Gardacostas de Galicia

Llamar Cómo llegar Página web

Gardacostas de Galicia O Servizo de Gardacostas encárgase da vixilancia, salvamento e protección do medio nas augas galegas Máis de 30+1 anos ao servizo do mar e das súas xentes.

O Servizo de Gardacostas de Galicia é o organismo encargado da vixilancia, busca, salvamento e protección do medio mariño nas augas galegas. Depende directamente da Consellería do Mar e opera as 24 horas e os 365 días do ano dando resposta inmediata ás incidencias que se van producindo na nosa Comunidade. Tamén lle fai fronte á contaminación, preservando a nosa contorna mariña. A outra das grandes apostas deste organismo é loitar contra a lacra do furtivismo e contra os que exercen de xeito ilegal a competencia desleal aos miles de profesionais que viven da actividade marisqueira e pesqueira en Galicia. Evitar a venda de produtos do mar por fóra das vías legais de comercialización e preservar a saúde dos consumidores é un piar básico.

01/11/2026
20/10/2026

🦀 Na loita contra o furtivismo un dos momentos máis reconfortantes é cando devolvemos ao mar as especies que foran capturadas de xeito ilegal, como estes 60 quilos de centola que liberamos na ría de Ferrol

🏅 Orgullo de equipo nos Xogos Europeos de Policía e Bombeiros celebrados en Vigo👏🏻 Estreámonos con excelentes resultados...
19/10/2026

🏅 Orgullo de equipo nos Xogos Europeos de Policía e Bombeiros celebrados en Vigo

👏🏻 Estreámonos con excelentes resultados: 10 medallas (5 ouros, 3 pratas e 2 bronces) en triatlón, natación e cross country. Parabéns aos compañeiros por deixar ben alto o noso pavillón!

🔵 Retiramos do mar 371 nasas ilegais, 63 cacharros para polbo e 500 m de redes nunha intensa semana de controis en toda ...
19/10/2026

🔵 Retiramos do mar 371 nasas ilegais, 63 cacharros para polbo e 500 m de redes nunha intensa semana de controis en toda a costa galega

🐟 Comisamos máis de 190 kg de peixe e marisco, devolvendo as pezas vivas ao seu hábitat para protexer os nosos recursos e o sector

🐟 Comisamos 4 toneladas de bocarte nun operativo de control e inspección por terra no porto e lonxa de Corcubiónℹ️ A int...
15/10/2026

🐟 Comisamos 4 toneladas de bocarte nun operativo de control e inspección por terra no porto e lonxa de Corcubión

ℹ️ A intervención saldouse cunha acta de presunta infracción da normativa pesqueira. Tras a súa identificación, o peixe foi entregado a un centro benéfico

12/10/2026

O servizo non se detén nin en festivo. Esta tarde mobilizamos o Pesca 1 para rescatar un home de moi avanzada idade que caera nas rochas nun acantilado en Dorrón (Sanxenxo).

Tras ser izado en padiola polos nosos rescatadores foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

09/10/2026

🚁 O Pesca 1 acaba de rescatar unha parella que quedaran encallados coa súa moto náutica nunhas rochas entre o peirao de Arcade, en Soutomaior, e as Illas Albedosas. Atópanse sans e a salvo.

▶️ Ao non haber calado dabondo na zona non era posible chegar a eles cunha embarcación

29/09/2026

🚁 O Pesca 1 acaba de efectuar un rescate en condicións extremas.

🛟 Evacuamos un mariñeiro ferido grave do pesqueiro ‘Armaven Uno’ a 100 millas ao NO de Cabo Vilán. Tras 3,5 h de voo, ondas de 4 m e vento de 30 nós, foi trasladado a Vigo en coordinación con Salvamento Marítimo

🔵 A vixilancia e o control permanente nas nosas rías contra ao furtivismo seguen dando froitos🐙 Nos últimos días retiram...
27/09/2026

🔵 A vixilancia e o control permanente nas nosas rías contra ao furtivismo seguen dando froitos

🐙 Nos últimos días retiramos máis de 400 nasas e cacharros ilegais e comisamos 150 kg de capturas, sobre todo polbo e nécora. A gran maioría estaban vivos e foron devoltos ao mar

Dirección

Sar, 75
Santiago De Compostela
15703

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Gardacostas de Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir