24/07/2026
📢 ¡GRAZAS A TODA A VECIÑANZA DE CACHEIRAS! ¡A ANDAINA "INFORM-ANDANDO" FOI UN ÉXITO TOTAL! 📢💚🚶♂️
Queremos expresar o noso máis profundo agradecemento aos veciños, veciñas e colaboradores que onte se sumaron á nosa andaina informativa.
Foi emocionante ver a Travesía de Cacheiras tinguida coas nosas camisetas e chea de xente comprometida co futuro do noso barrio. 💪
“A marea amarela” non para de medrar!👏👏👏
Non estamos esaxerando: o voso apoio é fundamental para que esta loita teña forza. Xuntos estamos demostrando que a saúde, o descanso e a calidade de vida das nosas familias non se negocian.
A Plataforma STOP Planta de Residuos Cacheiras-Aldeas Limpas seguirá traballando con paso firme e dándovos toda a información de maneira transparente coma sempre.
¡Axúdanos a difundir esta mensaxe e que ninguén se esqueza de que Cacheiras está unida! 🚫🧱🌱