Esquerda Unida

Cómo llegar Página web

Esquerda Unida Esquerda Unida é un movemento político e social da esquerda galega. Porque outra política é posible.

Esquerda Unida é un movemento político e social da esquerda galega, formada por mulleres e homes que militan nese país invisible, que de cote produce a fermosura da resistencia organizada diante da barbarie capitalista que esmaga aos pobos e explota as persoas.

14/10/2026

Teresa Marchante: “A xente está saíndo á rúa porque acceder a unha vivenda digna é cada vez máis difícil. O Concello non pode seguir mirando para outro lado”. Vigo, 13 […]

14/10/2026

𝐒𝐮𝐬𝐨 𝐁𝐚𝐬𝐭𝐞𝐫𝐫𝐞𝐜𝐡𝐞𝐚 𝐞𝐧𝐜𝐚𝐛𝐞𝐳𝐚𝐫𝐚́ 𝐚 𝐜𝐚𝐧𝐝𝐢𝐝𝐚𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐝𝐞 Esquerda Unida Ferrol 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚𝐬 𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐞 𝟐𝟎𝟐𝟕.

Esquerda Unida Ferrol concluíu o seu proceso de primarias para as eleccións municipais de 2027 coa proclamación dunha única candidatura, encabezada por Suso Basterrechea López.

O proceso desenvolveuse conforme ao regulamento de primarias da organización e rematou coa proclamación da candidatura presentada, sen necesidade de celebrar votacións ao concorrer unha única proposta.

A candidatura está integrada por seis persoas procedentes de diferentes ámbitos profesionais e sociais, entre eles a educación, a cultura e a economía, que achegan experiencias e perspectivas diversas.

Concluída esta fase, Esquerda Unida Ferrol inicia os traballos de preparación das eleccións municipais de 2027, tanto no ámbito organizativo como na definición das súas propostas para a cidade.

Suso Basterrechea celebra a unidade dentro da organización, sendo mostra diso a presentación dunha candidatura única, e agarda que esa unidade sexa trasladada ao conxunto das forzas da esquerda local, co fin de conformar unha candidatura única que dea resposta á demanda social de políticas centradas nas persoas, na vivenda, no emprego, nos coidados e, como non, na cultura no seu máis amplo sentido, recuperando, actualizando e mellorando as propostas programáticas de 2015, co obxectivo inmediato de conectar coa cidadanía, nun proceso de escoita activa, que antepoña as súas necesidades cotiás ao ladrillazo que impulsa o partido popular. Así mesmo comprométese a loitar pare frear o avance da ultradereita en Ferrol, que pretende a liquidación dos servizos públicos e o sinalamento e lapidación dos colectivos máis vulnerables, como persoas e outra raza ou condición, colectivo LGTBIQ+, avogando pola tolerancia, o respecto, a liberdade e a fraternidade.

09/10/2026

O concello de Lugo ven de contratar a Malú e Juan Magán mediante a promotora Old Navy Port pola miúda cantidade de 235.900€.

Dita promotora pertence ao fondo KKR, un dos fondos que financian o xenocidio en Palestina.

Esquerda Unida condena o gasto de miles de euros do erario público lucence nun Fondo que financia a masacre dun pobo.

🔻Dende o río até o mar, Palestina Vencerá ✊🏽

Contra o fascismo, nin un paso atrás! ✊🔻Nin un ataque sen resposta!🕢 Venres 9 de outubro ás 19:30📍Sede Cruz Vermella Fer...
08/10/2026

Contra o fascismo, nin un paso atrás! ✊🔻

Nin un ataque sen resposta!

🕢 Venres 9 de outubro ás 19:30
📍Sede Cruz Vermella

Ferrol é antifascista!
Galicia é antifascista!
Participa

Hoxe coñecemos o falecemento de Xosé Manuel Beiras, unha das figuras máis destacadas da vida política e intelectual de G...
08/10/2026

Hoxe coñecemos o falecemento de Xosé Manuel Beiras, unha das figuras máis destacadas da vida política e intelectual de Galicia.

Desde Esquerda Unida trasladamos o noso pesar á súa familia, amizades e compañeiras e compañeiros.

A súa longa traxectoria política e o seu compromiso con Galicia forman parte xa da memoria colectiva do noso país.

Que a terra lle sexa leve.

Reafirmamos a nosa aposta pola unidade ante o novo escenario político. É o momento de dar un paso adiante e construír un...
07/10/2026

Reafirmamos a nosa aposta pola unidade ante o novo escenario político. É o momento de dar un paso adiante e construír unha Fronte Ampla capaz de mobilizar e converter a maioría social progresista nunha maioría política.

Chamamos a todas as forzas progresistas, organizacións sociais e persoas comprometidas co cambio a construír un espazo común desde o respecto mutuo, a pluralidade e a cooperación.

Nota completa na nosa web

EU chama a todas as forzas progresistas, organizacións sociais e persoas comprometidas co cambio a construír un espazo común desde o respecto mutuo, a plural

04/10/2026
04/10/2026

Dirección

Rúa Dublín 8 Baixo
Santiago De Compostela
15707

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Esquerda Unida publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir