CEIP do Camiño Inglés

Cómo llegar Página web

CEIP do Camiño Inglés O CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés é un centro educativo público galego de ed. infantil e primaria.

26/02/2025

Camiñamos co galego con , xogador do RC Celta de Vigo, que nos lembra que o galego é indispensable tamén no deporte. Moitísimas grazas!!

Hoxe, familias e peques tiveron o pracer de asistir a unha estupenda sesión de contacontos da man de Sonia Hermida, que ...
26/02/2025

Hoxe, familias e peques tiveron o pracer de asistir a unha estupenda sesión de contacontos da man de Sonia Hermida, que culminou co obradoiro "Os Camiños do Bosque", no que inventaron escenarios con elementos naturais. Esta actuvidade forma parte do programa Lectura e Familias. Grazas, por esta tarde tan divertida!

Algunhas propostas de estacións de aprendizaxe en 3° de Primaria nas que se traballan contidos dos ámbitos matemático e ...
25/02/2025

Algunhas propostas de estacións de aprendizaxe en 3° de Primaria nas que se traballan contidos dos ámbitos matemático e lingüístico dun xeito lúdico.

O alumnado de 3° e 4° desfrutou dunha visita ao museo interactivo Domus, tamén coñecido como a Casa do Home. Alí, os nen...
25/02/2025

O alumnado de 3° e 4° desfrutou dunha visita ao museo interactivo Domus, tamén coñecido como a Casa do Home. Alí, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de participar nun taller científico de disección, entroutras interesantísimas experiencias.

24/02/2025

Camiñamos co galego con Mercedes Seixo, presentadora da TVG, que nos explica o imprescindible que é falar a lingua para que perdure. Moitísimas grazas por colaborar nesta iniciativa!

24/02/2025

Outra das iniciativas con motivo da celebración do Día de Rosalía.
Camiñamos co galego; tamén o recitamos.

Estas son algunhas das producións do alumnado con motivo da Conmemoración do Día de Rosalía, que culminará cunha saída a...
24/02/2025

Estas son algunhas das producións do alumnado con motivo da Conmemoración do Día de Rosalía, que culminará cunha saída ao Carboeiro deixando nas árbores versos da nosa escritora máis importante, coa fin de que os pelegríns os desfruten ao seu paso polo Camiño Inglés.

22/02/2025

Camiñamos co galego con Xosé Antonio Touriñán, cómico, actor e presentador, que nos convida a usar ese superpoder que é a nosa lingua que nos fai especiais. Mil grazas!

21/02/2025

Camiñamos co galego con Rocío Jiménez Segade, mestra de música e cantante, que nos explica como o galego é un orgullo e un tesouro que coidar. Moitísimas grazas!

20/02/2025

Camiñamos co galego con Lois Alcayde Dans, escritor, xornalista e investigador, que nos anima a empregar o galego como lingua habitual. Moitísimas grazas!

Dirección

Avenida Álvaro Cunqueiro S/
Sigüeiro
15888

Horario de apertura

Lunes 09:15 - 14:15
Martes 09:15 - 14:15
Miércoles 09:15 - 14:15
Jueves 09:15 - 14:15
Viernes 09:15 - 14:15

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CEIP do Camiño Inglés publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría