Fonte da Virxe

Cómo llegar Página web

Fonte da Virxe Organizando actividades e creando servizos de tipo ocupacional, laboral, educativo, cultural, residencial, de lecer e de tempo libre, etc.

A Asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais, foi creada coa finalidade de promover a recuperación das persoas con enfermidade mental. A Asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais, foi creada en xullo de 1994, coa finalidade de promover a recuperación dos enfermos mentais, a súa integración social, a mellora da asistencia e a súa calidade de vida, así como a defensa dos seus intereses e dereitos. A Asociación pretende, por unha banda, cubrir o baleiro existente de protección deste colectivo, promovendo e potenciando iniciativas que favorezan a súa integración laboral e social. E por outro, tentar cambiar actitudes erróneas informando sobre a realidade desta enfermidade que, como calquera outra de tipo orgánico, necesita: unha oportuna detección, prevención, un tratamento, unha medicación e de ser o caso, hospitalización e rehabilitación. O enfermo mental con tratamento adecuado, con seguimento da súa enfermidade, pode desenvolver unha vida normal, tanto a nivel social como laboral.

21/10/2026

En Fonte da Virxe fuches irrepetible, cónstanos, e a túa praza non queda libre, son prazas de longa duración, marchas coma un sismo pero quedas, queiras ou non queiras.💜💜💜

Onte, a nosa presidenta, Mar Piñeiro, asistiu á presentación do Plan Estratéxico de Saúde Mental de Galicia 2026-2030.De...
17/10/2026

Onte, a nosa presidenta, Mar Piñeiro, asistiu á presentación do Plan Estratéxico de Saúde Mental de Galicia 2026-2030.

Desde a nosa entidade, valoramos a importancia de seguir avanzando na promoción da saúde mental, na prevención e na mellora da atención ás persoas que precisan apoio.

Grazas á por impulsar este tipo de iniciativas e por dar visibilidade a unha cuestión tan importante para a nosa sociedade.💚

💚 Nova xornada de petanca en Bandeira! 💚Un pracer participar nesta nova xornada de petanca en Bandeira, compartindo unha...
16/10/2026

💚 Nova xornada de petanca en Bandeira! 💚

Un pracer participar nesta nova xornada de petanca en Bandeira, compartindo unha xornada de deporte, convivencia e diversión. 🤝😊

Queremos agradecer a Saúde Mental FEAFES Galicia a organización desta xornada e a .p.bandeira pola súa colaboración e acollida. 👏💚

Grazas tamén aos técnic@s e a todas as persoas participantes das distintas asociacións por facer posible este encontro tan especial. 🫂🥰

Seguimos creando espazos de encontro, participación e inclusión a través do deporte! 💪💚

Moitas grazas a todas e todos por facelo posible! ♿🎉


O pasado sábado visitamos o Pazo de Tor e paseamos por Monforte de Lemos. Pola tarde, fixemos unha parada na igrexa de S...
14/10/2026

O pasado sábado visitamos o Pazo de Tor e paseamos por Monforte de Lemos. Pola tarde, fixemos unha parada na igrexa de San Estevo de Ribas de Miño e no encoro de Belesar, e rematamos a xornada cunha visita ao Museo Municipal de Lalín. 🏰🌿📸

Un día para descubrir o patrimonio, a historia e as paisaxes de Galicia. 💚

📍

# PazoDeTor # EncoroDeBelesar

⭐️O pasado venres, o grupo de ocio participou no roteiro "Vida e historias LGBT da Compostela medieval e moderna", guiad...
13/10/2026

⭐️O pasado venres, o grupo de ocio participou no roteiro "Vida e historias LGBT da Compostela medieval e moderna", guiado por Carlos Callón , unha actividade que nos permitiu coñecer mellor a memoria e as historias LGBT presentes na nosa cidade.
Despois do paseo, achegámonos ao Blanca Coba Cascallar, un lugar ao que acudimos con frecuencia e onde sempre nos reciben e tratan estupendamente, facendo que nos sintamos como na casa.
Seguimos sumando experiencias!




💚 Hoxe, 10 de outubro, celebramos o Día Mundial da Saúde Mental! 💚Dende Fonte da Virxe, celebrámolo onte cunha xornada m...
10/10/2026

💚 Hoxe, 10 de outubro, celebramos o Día Mundial da Saúde Mental! 💚

Dende Fonte da Virxe, celebrámolo onte cunha xornada moi especial, chea de convivencia, emocións e momentos compartidos. 🫂✨

🚶‍♀️🚶‍♂️ Comezamos cunha andaina dende o Centro Sociocultural Aurelio Aguirre ata o banco conmemorativo do 25.º aniversario da nosa asociación, un percorrido para compartir, g***r e seguir dando visibilidade á importancia da saúde mental.

🎭 Á volta, puidemos desfrutar dunha actuación performativa dos nosos usuarios e usuarias, que nos regalaron un momento moi especial, cheo de talento e sensibilidade.

☕🥪🎶 E, para rematar esta fermosa xornada, compartimos café, petiscos e música nun ambiente de alegría, amizade e compañeirismo. Centro Sociocultural de Conxo

Porque coidar a saúde mental é cousa de todos e todas. 💚 É escoitar, acompañar, comprender e derrubar os prexuízos que aínda existen arredor da saúde mental.

Hoxe e todos os días, seguimos apostando por unha sociedade máis inclusiva, empática e comprometida co benestar emocional. 💚

Grazas a todas as persoas que fixestes posible esta xornada! 🫶

08/10/2026

Continuamos compartindo o gran traballo desenvolvido por Jorge Sanz Sánchez-Harguindey, alumno en prácticas de Psicoloxía da USC.
Nesta entrega recóllense testemuñas en primeira persoa sobre prexuizos e estereotipos aos que fan fronte no seu día a día.
💚Historias reais que invitan á reflexión e á empatía. Ðádelle ao play e non volo perdades!



07/10/2026

📹 Comezamos a compartir unha serie de pequenos clips dun proxecto moi especial elaborado por Jorge, compañeiro que realizou as súas prácticas de Psicoloxía con nós.
Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Saúde Mental, o próximo 10 de outubro, queremos dar voz a diferentes testemuñas que nos axudan a reflexionar, comprender e, sobre todo, a romper estereotipos arredor da saúde mental.
Neste primeiro video comezaredes a coñecer algunhas destas persoas, historias reais que merecen ser escoitadas.
💚 Non vos perdades os próximos clips. Pagan moito a pena!





Dirección

Rúa Campo Do Forno Numero 1 Baixo
Santiago De Compostela
15703

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fonte da Virxe publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir