10/10/2026
✨ Fátima Fernández Brandariz é a nosa (IN)VISIBLE deste 15-O, coincidindo co Día Internacional das Mulleres Rurais.
Veciña de Dornelas, Fátima é artesá, emprendedora e gandeira. Medrou entre o campo e o obradoiro de costura da súa nai, e hoxe compaxina o seu propio taller, Brandariz, coa explotación familiar de Rubia Galega.
Unha muller que mantén vivo o noso patrimonio téxtil, recuperando e reinterpretando pezas tradicionais, e que ao mesmo tempo segue traballando a terra e apostando por desenvolver o seu proxecto vital e profesional desde o rural.
💬 “Seguir vivindo e traballando en Dornelas non é só unha elección de vida, é un compromiso coas miñas raíces e coa miña terra.”, sinala.
🌿 Tradición e modernidade. Raíces e futuro.
📅 Venres 16 de outubro
🕗 20:30 horas
📍 Praza Siñor Afranio
Agardámosvos para acompañarnos neste novo recoñecemento do programa (IN)VISIBLE e para poñer en valor, unha vez máis, o papel imprescindible das mulleres do noso rural.
#(IN)VISIBLES #15-O recoñecemento