22/10/2026
18 de outubro Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos
A trata non é só un delito. É unha grave vulneración dos dereitos humanos que priva ás persoas da súa liberdade, autonomía e dignidade.
Detrás destas situacións existen desigualdades e circunstancias de desprotección que as persoas tratantes aproveitan para exercer control e explotación.
Por iso, combater a trata tamén significa garantir dereitos, ofrecer protección e non responsabilizar as vítimas da situación que sofren.
Recursos en Santiago de Compostela:
• Policía Local: 092 · 981 542 323
• CIM: 660 309 731
• Emerxencias: 112