Policía Local de Ribeira

Cómo llegar Página web

Policía Local de Ribeira Perfil oficial do corpo da Policía Local de Ribeira. Canle informativa. Teléfonos de incidencias e urxencias 112 / 981 871 178

Esta canle non atende denuncias, en caso de URXENCIA ou EMERXENCIA chama ao teléfono 112 / 092 / 981 871 178

ℹ️ Información de Tráfico🚴🏼‍♀️ O próximo domingo 6 de setembro o Clube Natación Ribeira organiza, en colaboración co Con...
02/09/2026

ℹ️ Información de Tráfico

🚴🏼‍♀️ O próximo domingo 6 de setembro o Clube Natación Ribeira organiza, en colaboración co Concello de Ribeira o Campionato Xunta de Galicia de Triatlón Súper Sprint nas categorías Xuvenil, Cadete, Infantil e Inclusiva.

⛔ A competición terá lugar na Praia e Paseo de Coroso, nas fases de natación e carreira, percorrendo os participantes na fase ciclista, un circuito pola Estrada Xeral dende Coroso e a Avenida da Paz pola Carballa, ata a Autovía do Barbanza.

⏱️ Para garantir a seguridade da proba, dende a Policía Local de Ribeira pecharemos o circuito en bicicleta dende as 09:30 ata as 12:00 horas, polo que os residentes afectados e os condutores que acudan a Ribeira dende Palmeira, terán que ter en conta esta eventualidade na mañá do domingo, para organizar os seus desprazamentos.

👮🏼‍♂️ Na mañá de hoxe 14 de agosto, Axentes de garda da Policía Local de Ribeira realizaron un control preventivo, sobre...
14/08/2026

👮🏼‍♂️ Na mañá de hoxe 14 de agosto, Axentes de garda da Policía Local de Ribeira realizaron un control preventivo, sobre o cumprimento das restriccións á circulación, establecidas na Parroquia de Corrubedo nos meses de xullo e agosto.

⛔ Durante o dito control foron desviados un total de 92 vehículos que pretendían acceder á zona restrinxida, sen o amparo dalgunha das causas que xustifican a entrada.

🗓️ Cómpre lembrar que ata setembro continúan vixentes as restriccións de paso, polo que se desexamos acudir a Corrubedo por lecer debemos estacionar con anterioridade a acudir a pé.

🚶🏼‍♀️ A andaina dende a Rúa Bos Aires, Delicias ou dende os aparcamentos habilitados na contorna é moi curta e permite desfrutar dun fermoso pobo costeiro máis libre de vehículos, tanto aos residentes como aos visitantes.

ℹ️ Información de tráfico🗓️ Dende o xoves 13 ao domingo 16 de agosto celébrase nas rúas peonís Porta do Sol, Praza do Co...
11/08/2026

ℹ️ Información de tráfico

🗓️ Dende o xoves 13 ao domingo 16 de agosto celébrase nas rúas peonís Porta do Sol, Praza do Concello e Rúa de Galicia, a Feira Mariñeira Artemar.

🅿️ Dende a Policía Local de Ribeira lembrámoslle aos usuarios dos garaxes afectados o horario e a rúa máis axeitada para o acceso e saída cos seus vehículos.

👮🏼‍♂️ A montaxe dos postos terá lugar a partir das 12:00 horas do xoves 13 e os axentes de garda colaborarán coa organización da feira para que nos entronques das rúas afectadas non haxa problemas de maniobrabilidade.

🤗 Agradecemos a paciencia que os usuarios teñen nestas datas, ante calquer inconvinte contacta coa Policía Local e se podes evita os desprazamentos nas horas de máis afluencia de persoas.

ℹ️ Información de Tráfico🌗 O vindeiro mércores 12 de agosto con motivo da Eclipse Solar, a Policía Local de Ribeira ten ...
10/08/2026

ℹ️ Información de Tráfico

🌗 O vindeiro mércores 12 de agosto con motivo da Eclipse Solar, a Policía Local de Ribeira ten previsto dous dispositivos de tráfico nos puntos que o Departamento de Turismo habilitou con Actividades Guiadas para a súa observación.

⛔ Tanto no mirador da Pedra da Rá como no Faro de Corrubedo estará prohibido o acceso en vehículos a motor ou ciclomotores, poderase acceder a pé, en bicicleta ou en VMP, coa excepción das persoas con problemas de mobilidade que previamente o comuniquen no Departamento de Turismo do Concello de Ribeira

🅿️ Se tes previsto acudir á Pedra da Rá podes estacionar no Parque Periurbano, Capela de San Roque e Aparcamento Público diante do Instituto Leliadoura. En Corrubedo o estacionamento estará dispoñible na marxen esquerda da Estrada do Faro ata o entronque co Cemiterio, así como nos Aparcamentos Disuasorios e Rúa Bos Aires, debendo respetarse os espazos, fincas e aparcamentos privados como o do Hostal Balieiros. Igualmente as persoas con problemas de mobilidade poderán chegar ata o Faro previa comunicación.

🗣️ As actividades guiadas xa teñen o cupo cuberto e terán unha zona habilitada en cada punto de observación, que debemos respetar. A Agrupación de voluntarios y servicio municipal de protección civil-RIBEIRA estará presente nos dous puntos de observación para prestar asistencia a quen o precise e colaborar cos organizadores de ámbalas dúas actividades.

Información de interese sobre a eclipse 👇

https://eclipse.xunta.gal/portada

ℹ️ Información de tráfico⛱️ Durante os meses de xullo e agosto as zonas costeiras como Corrubedo multiplican os visitant...
05/08/2026

ℹ️ Información de tráfico

⛱️ Durante os meses de xullo e agosto as zonas costeiras como Corrubedo multiplican os visitantes, tanto de fóra do noso municipio como doutras parroquias do Concello.

⛔ 🚫 Ese aumento de visitantes é o motivo polo cal se adoptou dende fai tempo a prohibición de entrada, na zona máis céntrica, de vehículos alleos aos residentes, aos garaxes, aos profesionais do mar, aos repartidores, ao servizo do Centro de Saúde e ao uso das zonas exprés.

🅿️ Se non pertences a estes colectivos e atopas as zonas exprés ocupadas, debes volver a saír da zona restrinxida e estacionar nalgunha das outras rúas da parroquia ou ben facer uso dalgún dos Aparcamentos Disuasorios, que se atopan moi próximos á zona portuaria.

👮🏼‍♂️ A Policía Local de Ribeira incrementará a vixilancia sobre esta normativa ata final de mes. Se non pertences a ningún dos colectivos sinalados, por favor respeta a sinalización.

ℹ️ Información de tráfico.👮‍♂️ Esta noite para garantir a seguridade dos asistentes durante os tradicionais fogos de art...
02/08/2026

ℹ️ Información de tráfico.

👮‍♂️ Esta noite para garantir a seguridade dos asistentes durante os tradicionais fogos de artificio, a Policía Local de Ribeira restrinxirá a circulación dende as 23:30 horas nos seguintes puntos.

⛔ 1 - Avenida do Malecón no entronque coas rúas Galicia e Canarias (Praza do Peixe).
⛔ 2 - Rúa Romero Ortiz no entronque coa Rúa Toxo (desvío por Rúa Valle Inclán, Rúa Monumento e Centro Urbano).
⛔ 3 - Lugar do Touro no entronque coa Avenida das Airós (desvío pola Comisaria da Policía Nacional) en dirección o Lugar de Martín.

🤗 Prégase aos asistentes acudir de xeito anticipado e abandonar o lugar ordeadamente á finalización do evento, xa que somos moitas as persoas que acudimos, polo que debemos ter paciencia.

Ante calquera emerxencia ou dúbida 👇

☎️ Policia Local de Ribeira:
🆘 ️112 ℹ️ 981871178.

🤔 LEMBRADE!!! 🗓️ Hoxe, sábado 25🕐 15:00 horas🚫 Prohibido estacionar🌍 Zona Portuaria e a Avenida do Malecón🎢 Montaxe Atra...
24/07/2026

🤔 LEMBRADE!!!

🗓️ Hoxe, sábado 25

🕐 15:00 horas

🚫 Prohibido estacionar

🌍 Zona Portuaria e a Avenida do Malecón

🎢 Montaxe Atraccións das Festas do Verán

ℹ️ O vindeiro sábado 25 a Zona Portuaria e a Avenida do Malecón, quedarán reservadas para a montaxe das atraccións das F...
22/07/2026

ℹ️ O vindeiro sábado 25 a Zona Portuaria e a Avenida do Malecón, quedarán reservadas para a montaxe das atraccións das Festas do Verán.

🚫 Por tal motivo o estacionamento quedará prohibido dende as 15:00 horas.

👀 Cambios no Regulamento Xeral de Circulación para mellorar a protección das persoas usuarias vulnerables da vía.PRINCIP...
29/06/2026

👀 Cambios no Regulamento Xeral de Circulación para mellorar a protección das persoas usuarias vulnerables da vía.

PRINCIPAIS CAMBIOS

Os principais cambios introducidos no Regulamento Xeral de Circulación agrúpanse en seis grandes bloques:

1) Condutores de vehículos de mobilidade persoal (VMP)

👉 Fíxase en 15 anos a idade mínima para conducir un VMP.

👉 Deberán utilizar obrigatoriamente casco de protección e chaleco reflector durante a noite ou en situacións de escasa visibilidade. Os profesionais que circulen en VMP deberán utilizalo en todo momento. Ambas as dúas condutas constitúe nunha infracción grave con sanción económica de 200 €.

👉 Estes vehículos deberán levar sempre acendida a iluminación.

👉 Fóra dos núcleos urbanos poderá permitirse a circulación dos VMP por vías segregadas do tráfico de vehículos de motor, como vías ciclistas ou carrís bici.

2) Ciclistas

👉 Elimínanse as exencións do uso do casco e todas as persoas ciclistas deberán levalonas vías interurbanas.

👉 As persoas ciclistas que desenvolvan a súa actividade profesional neste vehículo (riders) deberán utilizar en todo momento casco de protección e chaleco reflector. Ambas as dúas situación constitúe nunha infracción grave con sanción económica de 200 €.

👉 O condutor que adiante unha persoa ciclista nunha vía interurbana deberá reducir a velocidade en, polo menos, 20 quilómetros por hora respecto ao límite establecido na vía.

👉 Ademais, nas calzadas con máis dun carril por sentido, o condutor que adiante deberá cambiar completamente de carril, ademais de deixar unha separación lateral de 1,5 metros.

👉 Nas vías urbanas:

- As persoas ciclistas circularán preferentemente polo centro do carril para mellorar a súa seguridade.

- Os condutores de vehículos de motor deberán manter unha separación mínima de 5 metros coas persoas ciclistas que circulen diante deles no mesmo carril.

- Naquelas vías dun só carril nas que a velocidade estea limitada a 30 quilómetros por hora ou menos, e logo da correspondente sinalización, a autoridade municipal poderá permitir a circulación das bicicletas nos dous sentidos.

3) Usuarios de motocicletas

👉 É obrigatorio o uso de luvas de protección para condutores e pasaxeiros de motocicletas e ciclomotores nas vías interurbanas, así como de calzado pechado en todo tipo de vías. Ambas as dúas obrigas constitúe nunha infracción grave con sanción económica de 200 €.

👉 Permítese a circulación de motocicletas polo arcén dereito cando exista conxestión de tráfico, sen superar a velocidade de 30 quilómetros por hora e sempre que o tramo estea debidamente sinalizado.

👉 Os cascos de protección das persoas usuarias de ciclomotores deberán estar obrigatoriamente homologados e non simplemente certificados.

👉 Os riders que desenvolvan a súa actividade profesional en motocicleta deberán levar chaleco reflector en todo momento. Constitúe unha infracción grave con sanción económica de 200 €.

4) Equipamento de protección

👉 Elimínanse as exencións ao uso do cinto de seguridade que existían para condutores de taxi, vehículos de transporte de mercadorías e vehículos de ensino da condución. A partir de agora deberán leval oposto en todo momento.

👉 Establécese unha excepción para as persoas pasaxeiras das ambulancias asistenciais acondicionadas para permitir asistencia técnico-sanitaria en ruta cando, durante un servizo de urxencia, ocupen o habitáculo do paciente.

5) Outras normas nas vías interurbanas

👉 Os vehículos que adianten outros inmobilizados por accidente, avaría, labores de auxilio, mantemento ou regulación do tráfico deberán deixar unha separación lateral de 1,5 metros e reducir a velocidade en, polo menos, 20 quilómetros por hora respecto ao límite da vía.

👉 Nas autoestradas e autovías, cando a circulación resulte dificultada pola neve, quedará prohibido adiantar e circularase unicamente polo carril dereito, deixando libre o carril esquerdo para a circulación dos vehículos de emerxencia e quitaneves.

👉 Cando, debido a unha retención, os vehículos circulen ao paso dunha persoa peón ou se deteñan, deberán arrimarse de maneira que deixen un espazo central libre para permitir o paso dos vehículos da policía e dos demais servizos de emerxencia, espazo denominado «carril de emerxencia».

6) Outras normas nas vías urbanas

👉 Nos pasos para peóns regulados por semáforos, como norma xeral, non poderá coincidir a luz ámbar intermitente para vehículos coa luz verde para peóns.

👉 Dótase de entidade xurídica aos camiños escolares seguros, definíndo os como o conxunto de vías acondicionadas pola autoridade competente para favorecer que os nenos e as nenas se despracen aos centros escolares a pé, en transporte público ou utilizando medios de mobilidade non motorizados.

👉 Regúlase a manobra de estacionamento das autocaravanas, que non poderán despregar elementos propios que excedan o perímetro do vehículo, entendido como a súa proxección en planta; deberán descansar unicamente sobre os neumáticos e non poderán verter fluídos procedentes do habitáculo.

ENTRADA EN VIGOR

O Real Decreto aprobado este martes polo Consello de Ministros entrará en vigor o día 1 de outubro de 2026, agás os artigos referidos á iluminación obrigatoria para os VMP e ao casco homologado para as persoas usuarias de motocicletas, que o farán o 1 de outubro de 2027.

Pola súa parte, o artigo relativo á obrigatoriedade do uso de luvas de protección homologadas será efectivo cando entre en vigor a orde ministerial que regule as súas especificacións técnicas; mentres tanto, utilizaranse luvas de protección das mesmas características ca as que se empregan na actualidade.

25/06/2026

O vindeiro xoves 2 de xullo, por mor das obras que Viaqua vai levar a cabo na Rúa Alcalde Fdez. Bermúdez, á altura do núm. 25, o tráfico que chegue do Centenario desde Miguel Rguez. Bautista desviarase cara Abesadas pola Avda. da Constitución.

Na rotonda da Serea cortarase o tráfico cara Miguel Rguez. Bautista e só se permitirá o paso do tráfico pesado: buses e camións de transporte.

Dirección

Rúa Barbanza Nº33
Santa Eugenia De Ribeira
15960

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Policía Local de Ribeira publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir