BNG Malpica

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

BNG Malpica Páxina Oficial do Bloque Nacionalista Galego de Malpica de Bergantiños

03/10/2026
03/10/2026

🟥 A oitava pregunta que fixemos no pleno ordinario do mes de setembro de 2026 foi:

🟥 No pleno ordinario do mes de marzo de 2025 preguntábamos para que se realizaran dúas cimentacións, unha xunto a Ermida do Santo Hadrián e outra na baixada á praia de Seaia na zona do instituto, e tamén preguntábamos se solicitaran os permisos oportunos xa que se atopaban dentro do espazo da Rede Natura.

A resposta do Concelleiro de Medioambiente, Sr. Rodrigo Mato, foi que non pediran os permisos, pero que o ían facer.

Despois de preguntar en varios plenos, por última vez no pleno de Setembro de 2025 (FAI UN ANO AGORA), solicitaron os permisos oportunos, se fose necesario, para a realización de ditas cimentacións?

🟥 Podedes escoitar a resposta do Sr. Rodrigo Mato (Concelleiro de Medioambiente) no vídeo que se achega.

03/10/2026

🟥 A séptima pregunta que fixemos no pleno ordinario do mes de setembro de 2026 foi sobre a ordenanza de autocaravanas:

🟥 O 26 de xullo de 2024 presentamos un rogo no que solicitábamos a elaboración dunha ordenanza municipal e a creación dunha área específica para autocaravanas. Despois de MÁIS DE DOUS ANOS da presentación de dita iniciativa aínda seguimos esperando.

Como van os trámites ao respecto da regulación do estacionamento e tránsito de autocaravanas no noso Concello?

🟥 Lembramos que en marzo de 2026 o alcalde díxonos que o traería ao próximo pleno.

🟥 Podedes escoitar a resposta do Sr. Rodrigo Mato (Concelleiro de Medioambiente) e do Sr. Parga (PP) no vídeo que se achega.

01/10/2026

🟥 A sexta pregunta que fixemos no pleno ordinario do mes de setembro de 2026 foi:

🟥 Veciños do Empalme achégannos as súas queixas polo abandono e a falta de limpeza viaria.
Como está feita a planificación da limpeza viaria en Buño e Leiloio?

🟥 Podedes escoitar a resposta do Sr. Parga (PP) e do Sr. Miguel Ángel Fernández Mirás (Concelleiro de Servizos e Obras) no vídeo que se achega.

01/10/2026

🟥 A quinta pregunta que fixemos no pleno ordinario do mes de setembro de 2026 foi esta:

🟥 Traballadores do Centro Médico de Malpica infórmannos que non chegan as prazas de aparcamento habilitadas e que solicitaron unha ampliación de dúas prazas máis de estacionamento.

Que pensan vostedes facer ao respecto?

🟥 Podedes escoitar a resposta do Sr. Parga (PP) e do Sr. Rodrigo Mato (Concelleiro de Tráfico) no vídeo que se achega.

01/10/2026

🟥 A cuarta pregunta que fixemos no pleno ordinario do mes de setembro de 2026 foi a que sigue:

🟥 Está feita a valoración e as actuacións que se van levar a cabo dos danos causados pola ruptura da balsa de Monte Neme?

🟥 Podedes escoitar a resposta do Sr. Parga (PP) no vídeo que se achega.

30/09/2026

🟥 A terceira pregunta que fixemos no pleno ordinario do mes de setembro de 2026 foi a seguinte:

🟥 En que punto se atopan as licitacións do Servizo de Axuda ao Fogar (SAF) e do Centro de Día?

🟥 Podedes escoitar a resposta do Sr. Parga (PP) no vídeo que se achega.

30/09/2026

🟥 A segunda pregunta que fixemos no pleno ordinario do mes de setembro de 2026 foi a seguinte:

🟥 No anterior pleno ordinario do mes de xullo preguntábamos de novo polo Informe Técnico-Xurídico do Edificio Canido, nº 1. Vostede (Sr. Parga, PP) contestaba que a ver se o entregaban na semana seguinte a ese pleno de xullo.

Foi entregado ese informe?

🟥 Podedes escoitar a resposta do Sr. Parga no vídeo que se achega.

🟥 Lembramos que pasaron xa DOUS ANOS (pleno ordinario de setembro de 2024) desde que solicitamos a realización dun informe técnico e xurídico sobre o edificio Canido 1, da promotora Playa Canido, S.L.

29/09/2026

🟥 No pleno ordinario do mes de setembro de 2026 fixemos 8 preguntas. A primeira delas foi a de sempre:

🟥 Hai algunha nova respecto aos estudos que está a realizar Portos de Galiza para a mellora da seguridade do porto de Malpica?

Contestación do Sr. Parga (PP): "Non"

🟥 Seguimos lembrando que xa van SETE anos do afundimento do pesqueiro Silvosa na dársena e CINCO anos da emisión do informe do CIAM, que insta a Portos de Galicia a non demorar a conclusión dos estudos iniciados e a execución das obras resultantes.

29/09/2026

🟦 No punto 3º do pleno ordinario celebrado o pasado xoves, 24 de setembro de 2026, tratouse a Conta Xeral 2025.

🟦 Este punto nº 3 aprobouse cos votos a favor do PP (6), e coas abstencións do BNG (2), PSOE (4) e AIM (1).

🟦 A posición do BNG de Malpica sobre este punto foi a que se achega no vídeo adxunto.

Dirección

Sangenjo

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG Malpica publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a BNG Malpica:

Compartir

Categoría