Pazo de Raxoi

Llamar Cómo llegar Página web

Pazo de Raxoi Facebook oficial do Concello de Santiago de Compostela. Twitter: https://twitter.com/PazodeRaxoi

O Concello de Santiago de Compostela quere achegarse aos cidadáns mediante a utilización das novas tecnoloxías da información e da comunicación co fin de garantir o mantemento dunha xanela aberta de forma permanente aos servizos e recursos que ofrecen os departamentos municipais.

🤸‍♀️✨ Hoxe acompañamos o Torneo Xacobeo Viravolta Jael, no Multiusos Fontes do Sar, unha cita que reúne talento, esforzo...
24/10/2026

🤸‍♀️✨ Hoxe acompañamos o Torneo Xacobeo Viravolta Jael, no Multiusos Fontes do Sar, unha cita que reúne talento, esforzo e paixón pola ximnasia rítmica.
A alcaldesa de Santiago, a concelleira de Deportes e integrantes da Corporación achegáronse para g***r desta xornada deportiva e apoiar as deportistas participantes.
👏 Parabéns á organización e a todas as ximnastas polo seu traballo, dedicación e ilusión!

🌰🍂 Santiago celebra o outono cos Magostos de Vidán e Guadalupe!A alcaldesa, Goretti Sanmartín Rei, e a concelleira de Fe...
24/10/2026

🌰🍂 Santiago celebra o outono cos Magostos de Vidán e Guadalupe!
A alcaldesa, Goretti Sanmartín Rei, e a concelleira de Festas, Pilar Lueiro, achegáronse a estas celebracións para acompañar a veciñanza nunha xornada de tradición, convivencia e sabor a outono.
Grazas ás asociacións e a todas as persoas que fan posible manter vivas as nosas tradicións e encher os barrios de Santiago de vida e alegría. 💛

🔬 A alcaldesa, Goretti Sanmartín Rei, acompañada da reitora, Rosa Crujeiras, realizou unha visita ao CIQUS (Centro Singu...
24/10/2026

🔬 A alcaldesa, Goretti Sanmartín Rei, acompañada da reitora, Rosa Crujeiras, realizou unha visita ao CIQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares), un dos baluartes científicos da nosa comunidade que hoxe abriu as súas portas á sociedade no marco do programa Ciencia Singular da Universidade de Santiago de Compostela.
🧪 Achegar a ciencia de vangarda á cidadanía e poñer en valor o traballo que se desenvolve nos nosos centros de excelencia é fundamental para impulsar o talento local e proxectar a nosa cidade como un polo tecnolóxico e de innovación de referencia.

Hoxe participamos na I Marcha de Prevención do Dano Cerebral, unha andaina solidaria de 4,9 quilómetros que uniu o Milla...
24/10/2026

Hoxe participamos na I Marcha de Prevención do Dano Cerebral, unha andaina solidaria de 4,9 quilómetros que uniu o Milladoiro coa sede da Asociación Dano Cerebral Compostela.
A alcaldesa, Goretti Sanmartín Rei, e a concelleira Pilar Lueiro, sumáronse a esta iniciativa organizada co obxectivo de visibilizar esta realidade, apoiar ás familias e concienciar sobre a importancia da saúde cerebral e o exercicio físico.
Queremos agradecer o enorme compromiso de todas as persoas que botaron a andar hoxe por unha causa tan necesaria 🤝❤️

🔵 A tenenta de alcaldesa participou hoxe na inauguración da xornada “Medrando con Diabetes”, organizada por ANEDIA🗣️ Mar...
24/10/2026

🔵 A tenenta de alcaldesa participou hoxe na inauguración da xornada “Medrando con Diabetes”, organizada por ANEDIA

🗣️ María Rozas agradeceu o traballo da asociación e reclamou “máis investigación, máis apoio emocional, e máis recursos nos centros educativos para que os nenos e nenas con diabetes poidan desfrutar da súa vida escolar en igualdade de condicións, e con tranquilidade para as súas familias”

A alcaldesa e integrantes da corporación municipal participaron esta noite na cea solidaria contra o cancro, unha inicia...
23/10/2026

A alcaldesa e integrantes da corporación municipal participaron esta noite na cea solidaria contra o cancro, unha iniciativa que reúne persoas e vontades arredor dunha causa común: seguir avanzando na prevención, na investigación e no apoio ás persoas afectadas pola enfermidade e ás súas familias.
Grazas a todas as persoas que, co seu compromiso, contribúen a facer posible este labor. 💚

Hoxe conmemoramos coa veciñanza de Cesar, con Lucía Freitas Rodriguez e con mulleres emprendedoras do rural galego o Día...
23/10/2026

Hoxe conmemoramos coa veciñanza de Cesar, con Lucía Freitas Rodriguez e con mulleres emprendedoras do rural galego o Día das Mulleres Rurais. 🌾

Compartimos unha chea de historias de esforzo, compromiso e futuro!

🎶 A alcaldesa de Santiago e membros da corporación municipal recibiron hoxe no Pazo de Raxoi á Xove Orquesta Nacional de...
23/10/2026

🎶 A alcaldesa de Santiago e membros da corporación municipal recibiron hoxe no Pazo de Raxoi á Xove Orquesta Nacional de España (JONDE).
A cidade acolle estes días a súa estancias formativa, que incluirá un ciclo de cinco concertos dentro do programa Contemporáneas. Benvidos a Santiago! 🎻✨

23/10/2026

Un ano máis, lembramos a primeira visita de Federico García Lorca a Galicia e á nosa cidade.

🗣️A alcaldesa e a concelleira de Capital Cultural , xunto a outros membros da Corporación municipal, participaron no acto polo “Día de Lorca en Galicia” impulsado por con alumnado do IES Eduardo Pondal, onde os versos en galego de Lorca volveron resoar na alameda.

🗣️Goretti Sanmartín reclama que o Xacobeo deixe pegada en Santiago con equipamentos deportivos e culturais👉A alcaldesa d...
23/10/2026

🗣️Goretti Sanmartín reclama que o Xacobeo deixe pegada en Santiago con equipamentos deportivos e culturais

👉A alcaldesa de Santiago asegura que a proposta de orzamentos da Xunta para 2027 “volve darlle as costas á veciñanza de Compostela” e pon o foco na necesidade dunha maior dotación para vivenda, para investimentos dedicados a centros educativos e en compensacións para asumir o Ano Santo, así como na falta de compensacións que fiquen na cidade en forma de infraestruturas permanentes ao servizo da veciñanza

🔗 https://i.gal/mElKG

Dirección

Plaza Obradoiro 1
Santiago De Compostela
15705

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 08:00 - 14:00

Teléfono

+34981542300

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Pazo de Raxoi publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir