09/10/2026
Estamos acostumados a escoitar falsedades continuamente por parte da oposición. Antes este tipo de comentarios baleiros, temos datos.
Claramente o do G.M. do BNG de Teo é unha cuestión conceptual: NO entenden os conceptos e non entenden como funciona o orzamento (ese que agora hai anualmente e non como outrora).
Preguntada a alcaldesa no pasado Pleno de setembro por esta cuestión, explicouno claramente: "miren para facer o proxecto de expropiación do polígono industrial a lei obrígate a consignar o diñeiro aínda que non se execute ata que termine o proxecto e comecen as expropiacións. No orzamento 2025 consignáronse preto de dous millóns de euros para ese propósito (aínda que o proxecto de expropiacións non estaría rematado, xa que é un proceso garantista con prazos taxados e leva o seu tempo).
Doutra banda, están as obras que senón termínanse no exercicio pasan para o seguinte, aínda que figuren como non executadas no exercicio, pero abónanse sempre ao terminar as mesmas, en ningún caso antes".
Os do BNG de Teo deixan 3 cousas claras:
1.- Non saben do que falan e non entenden os conceptos económicos.
2.- Non son profesionais, cuestión que tería que ver co punto anterior.
3.- Este equipo de Gobierno leva máis de 120 obras no viario público, a parte o arranxo do patrimonio e os servizos etc... Iso en tan só 3 anos e medio.
Termos como ineptitude ou incapacidade non definen a este equipo de goberno local.
Por certo, no Pleno sempre se lles invita a pedir os datos nos departamentos correspondentes do concello; está claro que a idea non lles convence senón non afirmarían tales cuestións afastadas da realidade. O nivel de execución do orzamento roza o 80%.
O preocupante foi en xullo do 2023 cando entraron no goberno con 0€ no remanente e 0€ na partida de Educación, iso si era preocupante, aí non preguntaban nada...