Concello de Sobrado

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Concello de Sobrado Páxina oficial en Facebook do Concello de Sobrado. Sobrado dos Monxes é un municipio da provincia da Coruña pertencente á comarca de Terra de Melide.

As dez parroquias do municipio distribúense abarcando 126 quilómetros cadrados de extensión. As parroquias son as seguintes:

CARELLE (San Lourenzo): Campelos, Carelle, A Casanova, Castro, Froxa, A Igrexa, Lamas, Madelos, Peruxil, Piñeiro de Abaixo, O Seixo, Senín, Tamarela, As Tres casas, Xiá. A CIADELLA (Santa María): Aldea do Medio, A Cal, A Capela, Castrelo, As Gándaras, Igrexa, Insua, Liorfe, Martín, Ribas, Sandá, Sante. CODESOSO (San Miguel): Abeledo, As Abeleiras, Anuqueira, Bidueiros, Castro do Seixo, A Espiñeira, Fondo de Codesoso, A Fraga, A Lagoa, Lodeiro, Manciñeiras, Marco das Pías, O Mesón, Muradelo, Picoto, Porto do A**o, Redigode, Xangote. CUMBRAOS (San Xiao): Acibreira, Aldea do Muíño, Armada, Camareiro, Carral, Casa Camiño, O Cepo, Cimadevila, As Cruces, Cruz do Castro, Eirixe, A Fraga, Guisó, O Lago, Medoña, Outeiro, Pereiro de Abaixo, Pereiro de Arriba, Portacal, Portocavado, Prevencidos, Torre, Viladomonte, Vilamor, Vilar da Maceira, Vilar. FOLGOSO (Santa Cristina): Barcioi, A Cabana, Carballás, Carregoto, Corral de Senín, Fondaldea, Medorra, O Mesón, A Ponte San Pedro, Sixto. GRIXALBA (San Xiao): Adamonde, Amenedo, Barrio, Brixaría, Casal de Abaixo, Casal de Arriba, Castro, Codesoso do Monte, Costoia, Coto, As Cruces, Dombrete, Farlá, Guiximil, Lagoa, Laxe, Lousado, Orxás, Paraños, Penagrande, Porto de Abaixo, Rañón, Sabugueira, Sante, Santó, Suavila, Uceira, Vilarchá,Vilasuso. NOGUEIRA (San Xurxo): Balbís, A Barra, Casal, Casanova, Freirá, Mosquieros, Nogueira, Pedra Lobeira, Piñeiro de Arriba, Os Tellados, Vallo. PORTA (San Pedro). A Acea, Alvariza, Amilladoiro, Bustomaior, Carreira, Casa do Gado, Casiñas, Castro, Cotarón, Couso, Eirexenova, Gondrei, Guitizá, Lodeiro, Louseira, Mirador, Outeiro, Pontepedra, Porcariza, Reboredo, Plaza Portal, Torante, Vilanova, Vilarchao. POUSADA ( San Mamede): Cabanas, Campelo, O Campo, Casanova, Cimadevila, Grandameá, Grañas, Paio, Pousada de Abaixo, Pousada de Arriba, Ramil, Regas, Sabegode, Sar, Xunta de Augas, A Zanca. ROADE (Santo André): Altopaso, Brea, Campoverde, Esgueva, Golmar, Mandeo, Mato, Monteagudo, Outeiro, Vilariño.

🚧 Rematada a obra de mellora do camiño en Campo Francés, VilariñoNos pasados días remataron os traballos da obra denomin...
16/10/2026

🚧 Rematada a obra de mellora do camiño en Campo Francés, Vilariño

Nos pasados días remataron os traballos da obra denominada “Mellora do camiño en Campo Francés, Vilariño”, incluída no POS+ 2026 da Deputación da Coruña.

A actuación consistiu no aglomerado do vial desde a área recreativa do Campo Francés ata o límite co Concello de Vilasantar, co obxectivo de mellorar o estado e as condicións de circulación deste tramo.

💶 Importe da obra: 41.080,09 €

Desde o Concello de Sobrado continuamos traballando na mellora das infraestruturas viarias municipais.

⚠ LEMBRA QUE HOXE TEMOS NA PRAZA DE SOBRADO A UNIDADE MÓBIL DA ESTRATEXIA GALICIA RETORNA 🕜 HORARIO DE 09.00 A 14.00 HOR...
16/10/2026

⚠ LEMBRA QUE HOXE TEMOS NA PRAZA DE SOBRADO A UNIDADE MÓBIL DA ESTRATEXIA GALICIA RETORNA

🕜 HORARIO DE 09.00 A 14.00 HORAS

🌌✨ SOBRADO MIRA AO CEO! CHEGA A EXPERIENCIA INMERSIVA «CEO NO CAMIÑO» ✨🌌O ceo de Galicia será o protagonista dunha exper...
15/10/2026

🌌✨ SOBRADO MIRA AO CEO! CHEGA A EXPERIENCIA INMERSIVA «CEO NO CAMIÑO» ✨🌌

O ceo de Galicia será o protagonista dunha experiencia única en Sobrado. 🌠

O vindeiro venres, 13 de novembro, ás 18:00 h, o Mercado Municipal acollerá «CEO no CAMIÑO», unha proposta divulgativa e inmersiva que une o Camiño de Santiago, a astronomía, a fotografía e a tecnoloxía para descubrir os nosos ceos desde unha perspectiva diferente.

🔭 Que poderás descubrir?

📸 Unha exposición de fotografía astronómica.
🥽 Unha experiencia de realidade virtual inmersiva en 360°.
🪐 Unha sesión de planetario portátil.
🌌 Unha charla divulgativa sobre o ceo de Galicia.

Unha actividade pensada para todos os públicos: familias, peregrinos, centros educativos e persoas amantes da natureza, da ciencia e da astronomía.

📍 Lugar: Mercado Municipal de Sobrado
📅 Data: venres, 13 de novembro
🕕 Horario: de 18:00 a 21:00 h
🎟️ Entrada gratuíta!

Achégate, ergue a mirada e descubre a maxia do noso ceo. Porque en Galicia tamén se vive mirando ás estrelas. 💫

LEMBRA!!! OFICINA MÓBIL DE ASESORAMENTO E SEGUIMENTO AO RETORNO📢 A Unidade Móbil da Oficina Integral de Asesoramento e S...
09/10/2026

LEMBRA!!!

OFICINA MÓBIL DE ASESORAMENTO E SEGUIMENTO AO RETORNO

📢 A Unidade Móbil da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno estará en Sobrado!
📅 16 de outubro de 2026
📍 Praza do Concello de Sobrado
🕘 De 9:00 a 14:00 horas
📌 É necesaria cita previa.
📞 Para solicitar cita previa ou obter máis información:
900 102 380
Esta oficina ofrece información, asesoramento, acompañamento e seguimento personalizado ás persoas galegas residentes no exterior que retornan a Galicia e ás súas familias, co obxectivo de facilitar a súa integración social e laboral.
💼 En que temas poden asesorarte?
Trámites administrativos antes e despois do retorno.
Prestacións, subvencións e axudas.
Asistencia sanitaria.
Vivenda.
Formación.
Orientación laboral e emprendemento.
🎓 Tamén poderás informarte sobre programas e axudas como:
🔹 Bolsa BEME Máster: bolsas de ata 12.500 € para estudar un máster en Galicia.
🔹 Retorna Talento FP: bolsas de ata 10.800 € para estudar Formación Profesional.
🔹 Retorno Emprendedor: axudas de ata 10.000 € para poñer en marcha un negocio en Galicia.
🔹 Axudas Extraordinarias: ata 6.000 € para facer fronte a gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do retorno.
👉 Se estás pensando en retornar a Galicia ou xa retornaches, aproveita esta oportunidade para coñecer os recursos, programas e axudas dispoñibles e recibir asesoramento personalizado.
📞 Cita previa e información: 900 102 380
🔗 Máis información: https://emigracion.xunta.gal/es/actividade/retorna/oficinas

📺 AVISO IMPORTANTE: CAMBIOS NA EMISIÓN DA TDT EN SOBRADOO Concello de Sobrado informa de que a Xunta de Galicia realizar...
08/10/2026

📺 AVISO IMPORTANTE: CAMBIOS NA EMISIÓN DA TDT EN SOBRADO

O Concello de Sobrado informa de que a Xunta de Galicia realizará o martes 13 de outubro actuacións no centro de extensión de cobertura da TDT de Sobrado, dentro do proceso de evolución tecnolóxica da Televisión Dixital Terrestre.

📅 13 de outubro: realizaranse os cambios técnicos no centro emisor.

📡 5 de novembro: está prevista a entrada en funcionamento da Fase 1, coa nova distribución das canles de TDT.

👉 Que debe facer a veciñanza?
As persoas que reciban o sinal deste centro deberán realizar unha busca ou resintonización das canles no seu televisor/receptor de TDT para poder seguir recibindo correctamente a oferta televisiva.

📍 As parroquias e entidades beneficiarias deste cambio son Carelle, Codesoso, Cumbraos, Nogueira, A Porta e Pousada.

☎️ Para resolver dúbidas ou comprobar o centro emisor e a calidade da cobertura:
881 866 388
🌐 www.tdtgalicia.gal

ℹ️ Recomendamos á veciñanza afectada estar atenta a estes cambios e realizar a correspondente resintonización.

⚠️ AVISO METEOROLÓXICO: ALERTA LARANXA POR CHOIVAO Concello de Sobrado informa de que a Dirección Xeral de Emerxencias e...
06/10/2026

⚠️ AVISO METEOROLÓXICO: ALERTA LARANXA POR CHOIVA

O Concello de Sobrado informa de que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunicou un episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos por choiva, con nivel de alerta laranxa.

🌧️ A alerta afectará desde primeiras horas da tarde de hoxe, martes 6 de outubro, á provincia da Coruña (interior) e Lugo (centro e montaña).

📍 Espérase unha precipitación acumulada de ata 30 mm nunha hora.

➡️ Recoméndase adoptar as medidas preventivas necesarias ante estas condicións meteorolóxicas e extremar a precaución nos desprazamentos.

🚨 Ante calquera situación de emerxencia, chame ao 112.

ℹ️ Para información meteorolóxica máis detallada:
• AEMET: www.aemet.es
• CIAE 112 Galicia: www.axega112.gal
• MeteoGalicia: www.meteogalicia.es

Fonte: Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.

🎶 A CORAL VÍA SACRA ORGANIZA O ENCONTRO DE CORAIS EN SOBRADOA Coral Vía Sacra organiza o sábado 17 de outubro un especia...
05/10/2026

🎶 A CORAL VÍA SACRA ORGANIZA O ENCONTRO DE CORAIS EN SOBRADO

A Coral Vía Sacra organiza o sábado 17 de outubro un especial Encontro de Corais, unha cita musical que será tamén unha homenaxe a Nemesio García Carril.

📍 Sala Capitular do Mosteiro de Sobrado
🕕 18:00 horas

Nesta especial xornada participarán, xunto á Coral Vía Sacra:

🎵 Coral Eumesa de Pontedeume
🎵 Grupo Coral da Justiça do Porto
🎵 Coral Vía Sacra
🎵 Acordeonista da Maristela de Sobrado

Ao remate do encontro terá lugar un convite no local do mercado.

Desde o Concello de Sobrado queremos apoiar e poñer en valor o traballo da Coral Vía Sacra, promotora e organizadora desta iniciativa, que contribúe a manter viva a música coral e a dinamizar a actividade cultural do noso municipio.

📅 Sábado, 17 de outubro
🎶 Encontro de Corais – Homenaxe a Nemesio García Carril
📍 Sala Capitular do Mosteiro de Sobrado
🕕 18:00 h

Organiza: Coral Vía Sacra
Colaboran: Concello de Sobrado, Mosteiro de Sobrado e Deputación da Coruña.

Agardámosvos! 🎶

⚠️ AVISO METEOROLÓXICO: ALERTA AMARELA POR TORMENTASA Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun episodio de ...
05/10/2026

⚠️ AVISO METEOROLÓXICO: ALERTA AMARELA POR TORMENTAS

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos de nivel AMARELO por tormentas que afectará a toda Galicia durante o martes 6 de outubro.

⛈️ No caso de Lugo (zona Centro), o episodio comezará nas primeiras horas da mañá e prolongarase ata última hora do día.

⚠️ Prevese a presenza de tormentas fortes, con posibilidade de que, de maneira puntual, se produzan fenómenos de intensidade superior.

👉 Desde o Concello de Sobrado recomendamos extremar as precaucións e adoptar as medidas preventivas necesarias ante a situación meteorolóxica prevista.

📞 Ante calquera emerxencia, chama ao 112.

ℹ️ Para consultar información actualizada:
• AEMET: www.aemet.es
• 112 Galicia: www.axega112.gal
• MeteoGalicia: www.meteogalicia.es

Fonte: Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.

⚠️ ALERTA LARANXA POR FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS🌧️ A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun episod...
29/09/2026

⚠️ ALERTA LARANXA POR FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS

🌧️ A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun episodio de choivas de nivel laranxa previsto para este martes 29 de setembro.

📍 Na provincia da Coruña espéranse acumulacións de ata 80 l/m² en 12 horas nas zonas afectadas.

💨 Ademais, mantense aviso amarelo por vento en distintas zonas de Galicia, con refachos que poden acadar os 80 km/h.

👉 Dende o Concello de Sobrado recomendamos extremar as precaucións, especialmente nos desprazamentos, e adoptar as medidas preventivas necesarias ante a situación meteorolóxica.

📞 Ante calquera emerxencia, chama ao 112.

ℹ️ Información oficial: AEMET, 112 Galicia e MeteoGalicia.

Fonte: Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.

Dirección

Praza Portal 1
Sobrado
15813

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Sobrado publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Concello de Sobrado:

Atajos

Compartir

Categoría