Concello De Sarria

Cómo llegar Página web

Concello De Sarria Portal web oficial do Concello de Sarria
www.sarria.gal

🎭 O TEATRO AFECCIONADO LEVANTA O PANO EN SARRIA!Mañá, domingo 25 de outubro, arranca na Casa da Cultura de Sarria o Circ...
24/10/2026

🎭 O TEATRO AFECCIONADO LEVANTA O PANO EN SARRIA!

Mañá, domingo 25 de outubro, arranca na Casa da Cultura de Sarria o Circuito Galego de Teatro Amador 2026, unha oportunidade para g***r do talento e da paixón polo teatro dos grupos afeccionados galegos.

🎟️ Catro domingos, catro representacións e moito teatro!

📅 25 de outubro | Asociación Cultural Charamela – Un xogo desastroso

📅 1 de novembro | Camtheam – Espellos

📅 8 de novembro | Achádego Teatro – Novo amencer

📅 15 de novembro | Rebuldeira Teatro – A desconfianza

📍 Salón de Actos Iván Tourón Morais · Casa da Cultura de Sarria

🕗 Todas as funcións ás 20:00 h.

🎟️ Entrada de balde!

Unha iniciativa da Federación Galega de Teatro Afeccionado coa colaboración da Xunta de Galicia, de Rebuldeira Teatro e do Concello de Sarria.

👏 Agardámosvos para seguir facendo do teatro un lugar de encontro, cultura e emoción!

♻️ SARRIA RECIBE 55.801,50 € EN AXUDAS PARA MELLORAR A XESTIÓN DOS RESIDUOS MUNICIPAISO Concello de Sarria resultou bene...
24/10/2026

♻️ SARRIA RECIBE 55.801,50 € EN AXUDAS PARA MELLORAR A XESTIÓN DOS RESIDUOS MUNICIPAIS

O Concello de Sarria resultou beneficiario de catro subvencións da Xunta de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea a través dos fondos FEDER, que permitirán avanzar cara a unha xestión dos residuos máis eficiente, sostible e próxima á veciñanza. 🌱

✅ 18.076,50 € | Recollida de biorresiduos
Mellora da recollida separada mediante o contedor marrón, coa incorporación de novos materiais e campañas de sensibilización.

✅ 7.725 € | Recollida de téxtil
Instalación de contedores específicos para roupa, calzado e outros residuos téxtiles, acompañada de accións informativas.

✅ 15.000 € | Punto limpo móbil
Adquisición dun punto limpo móbil que percorrerá as parroquias e núcleos do municipio, facilitando a recollida de residuos especiais sen necesidade de grandes desprazamentos.

✅ 15.000 € | Dixitalización do servizo
Xeolocalización dos contedores, análise do funcionamento do servizo e estudo dos seus custos para mellorar a planificación e a eficiencia.

🌍 O obxectivo é aumentar a reciclaxe, facilitar a separación dos residuos e mellorar os servizos municipais, avanzando cara a unha Sarria máis limpa e sostible.

As actuacións desenvolveranse ao longo de 2026 e informarase á veciñanza sobre a posta en marcha dos novos servizos.

🇪🇺 Actuacións cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea, no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027, e pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

FondosEuropeos FEDER

📚 HOXE CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS!Neste 24 de outubro queremos poñer en valor a importancia das bibliotecas como e...
24/10/2026

📚 HOXE CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS!

Neste 24 de outubro queremos poñer en valor a importancia das bibliotecas como espazos de encontro, cultura, aprendizaxe e convivencia. ❤️

📖 Onte, a Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar de Sarria celebrou unha xornada moi especial, na que recoñecemos o compromiso e a paixón pola lectura dos seus usuarios e usuarias.

🏆 Entregamos os premios aos nosos súper lectores do ano: Fiz Regueiro Fernández, na categoría infantil, e Carmen Resco Vizcaíno, na adulta.

📚 Tamén homenaxeamos as 16 persoas que completaron o reto lector da biblioteca e recoñecemos a José Manuel Valiña López pola súa colaboración a través da doazón de prensa diaria.

A xornada rematou coa presentación do libro Cuando el Camino mata, de Pepe Gómez Sandes, nun encontro arredor da literatura e do Camiño de Santiago.

✨ E a actividade continúa! Nos próximos días teremos novas sesións dos clubs de lectura e o obradoiro de escritura creativa Raíces de tinta.

Grazas a todas as persoas que facedes da nosa biblioteca un espazo vivo, aberto e cheo de historias. E un agradecemento especial a Patricia, Noelia, Vanesa e Adela, polo seu traballo e dedicación diarios para que a cultura e a lectura sigan chegando á veciñanza.

Porque unha biblioteca é moito máis ca un lugar onde gardar libros: é un lugar onde compartir, descubrir e medrar.

💚 Feliz Día das Bibliotecas!

📖🔪 CANDO O CAMIÑO MATA…Sarria convértese no escenario dunha historia chea de misterio, intriga e suspense.Este venres 23...
22/10/2026

📖🔪 CANDO O CAMIÑO MATA…

Sarria convértese no escenario dunha historia chea de misterio, intriga e suspense.

Este venres 23 de outubro, ás 20:00 h, a Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar acollerá a presentación e sinatura de exemplares de «Cuando el Camino mata», de Pepe Gómez Sandes.

Unha novela na que o Camiño de Santiago amosa a súa cara máis escura e na que Sarria cobra un protagonismo especial. 🥾

📍 Biblioteca Camilo Gonsar · Sarria
📅 Venres, 23 de outubro
🕗 20:00 h

Porque Sarria é moito máis ca unha etapa. Tamén é escenario de grandes historias.

📚 Agardámosvos!

⚠️ AVISO | Peche temporal das pistas de tenis e de fútbol sala A partir do luns 26 de outubro, as pistas de tenis e a pi...
21/10/2026

⚠️ AVISO | Peche temporal das pistas de tenis e de fútbol sala

A partir do luns 26 de outubro, as pistas de tenis e a pista de fútbol sala permanecerán pechadas ao público polo inicio das obras de reforma.

🎾⚽ Estamos a renovar estas instalacións para que poidades xogar con máis calidade, comodidade e seguridade.
O peche manterase ata que rematen os traballos. Informaremos da reapertura a través das nosas redes.
Grazas pola vosa comprensión e paciencia 💙

20/10/2026

A maxia percorreu as parroquias de Sarria esta fin de semana ✨🎩

O IV Encontro Máxico no Rural levou seis actuacións a seis parroquias, enchendo de ilusión, risas e encontro lugares de Corvelle, San Pedro de Froián, Farbán, Biville, A Veiga e Santa María de Vilar.

Dous días para achegar a cultura ao rural e compartir a maxia coa veciñanza, da man de Marina, Samuel Moreno, Golden Magic, Bruxo Cabacín, Mago Iago e Roberto Lolo. 💫

Grazas a todas as persoas que vos achegastes e fixestes posible unha nova edición deste encontro.

O IV Encontro Máxico no Rural forma parte de , impulsada polo Concello de Sarria e financiada pola .

Seguimos mantendo Sarria acendida! 🔌✨

O Concello de Sarria únese a conmemoración do Día Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, este 19 de outubro.  Unha da...
19/10/2026

O Concello de Sarria únese a conmemoración do Día Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, este 19 de outubro.

Unha data que se celebra mundialmente, por iniciativa da Organización Mundial da Saúde (OMS), co obxectivo de sensibilizar e concienciar á sociedade sobre a importancia no só da prevención e o tratamento, senón sobre todo da detección precoz e a investigación como as pedras angulares para seguir avanzando na súa loita.

Con este xesto, queremos mostrar o noso apoio e solidariedade a todas as persoas que enfrontaron ou enfrontan esta enfermidade, así como ás súas familias, lembrándolles que non están soas neste camiño.

O Concello de Sarria quere acompañarvos neste 19 de outubro, cunha mensaxe de forza, esperanza e motivación para afrontar o desafío que supón a enfermidade e co firme desexo de que no futuro non haxa ningún motivo para conmemorar este día!

Por elas, por todas. 💪

Sarria estrea tramo ao grande e faise enorme no Rally San Froilán.​En primeiro lugar, desde o Concello de Sarria queremo...
18/10/2026

Sarria estrea tramo ao grande e faise enorme no Rally San Froilán.

​En primeiro lugar, desde o Concello de Sarria queremos enviar os nosos mellores desexos e unha rápida e completa recuperación aos feridos no día de onte. Toda a nosa forza e agarimo neste momento.

​Félix Seijas, concelleiro de deportes: “Queremos que brille o deporte e o respecto entre afeccionados, e nunca o morbo. Moitísimas grazas por un día de rally no que gozamos moitísimo. Sarria sempre terá as súas portas abertas.
Moitísimas grazas aos miles de afeccionados que viñestes a Sarria a g***r do motor e a facer grande esta xornada. A estrea do novo tramo “Sarria” demostrou o nivel e a paixón que temos aquí polo automobilismo!.

​Un agradecemento moi especial a todos e cada un dos veciños e veciñas do tramo “Sarria” polo seu comportamento exemplar e pola súa paciente colaboración. Pedimos desculpas sinceras polas molestias e os cortes de circulación que este evento puido causar, pero a vosa actitude demostrou, un día máis, a hospitalidade, a grandeza e o compromiso de Sarria cando se trata de acoller e facer brillar os grandes eventos na nosa terra.

​Grazas tamén á Escudería Miño, con Mayte e Nacho á fronte, a todos os comisarios, voluntarios e a todos os pilotos de Sarria polo seu enorme traballo e entrega. Grazas ao presidente da FGA por acompañarnos en Sarria e vivir connosco a paixón deste rally.

​Unha mención moi especial para a Policía Local de Sarria e Protección Civil. O voso traballo e profesionalidade demostran, unha vez máis, por que desde fóra se segue escollendo a Sarria para acoller estes grandes eventos”.

​Sarria é motor, Sarria é deporte! 🏁

📖🌸 A poesía énchese de cor na Casa da Cultura de Sarria!Este sábado, 17 de outubro, Yolanda Alcas presenta o seu poemari...
16/10/2026

📖🌸 A poesía énchese de cor na Casa da Cultura de Sarria!

Este sábado, 17 de outubro, Yolanda Alcas presenta o seu poemario A culpa era rosa e comeuna unha vaca, unha proposta chea de personalidade, humor e poesía.

🍷 A velada contará con pinchos, degustación de viño e a actuación musical de Galego de Caracas.

📅 Sábado, 17 de outubro
🕗 20:00 h
📍 Casa da Cultura de Sarria

Unha noite para compartir literatura, música e cultura. Agardámosvos! 💗

Continúan os Obradoiros de Outono de   cunha proposta para mirar o rural desde outro punto de vista 📸🌳👉🏻 DETRÁS DAS ÁRBO...
16/10/2026

Continúan os Obradoiros de Outono de cunha proposta para mirar o rural desde outro punto de vista 📸🌳

👉🏻 DETRÁS DAS ÁRBORES, un obradoiro de fotografía arredor do rural con Toño de López, no que a paisaxe, a memoria e o territorio serán o punto de partida para traballar a mirada fotográfica.

⚠️ Importante: non se trata dun obradoiro de iniciación. Para participar é necesario contar con coñecementos previos de fotografía.

📍 Colexio de Louseiro
📅 Sábado 28 de novembro
🕥 De 10:30 a 17:30 h
🍽️ Xantar coa veciñanza de balde!
📅 Domingo 29 de novembro
🕥 De 10:30 a 13:30 h

🎟️ Actividade gratuíta con inscrición previa

👉🏻 Inscríbete no link https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd5FAYmH4EI3dN--ubGRn-qx7q9_WbRHKQ0GPatyPbil4d9RA/viewform

Unha actividade integrada na programación de , impulsada polo Concello de Sarria e financiada pola .
Súmate á cultura da túa vila e axúdanos a mantela acendida! 🔌✨

Datas de celebración: 28 e 29 de Novembro Horario: Sab. 10:30h- (xantar coa veciñanza) -17:30h / Dom. 10:30h-13:30h Lugar de celebración: Colexio de Louseiro Dirixido a: +16 Prazas: 10 Asignación de prazas: por orde de inscrición. O envío deste formulario non confirma automaticamente a praza. ...

Dirección

Rúa Maior 14
Sarria
27600

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello De Sarria publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría