01/10/2026
Hoxe foi un día moi especial en Innova Senior, xa que coa chegada do mes de outubro aproveitamos para celebrar tanto o Día Internacional do Café como tamén o da Música.
En primeira instancia, xogamos a un bingo musical no que tiñamos que intentar acertar o nome da canción con tan só escoitar unha parte desta. Ademáis, seguindo a tradición repartimos premios para os gañadores e as gañadoras que tan felices posaron co seu agasallo.
Unha vez rematamos co bingo, sentámonos todos xuntos á mesa para g***r dun café acompañado dunha porción de biscoito caseiro feito tamén con café moído que preparamos pola mañá.
Como ben ides ver no vídeo, pasámolo en grande e gozamos conxuntamente dun día diferente☕️🥰🎶💜