PSdeG Socialistas de Galicia

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

PSdeG Socialistas de Galicia Queremos unha Galicia pola Esquerda 🌹

Séguenos e infórmate de todo aquí 👇🏼

  🗳️ En Lugo estamos a un escano de conseguir o segundo deputado socialista no Congreso. E cada voto conta.Queremos segu...
10/11/2026

🗳️ En Lugo estamos a un escano de conseguir o segundo deputado socialista no Congreso. E cada voto conta.

Queremos seguir subindo o salario mínimo, mellorando as pensións e impulsando medidas que faciliten o acceso á vivenda.

Fronte a isto, PP e Vox falan de sacrificios e cuestionan dereitos como o ab**to, a eutanasia ou a memoria democrática.

Eles falan de sacrificios. Nós, de dereitos.

  🔴 Esta é a realidade da xestión do PP:🏠 En vivenda, a Xunta elimina o bono aluger para a xente moza.📊 En pensións, 36....
10/11/2026

🔴 Esta é a realidade da xestión do PP:

🏠 En vivenda, a Xunta elimina o bono aluger para a xente moza.

📊 En pensións, 36.500 persoas reciben un complemento autonómico de apenas 18 euros ao mes, conxelado desde hai anos.

🇪🇺 En industria, case 4 de cada 10 euros dos fondos europeos quedaron sen executar en 2024.

🏥 En dereitos, só 13 das 44 solicitudes de eutanasia chegaron a facerse efectivas o ano pasado.

Mañá estaremos nas mobilizacións da folga xeral, ao lado da xente traballadora.

09/11/2026

O insulto forma parte do PP de Rueda e Feijóo 🥶

09/11/2026

❤️ Coñece as nosas candidatas e candidatos pola provincia de Ourense.

Estas son as súas propostas sobre a defensa das pensións dignas, a protección da economía familiar e o futuro do noso rural, onde as pensións son un apoio fundamental para miles de familias.

En Ourense sabemos o importantes que son as pensións para miles de familias. Non só garanten o benestar dos nosos maiore...
09/11/2026

En Ourense sabemos o importantes que son as pensións para miles de familias. Non só garanten o benestar dos nosos maiores, tamén sosteñen a economía familiar e manteñen vivo o noso rural ❤️

Presentamos un equipo que combina experiencia, xuventude e compromiso para seguir defendendo unhas pensións dignas e os dereitos da nosa xente.

Temos a forza, temos a ilusión e saímos a gañar este ✊🏼

09/11/2026
09/11/2026

🛣️ 420 millóns de euros aforrados polos usuarios grazas ás bonificacións do Goberno socialista de Pedro Sánchez, con descontos de ata o 75 %.

O PP prorrogou a concesión ata 2048, penalizándo o teu peto. Agora vota en contra en Madrid da lei para que sexa unha autoestrada galega. E Rueda, que reclamaba a transferencia, agora rexéitaa.

Mentres tanto, segue cobrando peaxes na AG-55 e na AG-57, que dependen da Xunta.

O obxectivo socialista: a gratuidade da AP-9.

08/11/2026
  ⚽️ En Galicia, só o 23,5% das persoas federadas no deporte son mulleres. Unha desigualdade que temos que cambiar.Quere...
08/11/2026

⚽️ En Galicia, só o 23,5% das persoas federadas no deporte son mulleres. Unha desigualdade que temos que cambiar.

Queremos máis recursos, instalacións adecuadas, maior visibilidade das competicións femininas e garantías para que ningunha deportista teña que renunciar á súa carreira por ser nai.

A igualdade no deporte non se consegue só con aplausos desde a bancada. Precisa investimento e compromiso real.

Dirección

Rúa Do Pino, 1-9, BJ
Santiago De Compostela
15704

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando PSdeG Socialistas de Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a PSdeG Socialistas de Galicia:

Atajos

Compartir

Servicios Gubernamentales cercanos