou o curso de actividades Deportivas e Formativas, e ainda que xa anunciamos a oferta completa, desgranaremos nestes días todas a accións programadas.

As clases de Kick Boxing son os mércores ás 19:30 horas no Pavillón de Deportes.

Está é unha actividade de nova programación, ainda podes incorporarte

Inscricións na Casa do Concello ou no teléfono 672122300 (tamén WhatsApp). Necesario nome, apelidos, número de teléfono e horario escollido.


Facer unha visita a Oseira é boa idea todo o ano, facela nesta datas aporta un riqueza cromática increíble.O Campo de Ca...
06/10/2026

Facer unha visita a Oseira é boa idea todo o ano, facela nesta datas aporta un riqueza cromática increíble.

O Campo de Casledo, o Miradoiro Val de Oseira, o Museo Olimpio Liste e, como non, o grandioso Mosteiro Cisterciense de Oseira



Sabes que??O Pan de Cea foi o primeiro e acadar selo de calidade en toda Europa??Pois ben, este produto singular, feito ...
05/10/2026

Sabes que??

O Pan de Cea foi o primeiro e acadar selo de calidade en toda Europa??

Pois ben, este produto singular, feito artesanalmente, so se pode elaborar no termo municipal de San Cristovo de Cea...


Dirección

Plaza Mayor, 1
San Cristóbal De Cea
32130

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Cea publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Cea:

Atajos

Compartir

Categoría