Concello de Teo

Cómo llegar Página web

Concello de Teo Esta é a páxina oficial de facebook do Concello de Teo, xestionada dende a institución.

📢 Nova viaxe pola arte medieval de Teo da man da Asociación Cultural Colectivo A Rula.⛪ Nesta terceira edición da Ruta d...
15/09/2026

📢 Nova viaxe pola arte medieval de Teo da man da Asociación Cultural Colectivo A Rula.

⛪ Nesta terceira edición da Ruta do Románico teense, os participantes poderán visitar as igrexas de San Cristovo de Reis, San Miguel de Rarís e Santa María de Lampai, co fin de aprender a interpretar as formas, os símbolos e as historias que conservan estes conxuntos patrimoniais.

🔗 Tendes toda a información dispoñible en teo.gal, no apartado de actividades.

Dende onte, un punto limpo móbil está ubicado no aparcadeiro do parque de Luou ata o 28/09/2026. Iremos colocando e info...
15/09/2026

Dende onte, un punto limpo móbil está ubicado no aparcadeiro do parque de Luou ata o 28/09/2026. Iremos colocando e informando de forma alterna polas 13 parroquias de Teo, co fin de potenciar a recollida selectiva de residuos e facilitarlle así á veciñanza a súa correcta eliminación.

Entre os materiais que podedes depositar nestes puntos limpos figuran:
- Cartuchos de tinta e tóners
- Aerosois domésticos
- Roupa e calzado usados
- Pilas e baterías
- Lámpadas e fluorescentes
- Aceite doméstico usado
- Pinturas e pequenos envases contaminados
- Xoguetes
- Pequenos electrodomésticos

Ademais, segue aberto tamén ao público o Punto Limpo fixo (gratuito para a veciñanza) situado na paraxe coñecida como A Lagoa, entre as parroquias de Luou e Recesende.

O Concello de Teo, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, celebra este venres unha xornada de divul...
14/09/2026

O Concello de Teo, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, celebra este venres unha xornada de divulgación e posta en valor da Transición Española no Auditorio Municipal da Ramallosa.

Baixo o título: "A Transición española 50 anos despois: unha mirada desde Teo", participarán neste encontro a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz; o catedrático de Dereito Constitucional da USC, José Julio Fernández; o cirurxián e divulgador científico, Ignacio Balboa; e o xurista pola USC e experto en dereitos humanos, Anxo Varela.

Entrada libre ata completar a capacidade.

🎭 Volven os Ghazafelhos a Teo con "Contamos contos de lobos?"🐺 Este divertido grupo teatral buscará contos na biblioteca...
14/09/2026

🎭 Volven os Ghazafelhos a Teo con "Contamos contos de lobos?"

🐺 Este divertido grupo teatral buscará contos na biblioteca onde o lobo é o gran protagonista, para interpretalos coa axuda das nenas e dos nenos do público. Unha maneira lúdica de fomentar a creatividade, a expresión corporal e oral dos máis pequenos.

📌 Será este venres na biblioteca dos Tilos. As prazas son limitadas!

📢 Temos nova actividade dentro do programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas Ler Conta Moito: Libros e...
11/09/2026

📢 Temos nova actividade dentro do programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas Ler Conta Moito: Libros e ioga na Escola de Monstros!

🧘🏻‍♀️ A partir destes libros, os participantes mergullaranse nunha viaxe na que irán contando unha historia xogando coa voz, co corpo e coa creatividade. Un contacontos que medra a través de posturas de ioga, de sons, do ritmo da respiración e da imaxinación de todas as persoas participantes.

📌 Será o luns, 14 de setembro, na biblioteca do Grilo, en Cacheiras, para nenos e nenas de entre 4 e 6 anos de idade. As prazas son limitadas!

A alcaldesa supervisou os traballos de aglomerado na estrada municipal que dá acceso ao centro de saúde de Cacheiras, lo...
10/09/2026

A alcaldesa supervisou os traballos de aglomerado na estrada municipal que dá acceso ao centro de saúde de Cacheiras, logo de asfaltar unha superficie de case 1.100 metros cadrados. Desta forma, mellorouse o firme deste vial, tan empregado polos pacientes deste centro e polo resto de veciños da contorna. Tamén se limparon as gabias e se pintou debidamente a sinalización correspondente. A obra foi realizada con fondos propios do Concello.

🩸 A unidade móbil de doazón de sangue volve a Teo, así que non hai escusas para non doar! 📌 O vindeiro 15 de setembro es...
10/09/2026

🩸 A unidade móbil de doazón de sangue volve a Teo, así que non hai escusas para non doar!

📌 O vindeiro 15 de setembro estará en dúas ubicacións: nos Tilos e en Calo.

📅 Anotade a data, que non custa nada botar unha man.

🚢 O Concello organiza unha excursión para as familias teenses á illa de Cortegada, no Parque Nacional Marítimo-Terrestre...
09/09/2026

🚢 O Concello organiza unha excursión para as familias teenses á illa de Cortegada, no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Será o vindeiro 20 de setembro con saída desde a Casa do Concello.

👀 Podedes botarlle un ollo á programación e anotarvos se estades interesados, tendes de prazo ata o vindeiro mércores, 16 de setembro.

😁 Animádevos!

⛰️ O Monte Piquiño: camiños, memoria e paisaxe.🚶🏻‍♀️ Deixámosvos unha andaina interpretativa para descubrir como as comu...
08/09/2026

⛰️ O Monte Piquiño: camiños, memoria e paisaxe.

🚶🏻‍♀️ Deixámosvos unha andaina interpretativa para descubrir como as comunidades foron construíndo e transformando esta paisaxe teense ao longo do tempo: os camiños antigos, os usos tradicionais do monte, a relación entre as aldeas, o territorio e as pegadas dunha ocupación milenaria.

📅 Será este sábado, cunha duración aproximada de tres horas de ruta, da man do especialista en interpretación do patrimonio, Antón Bouzas. As prazas son limitadas!

🍄‍🟫 O Concello abre a programación das súas xornadas micolóxica, cunha experiencia que nos permitirá coñecer todo o proc...
08/09/2026

🍄‍🟫 O Concello abre a programación das súas xornadas micolóxica, cunha experiencia que nos permitirá coñecer todo o proceso do shiitake, desde o cultivo ecolóxico en madeira de carballo ata as súas posibilidades na cociña.

👉 Para iso, contaremos co micólogo, Miguel Tembra, quen nos ensinará os coidados básicos necesarios para desenvolver este cultivo de maneira sinxela e respectuosa co medio.

👉 Tamén estará o chef Manuel Rey, de Onde Keiras, quen elaborará en directo unha proposta culinaria con shiitake para as persoas participantes.

⏳ As prazas son limitadas!

Dirección

Travesía Da Ramallosa, Número 38, A Ramallosa
Teo
15883

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00
Sábado 09:00 - 13:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Concello de Teo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir