Bng Porto Do Son

Cómo llegar Página web

Bng Porto Do Son Ideas claras para o noso concello.

12/10/2026
12/10/2026
08/10/2026

Hoxe cúmprense dous anos de que un temporal derrubara as paredes do pavillón polideportivo do IES de Porto do Son. Logo de moito tempo de espera o 11 de maio deste ano comezaron as obras de reposición cun prazo de execución de tres meses. Xa van alá 5 meses e a obra segue sen rematar, pero o máis preocupante é que logo das primeiras choivas fortes da semana pasada, esta era a situación do interior da instalación. Motivo polo que no último pleno lle solicitamos ao goberno municipal que non antepoña os intereses do PP aos da comunidade educativa e lle esixa á consellería que non recepcione a obra sen asegurar que non ten filtracións e que a instalación cumpre con todas as garantías para exercer a actividade docente.

𝟭𝟭𝟬 𝗔𝗡𝗢𝗦 𝗗𝗢𝗦 𝗠Á𝗥𝗧𝗜𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗡𝗘𝗕𝗥𝗔O vindeiro 12 de outubro volvemos á Ponte de Cans, en Nebra (Porto do Son) para lembrar e ...
06/10/2026

𝟭𝟭𝟬 𝗔𝗡𝗢𝗦 𝗗𝗢𝗦 𝗠Á𝗥𝗧𝗜𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗡𝗘𝗕𝗥𝗔
O vindeiro 12 de outubro volvemos á Ponte de Cans, en Nebra (Porto do Son) para lembrar e homenaxear as mulleres e homes que loitaron pola dignidade e polos dereitos do noso pobo.
Este ano, no 110 aniversario dos Mártires de Nebra, reunímonos reivindicar o noso pasado nun acto de lembranza e compromiso co país. ✊
🕛 12:00 h | Ponte de Cans, Nebra
🎙️ Intervirán Mariña Castelao, militante de Galiza Nova; Balbino González, portavoz municipal do BNG; e Rosana Pérez, deputada do BNG no Parlamento Galego.
🎶 Contaremos tamén coa intervención musical de Mini Rivas.
🍽️ E, ao rematar o acto, teremos xantar de convivio, cun prezo de 35 € por persoa.
📲 Para anotarte ao xantar, podes chamar ou escribir por WhatsApp ao 607 274 492 antes do 8 de outubro.

02/10/2026

Despilfarrando os cartos públicos como se non houbera outras necesidades que cubrir.

No día de onte por fin se retomou a obra do pavillón polideportivo do IES de Porto do Son e esta mañá, como non, xa esta...
22/09/2026

No día de onte por fin se retomou a obra do pavillón polideportivo do IES de Porto do Son e esta mañá, como non, xa estaba toda a comitiva institucional (Conselleiro de Educación, Xefe Territorial de Educación, Alcalde...) para sacar peito do avanzada que vai a obra. O profesorado dos ciclos formativos de Actividades físicas e deportivas do centro aproveitou a ocasión para lembrarlles que este é o terceiro curso académico sen as instalacións adecuadas para o desenvolvemento da súa tarefa educativa. Antes e durante a visita tiveron que aturar a presión de chamadas telefónicas da consellería para depoñer a protesta mais non o fixeron, isto só ten un nome: DIGNIDADE!!💪
Por un ensino público e de calidade, NON AOS RECORTES!!
SOLUCIÓN AO NOSO PAVILLÓN, XA!!

Dirección

Rúa Camiño Novo, 26/Baixo
Son
15970

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Bng Porto Do Son publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir