22/10/2026
🌍 Galicia tamén está alén das nosas fronteiras!
Durante xeracións, milleiros de galegos e galegas tiveron que deixar a súa terra na procura dun futuro mellor. Pero levaron con eles moito máis que unha maleta: a lingua, a cultura, as tradicións e a morriña.
💙 Hoxe, os centros galegos seguen mantendo viva esa identidade en numerosos recunchos do mundo.
🎬 No novo capítulo da nosa serie para aprender galego a través da historia e da cultura descubrimos como a emigración levou Galicia polo mundo.
▶️ Dálle ao play e acompáñanos nesta viaxe!