Biblioteca Municipal de Tui

Cómo llegar Página web

Biblioteca Municipal de Tui Páxina oficial de Facebook da Biblioteca Pública Municipal de Tui

Hoxe mércores, ás 19.30 h, inauguramos a exposición bibliográfica “O sentido de Alicia”, unha colección de Fátima García...
14/10/2026

Hoxe mércores, ás 19.30 h, inauguramos a exposición bibliográfica “O sentido de Alicia”, unha colección de Fátima García Doval, que recolle 90 edicións diferentes do libro “Alicia no país das marabillas” de Lewis Carrol.

Esta exposición estará aberta no Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui ata o 10 de xaneiro de 2027.

13/10/2026

🌲“Qué contan as árboles…?” este é o título do contacontos que o grupo Maquinarias Teatro presenta hoxe martes, ás 17.30 h na Biblioteca Municipal de Tui
É un espectáculo de narración oral que combina contos, obxectos e poesía visual para achegarnos á relación entre humanidade e natureza.

A narradora constrúe o relato a partir de fragmentos de obras de autores como Gianni Rodari (Historia Natural e O mundo en lata), Shel Silverstein (A árbore xenerosa) e tamén dun conto propio de Helga Méndez, A muller-árbore, inspirado na vida de Wangari Maathai, Premio Nobel da Paz e impulsora do Movemento Cinto Verde en África.

🗓 Hoxe martes 13 ás 17.30 h 📍Na Biblioteca Municipal
📖 Que contan as árbores? con Maquinarias Teatro

ℹ web municipal

03/10/2026

A Biblioteca Municipal de Tui acolle o próximo martes, 6 de outubro, ás 17.30 h un obradoiro titulado “Debuxar as letras” a cargo da ilustradora Alba Farto, co que comezan as actividades do “Mes da Biblioteca” dirixidas á cativada.

Neste obradoiro, impartido pola debuxante e ilustradora Alba Farto, daranse os primeiros pasos na técnica do lettering empregando diversas ferramentas: tinta, pincel, rotuladores. Aprenderanse as bases para seguir practicando na casa e acabar escribindo con soltura, e por que non?, creando unha obra propia.

✍Os rapaces e rapazas interesados nesta actividade deben inscribirse na propia Biblioteca ou a través do correo electrónico: [email protected]

ℹ Na web municipal

03/10/2026

📚 Dez actividades conforman a programación da Biblioteca Municipal de Tui para o mes de outubro baixo o título de “Outubro: Mes da Biblioteca”. Coa mesma conmemórase o Día das Bibliotecas, que se celebra o 24 de outubro.

O lema deste ano, "Sen profesionais, non hai bibliotecas", ten como obxectivo destacar as persoas que fan que as bibliotecas sexan moito máis que unha simple colección de recursos, estantes e espazos.

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, esta nova proposta de actividades da Biblioteca Municipal é unha excelente oportunidade para achegarse a este centro bibliotecario que traballa cada día para ser un espazo de proximidade coa cidadanía, un ámbito de socialización e intercambio de ideas, que procura facilitar o acceso a información e o coñecemento a todos e todas se exclusión algunha, cun acceso libre, gratuíto e superador das fendas sociais.

ℹ Web municipal

Este venres o biólogo tudense Fernando Martínez Freiría presenta o libro "Estado de conservación de los anfibios y repti...
29/09/2026

Este venres o biólogo tudense Fernando Martínez Freiría presenta o libro "Estado de conservación de los anfibios y reptiles continentales de Galicia", unha obra colaborativa onde se fala da saúde e conservación dos anfibios e reptís que habitan o ecosistema galego, incluindo algunhas especies exóticas invasoras.

📍 Será ás 19 h. no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela

Acabamos de adquirir para a biblioteca Unha nova lupa con luz incorporada para aqueles que precisedes unha axuda coas co...
24/09/2026

Acabamos de adquirir para a biblioteca Unha nova lupa con luz incorporada para aqueles que precisedes unha axuda coas cosas pescudas ou consultas de documentos.

🔎🕵️‍♂️

Acabamos de adquirir para á nosa biblioteca unha nova lupa con luz incorporada para aqueles que precisedes unha axuda co...
24/09/2026

Acabamos de adquirir para á nosa biblioteca unha nova lupa con luz incorporada para aqueles que precisedes unha axuda coas vosas pescudas ou consultas de documentos.

🔦🕵🔍

18/09/2026
En outubro retomaremos a actividade do Club de lectura María Tydeska coordinado polo equipo da biblioteca.Queda algunha ...
11/09/2026

En outubro retomaremos a actividade do Club de lectura María Tydeska coordinado polo equipo da biblioteca.

Queda algunha praza libre do curso pasado e imos abrir as inscricións para as listas de agarda.

👯‍♀️Encontros os segundos mércores de cada mes ás 19:30h

📅 Inscricións abertas a partir do luns 14 de setembro ás 9:00h

📩Envía o teu nome completo, número de teléfono e dirección de correo electrónico a [email protected]

Dirección

Rúa Colón, 2
Túy
36700

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
15:30 - 20:30
Martes 09:00 - 14:00
15:30 - 20:30
Miércoles 09:00 - 14:00
15:30 - 20:30
Jueves 09:00 - 14:00
15:30 - 20:30
Viernes 09:00 - 14:00
15:30 - 20:30
Sábado 09:00 - 13:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Biblioteca Municipal de Tui publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría