Concello de Soutomaior

Cómo llegar Página web

Concello de Soutomaior Conta oficial do Concello de Soutomaior.

🎩✨ QUE BEN O PASARON OS NOSOS MAIORES CO MAGO TETO! 💚Esta mañá, o local social de maiores encheuse de maxia, risas e ilu...
24/10/2026

🎩✨ QUE BEN O PASARON OS NOSOS MAIORES CO MAGO TETO! 💚

Esta mañá, o local social de maiores encheuse de maxia, risas e ilusión co obradoiro do Mago Teto. 🪄🥰 Unha experiencia para compartir, sorprenderse e g***r xuntos que tampouco se quixo perder a concelleira Charo Bouzón.

🎉 E isto non para! Hoxe pola tarde, volven as actividades á praza de Talo Río.

🎩 17:00 h | GaleRock no Camiño co Mago Teto
Maxia e rock en directo nun espectáculo para g***r en familia.

🎸 19:30 h | Desconcerto
Versións de pop e rock para todos os públicos.

💚 Agardámosvos para seguir enchendo de vida a nova praza, con cultura, música e diversión para toda a veciñanza!

🎭 Lembrade! Hoxe volven as actividades á praza de Talo Río, cunha xornada chea de maxia, música e diversión para todos o...
24/10/2026

🎭 Lembrade! Hoxe volven as actividades á praza de Talo Río, cunha xornada chea de maxia, música e diversión para todos os públicos.

🗓️SÁBADO 24 DE OUTUBRO

✨ 11:30 h | Obradoiro de maxia co Mago Teto
No local social de maiores, para persoas de máis de 55 anos. Ata completar aforo.

🎩 17:00 h | GaleRock no Camiño co Mago Teto
Maxia e rock en directo para g***r en familia.

🎸 19:30 h | Desconcerto
Versións de pop e rock para todos os públicos.

🗓️DOMINGO 25 DE OUTUBRO

🎶 12:30 h | Concerto da Banda Artística de Arcade.

🎃 E a vindeira fin de semana, máis actividades coa celebración do Samaín!

Vémonos en Talo Río!

🎭😂 MOITO DESFRUTAMOS HOXE CON QUICO CADAVAL E CO PUNTO G!O Multiúsos de Arcade encheuse de historias, humor e talento co...
23/10/2026

🎭😂 MOITO DESFRUTAMOS HOXE CON QUICO CADAVAL E CO PUNTO G!

O Multiúsos de Arcade encheuse de historias, humor e talento co monólogo «Os inocentes», de Quico Cadaval. Unha noite para g***r do teatro e dunha historia que nos levou á Galicia da guerra do 36. 👏

💚 Grazas a todas as persoas que nos acompañastes nesta nova cita en Soutomaior!

🗓️ E xa temos próxima cita no Punto G! 🤣 «A ver que pasa», con Evaristo Calvo 🗓️ Venres, 6 de novembro 🕣 20:30 h📍 Multiúsos de Arcade 🎟️ De balde, ata completar aforo.

Seguimos enchendo o Punto G de humor e grandes momentos! 🎭✨

📚✨ QUE BEN O PASAMOS NA BIBLIOTECA! 🎩💚A maxia e as historias fabulosas encheron a Biblioteca Municipal Luís Seoane de so...
23/10/2026

📚✨ QUE BEN O PASAMOS NA BIBLIOTECA! 🎩💚

A maxia e as historias fabulosas encheron a Biblioteca Municipal Luís Seoane de sorrisos, sorpresa e moita diversión! 😍

Grazas a 2 Minds Combined e a todas as familias que nos acompañastes nesta fantástica tarde do programa Dálle a volta á Biblioteca. 📖✨

Seguimos facendo da biblioteca un lugar para imaxinar, descubrir e compartir momentos únicos! 💚

📚 III FORO DE MEMORIA HISTÓRICA DE SOUTOMAIOR | RECUPERAR PARA CONSTRUÍROs días 7 e 8 de novembro, Soutomaior rende home...
23/10/2026

📚 III FORO DE MEMORIA HISTÓRICA DE SOUTOMAIOR | RECUPERAR PARA CONSTRUÍR

Os días 7 e 8 de novembro, Soutomaior rende homenaxe a Alexandre Bóveda cunha programación para lembrar, reflexionar e construír futuro desde a memoria democrática.

🗓️ SÁBADO 7
🚢 Visita guiada á illa de San Simón. Inscricións de balde e en liña dende o 26 de outubro ás 9:30h. ata o 4 de novembro en https://soutomaior.gal/actividades/
🎲 «O cerebro esmagado», un debate innovador sobre o legado de Bóveda e os retos actuais de Galicia.

🗓️ DOMINGO 8
🌹 «A Rúa da Dignidade», acto institucional en lembranza de Bóveda.
💃 «Domitila», espectáculo de danza contemporánea sobre a reclusión e a resistencia.

💜 Todas as actividades son de balde, con inscrición previa para a visita guiada.

Porque recuperar a memoria é comprender o pasado e construír o futuro.

🗓️💚 HOXE, A NOSA AXENDA PARA ESTE VENRES!Temos dous plans estupendos para desfrutar da cultura en Soutomaior. Tomade not...
23/10/2026

🗓️💚 HOXE, A NOSA AXENDA PARA ESTE VENRES!

Temos dous plans estupendos para desfrutar da cultura en Soutomaior. Tomade nota! 👇

✨ 18:00 h | Historias fabulosas coa maxia
🪄 Con 2 Minds Combined
📍 Biblioteca Municipal Luís Seoane (Arcade)
👨‍👩‍👧‍👦 Público familiar (+4 anos)
🎟️ De balde, sen inscrición previa e ata completar aforo.

🎭 20:30 h | Monólogo «Os Inocentes»
🎙️ Con Quico Cadaval, que nos achega unha historia chea de misterio, memoria e segredos agochados desde a guerra do 36.
📍 Multiúsos de Arcade
🎟️ De balde e ata completar aforo. Apertura de portas ás 20:00h.

💚 Dous plans diferentes para vivir a maxia, o teatro e a cultura sen saír de Soutomaior. Agardámosvos!

🕯️📚 A BIBLIOTECA ENCHEUSE DE CREATIVIDADE E AROMAS LITERARIOS! 💚A Biblioteca Municipal Luís Seoane de Arcade acolleu o o...
22/10/2026

🕯️📚 A BIBLIOTECA ENCHEUSE DE CREATIVIDADE E AROMAS LITERARIOS! 💚

A Biblioteca Municipal Luís Seoane de Arcade acolleu o obradoiro de velas literarias da man de Efímera Ritual, unha proposta para crear coas mans, deixar voar a imaxinación e achegarse á literatura dun xeito diferente. ✨

Unha experiencia creativa e especial que forma parte do programa 📚💚 DÁLLE A VOLTA Á BIBLIOTECA, co que seguimos descubrindo novas formas de vivir e desfrutar da nosa biblioteca.

Grazas a todas as persoas participantes por compartir este momento connosco! 🥰

Dirección

Alexandre Boveda, 8
Sotomayor
36691

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Soutomaior publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría