30/09/2026
🏫 CEIP SIGÜEIRO: E O RESTO DA REFORMA INTEGRAL, PARA CANDO?
O alcalde anunciou unha reforma integral do CEIP de Sigüeiro.
👉 De momento, só se executou unha primeira fase.
E a pregunta é moi sinxela:
❓ Cando se vai facer o resto?
Porque o centro segue tendo necesidades importantes: instalacións, fachada, fiestras e, especialmente, problemas de accesibilidade que deben solucionarse.
📢 E hai algo que queremos deixar claro: no último Pleno, respondendo ás preguntas dos socialistas, o propio alcalde recoñeceu que a reforma completa xa non vai ser “para xa”.
Mentres tanto, as familias seguen agardando respostas e prazos concretos.
🔴 Os socialistas de Oroso levamos esta situación ao Parlamento de Galicia, reclamando á Xunta unha rehabilitación integral do CEIP de Sigüeiro.
♿️ Un colexio público debe ser seguro, accesible e estar en boas condicións.
Para cando queda entón a reforma integral que se anunciou?
As familias merecen sabelo.