Partido Popular de Tui

Cómo llegar

Partido Popular de Tui Partido Popular do Concello de Tui.

Un comercio forte non se constrúe só en Nadal.En TUI 20.000 queremos escoitar tamén a quen sostén a actividade económica...
12/10/2026

Un comercio forte non se constrúe só en Nadal.

En TUI 20.000 queremos escoitar tamén a quen sostén a actividade económica de Tui cada día: comercios, empresas e profesionais que coñecen de primeira man o que funciona, o que falta e o que se pode mellorar.

Defendemos campañas útiles, actividade nas rúas e unha concellería que escoite, acompañe e traballe da man do tecido local durante todo o ano.

Apoiar o comercio local é tamén facer un Tui con máis actividade, máis oportunidades e máis vida.

Máis comercio. Máis Tui.

TUI 20.000 quere construírse tamén desde a experiencia diaria das persoas que viven en cada parroquia, barrio e no centr...
10/10/2026

TUI 20.000 quere construírse tamén desde a experiencia diaria das persoas que viven en cada parroquia, barrio e no centro.

Quen vive cada día nunha parroquia, nun barrio ou no centro coñece problemas e necesidades que ás veces pasan desapercibidos. Por iso queremos facer unha pregunta moi sinxela: que falta na túa zona para vivir mellor? Pode ser un servizo, unha conexión, un espazo, unha mellora ou simplemente algo que leva demasiado tempo sen resolverse. Cóntanolo.

As boas ideas tamén poden empezar cun problema ben explicado.

O parque empresarial de Areas é un dos principais espazos de actividade económica de Tui e o seu coidado tamén importa.A...
09/10/2026

O parque empresarial de Areas é un dos principais espazos de actividade económica de Tui e o seu coidado tamén importa.

A Asociación Empresarial Areas Tui vén de denunciar deficiencias no mantemento, a limpeza, o desbroce, o estado dos viais e das beirarrúas, a sinalización e a xestión dos residuos.
As imaxes amosan parte desta realidade: vexetación que invade as zonas de paso, acumulación de lixo e espazos que precisan atención.

Desde TUI 20.000 incorporamos estas demandas ao noso seguimento. Solicitaremos información sobre as actuacións previstas e iremos dando conta das respostas e dos avances.

O noso compromiso co tecido empresarial vén de atrás. En 2023 presentamos unha moción para incorporar Tui á rede de Concellos Emprendedores da Xunta, con incentivos fiscais, menos trabas administrativas e facilidades para empresas e autónomos. A proposta foi rexeitada cos votos en contra do PSOE e do BNG.

Queremos un Tui que coide os espazos onde se traballa, escoite as empresas e facilite o seu desenvolvemento.

TUI 20.000 é unha axenda aberta de retos e pequenas metas para construír o Tui no que queremos vivir.Partimos dunha idea...
06/10/2026

TUI 20.000 é unha axenda aberta de retos e pequenas metas para construír o Tui no que queremos vivir.

Partimos dunha idea sinxela: definir que queremos conseguir, escoitar as necesidades da veciñanza e estudar cada proposta cos profesionais que correspondan para atopar a mellor maneira de levala a cabo.

Queremos construír este proxecto paso a paso, incorporando novas achegas e explicando con claridade cara a onde queremos avanzar.

Porque o futuro de Tui tamén se constrúe conversando sobre el.

Votamos NON á proposta de zonas verdes de Tui porque non podemos avalar que se volva deixar fóra a inclusión social nun ...
28/09/2026

Votamos NON á proposta de zonas verdes de Tui porque non podemos avalar que se volva deixar fóra a inclusión social nun contrato de máis de 2,6 millóns de euros.

Non estamos en contra de que se coiden os nosos parques e xardíns, senón de como se deseñou este prego: plantexouse como un bloque único e sen ningunha reserva para Centros Especiais de Emprego de iniciativa social nin empresas de inserción, a pesar de que o mantemento de espazos verdes é un sector idóneo para crear emprego digno e accesible.

A lei é moi clara: as administracións públicas teñen a obriga legal de fixar porcentaxes de reserva para estas entidades. Non é unha opción, é un mandato legal e unha responsabilidade ética.

Lamentablemente, en Tui chove sobre mollado. Non é un caso illado, senón unha práctica reiterada de contratos millonarios que omiten calquera compromiso social. Por iso esiximos que se rectifiquen os pregos, se xustifique con rigor a falta de lotes e se garanta o dereito á inserción laboral.

A inclusión non pode quedar fóra das decisións do Concello nin do diñeiro de todas as veciñas e veciños.

Construír o Tui que queremos tamén significa decidir ben as prioridades.Os recursos municipais son de todos. Por iso, ca...
22/09/2026

Construír o Tui que queremos tamén significa decidir ben as prioridades.

Os recursos municipais son de todos. Por iso, cada euro debe traducirse en solucións útiles para a vida diaria: vivenda accesible, apoio ao comercio local, mobilidade eficiente, servizos que funcionen e espazos públicos coidados.

Non abonda con executar gasto nin con acumular actuacións. Antes de cada decisión debemos preguntarnos:
→ é esta a prioridade?
→ responde a unha necesidade real?
→ escoitouse a quen vive ou traballa nesa zona?
→ que problemas seguen sen resolver?

Desde a oposición, o noso labor é fiscalizar, propoñer e facer seguimento para que a xestión municipal poña as persoas no centro e ofreza resultados reais.

TUI 20.000 non é só unha cifra. É un proxecto de cidade para que máis persoas queiran vivir, quedar, traballar, emprender e formar aquí o seu fogar.

Menos gasto inútil. Máis solucións. Máis conversación e menos política de escaparate.

Tui medra cando vivir, rehabilitar, emprender ou investir aquí non se converte nunha carreira de obstáculos.Desde a post...
15/09/2026

Tui medra cando vivir, rehabilitar, emprender ou investir aquí non se converte nunha carreira de obstáculos.

Desde a posta en marcha de TUI 20.000, varias persoas trasladáronnos unha preocupación compartida: a lentitude e as trabas administrativas poden frear a rehabilitación de vivendas, a apertura de negocios e novos proxectos no municipio.

Non nos limitamos a sinalar o problema. O PP de Tui presentou unha moción para que Tui fose Concello Emprendedor, unha medida destinada a favorecer o asentamento de empresas, autónomos e novos proxectos. A proposta foi rexeitada por PSOE e BNG.

Tamén propuxemos reducir o ICIO do 4 % ao 3 % para aliviar a presión fiscal e facilitar a construción e rehabilitación de vivendas. Esta iniciativa tamén foi rexeitada por PSOE e BNG.

Eran medidas que estaban na man do Concello e que podían contribuír a:
→ axilizar licenzas e trámites;
→ facilitar a rehabilitación de vivendas;
→ apoiar a apertura e ampliación de negocios;
→ atraer investimento e crear actividade económica.

ESCOITAR é detectar onde se perden oportunidades.
TRABALLAR é levar solucións concretas ao Concello.
PROPOÑER é defender unha administración que acompañe, asesore e resolva.

📰 Máis información:
https://telemarinas.com/el-pp-de-tui-se-compromete-con-una-revision-general-de-los-impuestos-tras-el-rechazo-a-reducir-el-icio/

💙 Tui con Ceuta.Este mércores, 2 de setembro ás 20:00 h, sumámonos á concentración convocada pola FEMP para amosar a nos...
01/09/2026

💙 Tui con Ceuta.

Este mércores, 2 de setembro ás 20:00 h, sumámonos á concentración convocada pola FEMP para amosar a nosa solidariedade e apoio a Ceuta e á súa veciñanza.

Desde o PP de Tui queremos facer un chamamento a toda a veciñanza para participar e facer visible, tamén desde Tui, o noso apoio.

📍 Fronte ao Concello de Tui
🗓️ Mércores, 2 de setembro
🕗 20:00 h

Porque, mesmo na distancia, Ceuta non está soa. 💙

Hoxe despedimos a Víctor Coyote (Tui, 1958–2026), un artista que sempre fixo as cousas á súa maneira 🧡Fundador de Los Co...
14/08/2026

Hoxe despedimos a Víctor Coyote (Tui, 1958–2026), un artista que sempre fixo as cousas á súa maneira 🧡

Fundador de Los Coyotes, a música foi só unha parte dunha vida dedicada a crear, tamén a través do debuxo, o audiovisual ou a escrita.

Hoxe toca despedilo e agradecer todo o que deixa detrás.

O noso máis sentido pésame á súa familia, amizades e persoas achegadas.

Ata sempre, Víctor.

🎶 A Deputación de Pontevedra trae música a Tui!O vindeiro 15 de agosto, a Mekánika Rolling Band chega á nosa cidade da m...
12/08/2026

🎶 A Deputación de Pontevedra trae música a Tui!

O vindeiro 15 de agosto, a Mekánika Rolling Band chega á nosa cidade da man do programa +Música da Deputación de Pontevedra, unha iniciativa que apoia a programación artística profesional en galego nos concellos da provincia.

🥁 Unha banda de rúa que leva anos percorrendo escenarios e festas por toda a Península e por diferentes países de Europa, levando a música galega alá por onde pasa.

📅 15 de agosto
📍 Tui

Dirección

Túy
36700

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Partido Popular de Tui publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir