Bng Sarria

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Bng Sarria Páxina do BNG de Sarria

21/10/2026

Atopar unha vivenda en Sarria é cada vez máis difícil🏠

Nos últimos cinco anos, o prezo da vivenda subiu un 37%, mentres moitas persoas atopan cada vez máis obstáculos para vivir ou quedar no noso concello.

Efrén explícanos que está pasando e por que é necesario buscar solucións.

Porque vivir en Sarria non debería ser un luxo.

Moita xente nova quere quedar en Sarria, pero sen vivenda accesible é dificil facer plans de futuro.O Concello non pode ...
15/10/2026

Moita xente nova quere quedar en Sarria, pero sen vivenda accesible é dificil facer plans de futuro.

O Concello non pode mirar para outro lado: cómpre coñecer a situación real, estudar a vivenda baleira, facilitar a rehabilitación e reclamar ás administracións competentes medidas útiles para concellos coma o noso.

Queremos unha Sarria chea de oportunidades, viva e xusta para todas e todos.

08/10/2026

Ningunha violencia motivada pola raza, o s**o, a ideoloxía ou a identidade dunha persoa pode ter cabida na nosa sociedade.

Desde o BNG Sarria defendemos unha Sarria segura, respectuosa e libre de odio.

Desde o BNG Sarria lamentamos profundamente o pasamento de Xosé Manuel Beiras, figura fundamental da historia do naciona...
08/10/2026

Desde o BNG Sarria lamentamos profundamente o pasamento de Xosé Manuel Beiras, figura fundamental da historia do nacionalismo galego contemporáneo e da propia historia do BNG.

A súa voz, o seu pensamento e o seu compromiso con Galiza deixan unha pegada fonda na memoria colectiva do noso país.

Queremos trasladar o noso cariño e pesar á súa familia, amizades e persoas próximas.

Que a terra lle sexa leve.

O campo de fútbol da Ribela conta xa cun novo videomarcador grazas a unha achega de 40.000 euros da O equipamento inclúe...
02/10/2026

O campo de fútbol da Ribela conta xa cun novo videomarcador grazas a unha achega de 40.000 euros da

O equipamento inclúe pantalla LED, ordenador de control e software multimedia adaptado ás necesidades das competicións federadas.

Unha mellora importante para unhas instalacións de referencia en Sarria, pola súa actividade deportiva e polo papel social da

Seguimos apoiando o deporte local e a mellora dos espazos públicos do noso concello⚽

Estreamos   para explicar asuntos dos que ás veces só se conta unha parte.👉🏻 Comezamos co que pasou no pleno de onte coa...
25/09/2026

Estreamos para explicar asuntos dos que ás veces só se conta unha parte.

👉🏻 Comezamos co que pasou no pleno de onte coa moción do PP sobre unha nova praza xudicial para Sarria.

➡️ O PP pediu que o Goberno do Estado crease esa praza. Ata aí, todo o mundo dacordo.

➡️ Pero para que poida funcionar fan falta persoal e medios, e en Galicia a Xunta ten competencias sobre eles.

➡️ Por iso propuxemos que a moción reclamase tamén á Xunta o compromiso de achegar eses medios.

🔴 O PP negouse a incluílo.

É dicir: pídenlle ao Estado que cree a praza, pero non queren deixar por escrito o que lle teñen que pedir ao Goberno do seu partido na Xunta para poñela a funcionar.

Nós queremos a praza, si. Pero queremos garantir que contará cos medios necesarios para atender a veciñanza.

➡️ O luns acompañamos a Manuel López Rodríguez na presentación de Ambiente, obra gañadora do XXV Premio de Poesía Fiz Ve...
17/09/2026

➡️ O luns acompañamos a Manuel López Rodríguez na presentación de Ambiente, obra gañadora do XXV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño.

Un encontro na Biblioteca Camilo Gonsar arredor da poesía galega e da figura dun autor imprescindible para Sarria.

Parabéns ao gañador e grazas á A.C. Ergueitas e a todas as persoas que participaron no acto.

O sábado tivemos música por partida dobre en Sarria 👉🏻  e    reuniron unha ducia de grupos e DJ en dúas citas gratuítas ...
14/09/2026

O sábado tivemos música por partida dobre en Sarria 👉🏻 e reuniron unha ducia de grupos e DJ en dúas citas gratuítas coas que gozamos da música en directo durante toda a xornada.

Parabéns Asociación Cultural Rúa da Música por unha nova edición do Garitosis e á xente do Comeprima Producciones e O Meigallo LaTerraza polo Esmorga Total.

Desde Vicepresidencia. Deputación de Lugo apoiamos os dous festivais e a todas as persoas que traballan tanto durante tantos meses para que Sarria teña unha vida cultural así 👏🏻👏🏻👏🏻

Cando se aposta pola cultura, Sarria gaña! 🙌🏻

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo continúa investindo en cultura en Sarria.Onte, o concelleiro de Cultura, César N...
03/09/2026

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo continúa investindo en cultura en Sarria.

Onte, o concelleiro de Cultura, César No, e o vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, presentaron Sarria Acendida, un novo proxecto cultural que conectará, entre setembro e decembro, a cultura contemporánea coa memoria das nosas aldeas a través da música, a lingua, a arte e a tradición.

A programación comeza esta fin de semana coa Liga Nacional de Graffiti 👉 os vindeiros días 4, 5 e 6 de setembro, dez artistas profesionais crearán en directo dez murais de gran formato na zona deportiva do Chanto.

Un proxecto que conta cun investimento de 50.000 euros da Vicepresidencia e que traerá a Sarria moita cultura.

Sarria Acendida comeza agora.
E promete.

O río Sarria non pode seguir así.Presas e rairos dos muíños desfeitos, plantas invasoras, algas que evidencian problemas...
27/08/2026

O río Sarria non pode seguir así.

Presas e rairos dos muíños desfeitos, plantas invasoras, algas que evidencian problemas no estado da auga e unha sensación evidente de abandono nun espazo que debería estar coidado, vivo e protexido.

O río forma parte da nosa identidade, da nosa paisaxe e da nosa vida diaria. Pero para iso cómpre algo máis que boas palabras: fan falta mantemento, coordinación e responsabilidade.

Desde o BNG Sarria denunciamos o desleixo das administracións implicadas -- Concello, Confederación Hidrográfica e Xunta de Galicia— e reclamamos actuacións serias para recuperar e coidar o río como merece.

Sarria tamén se mide polo coidado do seu río.

Dirección

Rua Do Toleiro, 17, Entresollado
Sarria
27600

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Bng Sarria publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Bng Sarria:

Atajos

Compartir