Mocidade Compostela

Cómo llegar Página web

Mocidade Compostela Páxina oficial de facebook da Concellería de Mocidade de Santiago de Compostela

💬 As xornadas Mocidade, malestares e conflitos chegan ao seu último encontro.Nesta ocasión, Tamara Valladares de Vera, p...
20/10/2026

💬 As xornadas Mocidade, malestares e conflitos chegan ao seu último encontro.

Nesta ocasión, Tamara Valladares de Vera, profesional da educación en xuventude, e Aida Raindo Vázquez, educadora social e membro do consello de Andaina, conversarán sobre os malestares e conflitos que atravesan a mocidade actual.

📅 Mércores, 21 de outubro
🕖 Ás 19.00 h
📍 Centro Xove da Almáciga

Un espazo para compartir, escoitar e reflexionar en común. Agardámoste!

📚 Recomendación literaria: "Nós, os tolos", de Tania CasteloUn retrato coral e humano da saúde mental no rural galego, c...
17/10/2026

📚 Recomendación literaria: "Nós, os tolos", de Tania Castelo

Un retrato coral e humano da saúde mental no rural galego, con historias atravesadas pola dor e o estigma, pero tamén pola tenrura, o humor e a resiliencia. Un libro sobre acompañar e deixarse acompañar 💚

16/10/2026

👀 Sen plan para esta fin de semana? Bota unha ollada a estes tres eventos!!!

💡 Tes unha idea para a mocidade de  ? É o momento de compartila!Este xoves 15 de outubro comeza unha nova edición dos   ...
15/10/2026

💡 Tes unha idea para a mocidade de ? É o momento de compartila!

Este xoves 15 de outubro comeza unha nova edición dos de .

📝 Presentación de propostas: ata o 20 de decembro.
🗳️ Votación: do 18 de xaneiro ao 28 de febreiro de 2027.

👉 Máis información: https://decide.santiagodecompostela.gal/

💬 Que significa ser home hoxe? Como se aprenden —e se poden transformar— as masculinidades?Mañá continúa   coa xornada M...
13/10/2026

💬 Que significa ser home hoxe? Como se aprenden —e se poden transformar— as masculinidades?

Mañá continúa coa xornada Masculinidades, aprender o oficio de home, un espazo de reflexión e debate con:

🔹 Roy Galán, escritor e activista LGTBIQA+
🔹 Josetxu Riviere, do programa Gizonduz do Instituto Vasco da Muller

📅 Mércores 14 de outubro
🕖 Ás 19.00 h
📍 Centro Xove da Almáciga

Vén escoitar, preguntar e compartir 💜

📚 Recomendación literaria: "Porto escondido", de María Oruña.Unha novela de misterio chea de atmosfera e tensión que con...
10/10/2026

📚 Recomendación literaria: "Porto escondido", de María Oruña.

Unha novela de misterio chea de atmosfera e tensión que conquistou milleiros de lectores e que agora chega por primeira vez en galego.

Atréveste a descubrir o que agocha? 🔎

🤔 Canto sabes de Santiago?Poñémoste a proba: onde se atopa este recuncho da cidade? Desliza para descubrir a resposta… 👀...
09/10/2026

🤔 Canto sabes de Santiago?

Poñémoste a proba: onde se atopa este recuncho da cidade? Desliza para descubrir a resposta… 👀

Acertaches? Déixanos a túa resposta nos comentarios! 👇

🎭 A improvisación toma  !Do 8 ao 18 de outubro, o   celebra a súa sexta edición con espectáculos de teatro, comedia, mús...
07/10/2026

🎭 A improvisación toma !

Do 8 ao 18 de outubro, o celebra a súa sexta edición con espectáculos de teatro, comedia, música, danza e performance creados en directo.

Once días de propostas espontáneas, obradoiros e actividades formativas con artistas de Galicia, España e outros países.

🔗 Consulta toda a programación en https://imperdible.gal/

📱 Que impacto ten a pornografía na forma de entender o desexo, as relacións e a sexualidade?Mañá comezan as xornadas And...
06/10/2026

📱 Que impacto ten a pornografía na forma de entender o desexo, as relacións e a sexualidade?

Mañá comezan as xornadas Andainas con A pornografía dominante a golpe de clic, un encontro para reflexionar e debater con:

🔹 María Rodríguez Suárez, autora de Por no educar
🔹 Xosé Cabido Pérez, activista pola igualdade
🔹 Vanessa Rodríguez Pousada, presidenta de SOGASEX

📅 Martes 6 de outubro
🕖 Ás 19.00 h
📍 Casa das Máquinas

Vén escoitar, preguntar e compartir 💜

Dirección

Frei Rosendo Salvado 14-16 Baixo
Santiago De Compostela
15701

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Mocidade Compostela publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir